O pasado venres día 8 de Decembro tivo lugar o sexto paso deste camiño que vimos de percorrer nas Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder. Nesta ocasión démonos cita no Espace Martin-Luther-King, na cidade de Montpellier, onde, a través da súa experiencia, Philippe Corcuff fixo unha análise dos medios na actualidade e a parte que nos toca para acadar a emancipación.
A través da súa charla “Crítica dos media e emancipación no mundo actual”, Philippe introduciunos na análise clásica dos media que só responsabiliza aos medios de masas e poderes facticos. Partindo desta crítica Philippe defendeu a necesidade de fuxir da autocomplacencia cara a críticas que responsabilicen de forma directa á cidadanía, para evitar a pasividade dx receptor/a da información.
Con esta palestra achegámonos ao final destas Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder, que despois de pasar por Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Montpellier, parten a Montreal onde nunhas horas terá lugar a palestra “Manipulando a rede. Historias de censura e seguridade defensiva” onde nos acompañará Dmitri Vitaliev que analizará a relación entre comunicación e internet. Vémonos!
Máis Información:
https://comunicacioncontrapoder.ecoarglobal.org/
Interésache:
QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
O PRIMEIRO PASO: PROBLEMÁTICAS E OPORTUNIDADES DO ACTIVISMO DIXITAL
SEGUNDO PASO: LIBERDADE DE PRENSA DENDE A TRANSICIÓN ATÉ HOXE
TERCEIRO PASO: REALIDADES FRAGMENTADAS, PERIGOS DA INFORMACIÓN
CUARTO PASO: A PUBLICIDADE COMO FERRAMENTA DO PODER
QUINTO PASO: A SITUACIÓN DE EMERXENCIA NO ACCESO Á INFORMACIÓN
2 Responses
UN CAMIÑO PARA REPENSAR A COMUNICACIÓN - EN ACCIÓN)))
[…] SEXTO PASO: A EMANCIPACIÓN COMO RESPONSABILIDADE INDIVIDUAL […]
UN CAMIÑO PARA REPENSAR A COMUNICACIÓN - Comunicación: Poder e Contrapoder
[…] SEXTO PASO: A EMANCIPACIÓN COMO RESPONSABILIDADE INDIVIDUAL […]