PALESTINA: O ACORDO (ISRAELÍ) DO SÉCULO

with 1 comentario

O 7 de maio, a axencia de noticias palestina Ma’an publicaba unha filtración dun novo plan de paz para Palestina e Israel elaborado polo goberno dos EUA1. O devandito plan está feito a medida de Israel e non recoñece as fronteiras que tiña o Estado Palestino en 1967 tras a Guerra dos Seis Días.

Evolución do Estado de Palestina dende a chegada en masa de xudeus trala Segunda Guerra Mundial.

Entre outras propostas, cabe destacar que no texto non se contempla o desmantelamento dos asentamentos xudeus, nin a partición de Xerusalén, nin a existencia de armamento ou exército palestinos. O presidente de Palestina, Mahmud Abás, xa anunciou que a proposta é inaceptábel2.

O conflito Palestino-Israelí ten lugar dende o ano 1947, cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a resolución 181, que recoñecía a existencia de dous Estados (Palestina e Israel) nos territorios palestinos. A poboación árabe da rexión non aceptou a resolución e dende ese momento tiveron lugar con regularidade e até a actualidade conflitos entre palestixs e xudeus/xudías, ademais de dúas guerras entre árabes e israelís3.

Malia que dende ese momento a ONU ten aprobado numerosas resolucións a favor da solución dos dous Estados (admitida por Palestina coas fronteiras anteriores a 1967), Israel ignóraas continuamente co respaldo dos EUA4,5, que sempre apoian as súas accións por razóns ideolóxicas e económicas6,7. Namentres, a UE fica —como na meirande parte dos asuntos globais— sen emprender accións de presión, á marxe de simples condenas simbólicas8,9. Ademais do conflito en si mesmo e da inseguridade que este causa, a poboación palestina empobrece ano a ano como consecuencia da ocupación israelí e das súas políticas económicas10.


Así pois, as sucesivas resolucións da ONU e de numerosos organismos internacionais denunciando a violación sistemática do dereito internacional humanitario e dos dereitos humanos da poboación palestina11,12,13 semellan non ter ningún efecto na continuidade da aplicación das políticas neocoloniais e ultra-conservadoras de Israel, que non conceden tregua algunha ao pobo palestino. Porén, un cambio de rumbo na política estadounidense exercería a presión política necesaria para a causa palestina14. Mentres, en todo o mundo, colectivos e individualidades aportan o seu gran de area en contra dos abusos israelís15,16, mesmo dentro do país17. Por outra banda, a clase política israelí17 non sempre ten fácil aplicar novas medidas contra xs palestinxs18 e este pode ser un factor que facilite unha loita popular19 e unha construción colectiva a prol da lexítima existencia dun pobo que quere vivir libre20.

1 https://www.maannews.com/Content.aspx?id=783388
2 https://www.prensa-latina.cu/index.php?o=rn&id=281765&SEO=palestina-reitera-rechazo-a-acuerdo-del-siglo-de-estados-unidos
3 https://es.wikipedia.org/wiki/Plan_de_las_Naciones_Unidas_para_la_partici%C3%B3n_de_Palestina
4 https://www.hispantv.com/noticias/oriente-medio/428702/israel-naciones-unidas-resolucion-palestina
5 http://www.gicj.org/conferences-meetings/upr-sessions/1320-israel%E2%80%99s-upr-2018
6 https://www.youtube.com/watch?v=4x-pht8u4KY
7 https://www.youtube.com/watch?v=rFeaG1VWe04
8 https://elpais.com/internacional/2019/04/15/actualidad/1555354253_129015.html
9 https://www.palestinalibre.org/articulo.php?a=61889
10 https://www.monitordeoriente.com/20180923-el-protocolo-de-paris-y-el-empobrecimiento-del-pueblo-palestino/
11 https://news.un.org/es/story/2011/07/1222651
12 https://news.un.org/es/story/2019/03/1453031
13 https://www.acpp.com/informe-aida-palestina/
14 https://www.palestinalibre.org/articulo.php?a=72732
15 https://kaosenlared.net/video-eurovision-los-representantes-islandeses-alzan-la-bandera-con-el-lema-palestina-libre/
16 https://boicotisrael.net/
17 https://www.elperiodico.com/es/tele/20190514/eurovision-2019-protestas-palestinas-7455222
18 https://mundo.sputniknews.com/oriente-medio/201906031087485534-abas-israel-acuerdo-siglo-eeuu/
19 https://www.prensa-latina.cu/index.php?o=rn&id=272702&SEO=jordanos-protestan-contra-el-llamado-acuerdo-del-siglo
20 https://palestinalibre.org/articulo.php?a=73101

Máis Información:

https://boicotisrael.net/
Interésache:

TURISMO: UN MAL PARA O PLANETA
REBELÉMONOS CONTRA A EXTINCIÓN

One Response

  1. […] PALESTINA: O ACORDO (ISRAELÍ) DO SÉCULO […]