Evolución da resistencia palestina: De levantamentos populares á desobediencia global
with Non hai comentarios

A resistencia palestina estrutúrase desde o Mandato Británico (1920-1948) mediante formas adaptativas fronte á represión colonial. O Gran Levantamento Árabe (1936-1939) constituíu o primeiro episodio de mobilización popular a gran escala, articulado a través dunha longa folga xeral, comités locais e redes comunitarias. A participación das mulleres foi fundamental neste período, tanto na organización social como na loxística, a transmisión de información e o sostemento das comunidades en resistencia. Tras a Nakba de 1948 e, posteriormente, coa ocupación militar iniciada … Ler máis

O control de recursos minerais en Palestina: análise dunha ocupación prolongada
with Non hai comentarios

  Desde a ocupación de Cisxordania e Gaza en 1967, Israel exerce un control estrutural sobre os recursos naturais dos territorios palestinos ocupados. Este control, amplamente documentado por organismos internacionais e organizacións de dereitos humanos, afecta á explotación de recursos estratéxicos como as canteiras de pedra e áridos, os fosfatos, os acuíferos subterráneos e o gas natural fronte á costa de Gaza, limitando gravemente o acceso das comunidades palestinas ás súas propias riquezas. En Cisxordania, a maior parte destes recursos … Ler máis

COMUNICADO: UN FUTURO SEN CARBÓN
with Non hai comentarios

Os custos sanitarios das centrais de carbón en Galicia ascenden a 430 millóns de euros anuais Os custos sanitarios estimados para Galicia derivan dos 117 ingresos hospitalarios e dos 52.000 días de traballo perdidos atribuíbles á contaminación do aire polas centrais das Pontes e de Meirama. A recén creada plataforma Galiza, un futuro sin carbón pide ao Goberno español e á Xunta unha transición enerxética xusta e o abandono do carbón antes de 2025. Galiza, 28 de novembro de 2018-. … Ler máis

NACE 13 EDITORA!!
with Non hai comentarios

Este domingo 25 de Novembro o proxecto 13 Editora rematou de colocar os alicerces dun proxecto que xa é realidade grazas a máis de 50 persoas que, a través das súas achegas á campaña de microfinaciamento, facilitaron a consecución do orzamento para o primeiro impulso que porá en marcha 13 Editora. Sendo este un proxecto editorial sen ánimo de lucro, de carácter independente, que xorde ao abeiro de ECOAR))), 13 Editora nace co firme obxectivo de difundir, en lingua galega, … Ler máis

‘13 EDITORA’ CREA UN CROWDFUNDING PARA CONSTITUÍRSE
with Non hai comentarios

  Lánzase a campaña de crowdfunding para poder converter en realidade 13 editora. A campaña desenvolverase a través da ferramenta de microfinanciamento da Pepa Loba co propósito de poder acadar o obxectivo mediante un proceso de construción colectiva e colaborativa. 13 editora pretende ser un proxecto editorial sen ánimo de lucro de carácter independente que dote ás persoas e colectivos de ferramentas que lles permitan achegarse á realidade de xeito autónomo, crítico e proactivo. Con esa vontade 13 editora, que … Ler máis

NINGUÉN O FARÁ POR NÓS!
with 1 comentario

Iniciamos unha nova etapa. Un novo paso co que nos dotamos de mellores ferramentas a través das que poder construír unha estrutura aínda máis sólida e efectiva que aborde con garantes todos aqueles retos que se presenten na construción dun mundo máis xusto. Nesta nova fase ECOAR))) contará con novos mecanismos que conferirán maior capacidade, coherencia e independencia, para facer fronte aos abusos cometidos polos gobernos e as transnacionais, en defensa dos dereitos humanos e o planeta. Estamos fondamente convencidxs … Ler máis

ECOAR))) LANZA O MICROFINANCIAMENTO DAS XORNADAS “COMUNICACIÓN, PODER E CONTRAPODER”
with Non hai comentarios

Este luns 4 de setembro ECOAR))) lanza a través da Asociación Pepa Loba unha campaña de microfinanciamento que ten como obxectivo financiar as xornadas “Comunicación, Poder e Contrapoder” que están proxectadas para ter lugar a segunda quincena de Novembro. As xornadas “Comunicación, Poder e Contrapoder” analizarán a construción dun discurso hexemónico e uniforme así como as relacións de poder que se tecen entre os medios de comunicación, o poder político e as transnacionais. Ao mesmo tempo, estas xornadas tamén irán … Ler máis