O FUTURO DE GALIZA SERÁ SEN CARBÓN

with 1 comentario

O pasado día 1 de decembro, actuamos na acción global contra o carbón na central térmica das Pontes (#ENDESA), organizada pola plataforma Galiza, Un Futuro Sen Carbón, da que forma parte ECOAR))) xunto a outros colectivos sociais e ecoloxistas.

O 34% das emisións de CO2 en Galicia son producidas polas centrais de Meirama e As Pontes. Así que ás 11:30h partimos da praza Uxío Novoneira co obxectivo de visibilizar o rexeitamento á queima de carbón mediante a escenificación do seu enterro.

A normativa europea, que esixe a reforma das centrais das Pontes e Meirama para poder seguir funcionando máis alá de 2020, fai referencia á importancia das emisións de partículas e gases tóxicos como elementos nocivos para a saúde humana. O problema reside en que non limita as elevadas emisións de dióxido de carbono (CO2) inherentes á queima do carbón e causantes do cambio climático. O carbón podería ser responsable do 60% das emisións de CO2 para 2030, no caso de que o plan para construír novas centrais e alongar a vida das actuais continúe.

A pesar de ser responsable de máis do 65% das emisións de CO2 na xeración eléctrica, a produción de carbón só cubre o 14% da demanda eléctrica. As renovables son unha alternativa que asegura un futuro ao medio ambiente e tamén ás persoas que traballan nas centrais e nas mineiras de carbón, que máis cedo que tarde perderán os seus empregos sen que haxa un plan de peche que lles asegure o sustento.

Por todo isto hoxe enterramos o carbón, sendo testemuña un directivo de Endesa. Tras isto, xs asistentes, ataviadxs con monos de traballo, rexurdimos con muíños de vento para simbolizar un futuro con enerxías renovables.

Poñamos o 2025 como data límite para o peche das centrais térmicas de carbón e fagamos realidade, GALIZA, UN FUTURO SEN CARBÓN!!!

#APAGAOCARBÓN

Máis información:

https://galizasencarbon.blogspot.com/

https://beyond-coal.eu/ (Inglés)

Interésache:

UN DEDO AZUL PARA FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO

SUSPENSIÓN DA TALLA DO BOSQUE DE HAMBACH

‘EUROPE BEYOND COAL’: CONTA ATRÁS PARA O FIN DO CARBÓN

COMUNICADO: UN FUTURO SEN CARBÓN

VÍDEO: GALIZA UN FUTURO SEN CARBÓN

 

One Response

  1. […] O FUTURO DE GALIZA SERÁ SEN CARBÓN […]