LOITA SINDICAL EN BRASIL

with Non hai comentarios

O pasado 14 de xuño foi convocada en Brasil a primeira folga xeral contra as reformas da seguridade social por parte do actual goberno1. A folga, que tivo lugar 5 meses e medio despois da chegada á presidencia do Goberno de Jair Bolsonaro2, foi convocada por dúas grandes centrais sindicais de Brasil (Central Única de Trabalhadores (CUT) y la Força Sindical), que a anunciaron o 1 de maio.

A reforma da seguridade social que pretende aprobar o goberno, a cal non conta aínda cos apoios precisos, procura poñer fin ao sistema solidario de seguridade social, afectando á poboación economicamente máis vulnerable3,4. O borrador do texto estipula por primeira vez unha idade mínima de xubilación (62 anos para as mulleres e 65 para os homes) e aumenta o número de anos cotizados para recibir a pensión completa5.

Jair Bolsonaro tomou posesión da presidencia de Brasil o 1 de xaneiro de 2019 co partido dereitista Partido Social Liberal, tras gañar as eleccións de outubro de 2018 cun 55’13% dos votos6. Anteriormente, o 8 de abril de 2018, o seu maior rival político para acadar a presidencia e favorito nas enquisas, o progresista Luiz Inácio Lula da Silva, foi encarcerado baixo polémicas acusacións de corrupción que tras a operación Lava-Jato parece demostrarse que foi vítima dunha complexa trama político-xudicial na que resultan implicadxs membros do actual goberno brasileiro7. As súas posturas foron catalogadas en diversas ocasións como de extrema dereita e antidemocráticas8. En reiteradas ocasións manifestou a súa oposición ás mulleres, colectivos LGTBI e pobos indíxenas9. Así mesmo, é un neoliberal confeso10.

Porén, Bolsonaro empeza a ter un grave problema pois, ademais de ser o presidente peor valorado polo pobo brasileiro dende 199011, o seu goberno empeza a estar completamente rodeado de escándalos de diverso tipo12, entre os que destacada a operación Lava-Jato. A esta situación hai que engadirlle as manifestacións masivas do mes de maio que acaba de vivir o país polos recortes educativos13 e a anteriormente mentada folga xeral do 14 de xuño, que son as dúas datas máis destacadas da continua mobilización que se está a instalar en Brasil e fóra do seu territorio14.

Ao longo do mundo, os populismos de ultradereita van gañando terreo, apoiados acotío polos medos das clases máis empobrecidas, ás opcións democráticas15. As transnacionais impoñen así as súas regras de xogo neoliberais, expropiando pouco a pouco a calidade de vida daquelas clases, así como limitando os seus dereitos e liberdades. Porén, unha folga xeral como a de Brasil16, se ben non é unha medida definitiva para reverter os ataques das elites17, si é un importante paso neste sentido. As loitas das clases populares, organizadas e conscientes —como por exemplo Extinction Rebellion ou as mobilizacións do 8M—, son unha vía fundamental para devolver a devandita calidade de vida a todxs xs habitantes do planeta.

1 https://www.prensa-latina.cu/index.php?o=rn&id=284143&SEO=unos-45-millones-de-trabajadores-abrazaron-huelga-general-en-brasil
2 https://www.publico.es/internacional/huelga-general-brasil-huelga-general-brasil-respuesta-reforma-seguridad-social-bolsonaro.html
3 https://www.camara.leg.br/proposicoesWeb/prop_mostrarintegra?codteor=1712459&filename=PEC+6/2019
4 https://ajd.org.br/nota-publica-de-apoio-a-greve-geral-de-14-de-junho-de-2019/
5 https://mundo.sputniknews.com/america-latina/201906141087619473-brasil-se-prepara-para-la-primera-huelga-general-contra-el-gobierno-de-bolsonaro/
6 https://g1.globo.com/politica/eleicoes/2018/apuracao/presidente.ghtml
7  https://theintercept.com/2019/06/09/editorial-chats-telegram-lava-jato-moro/
8 https://www.nytimes.com/1993/07/25/weekinreview/conversations-jair-bolsonaro-soldier-turned-politician-wants-give-brazil-back.html
9 https://www.metropoles.com/brasil/politica-br/bolsonaro-diz-que-ira-acabar-com-reservas-indigenas-se-for-eleito
10 https://cincodias.elpais.com/cincodias/2018/10/26/mercados/1540567158_063725.html
11 http://datafolha.folha.uol.com.br/opiniaopublica/2019/04/1987680-governo-bolsonaro-e-aprovado-por-32.shtml
12 https://www1.folha.uol.com.br/poder/2019/05/entenda-caso-da-quebra-de-sigilo-de-flavio-bolsonaro-e-ate-onde-pode-ir-investigacao.shtml
13  https://www.bbc.com/portuguese/brasil-48283522
14 https://noticias.uol.com.br/album/2019/03/22/jair-bolsonaro-protesto-chile.htm?mode=list&foto=1
15 https://kaosenlared.net/europa-crisis-de-la-socialdemocracia-de-blair-a-mette-frederiksen/
16 http://midianinja.org/news/brasil-en-paro-primera-huelga-general-en-contra-de-bolsonaro/
17 https://www.publico.es/internacional/bolsonaro-reforma-seguridad-social-bolsonaro-desinfla-huelga-general-brasil-bolsonaro-gana-reforma-seguridad-social-sufre.html
M

Interésache:

PALESTINA: O ACORDO (ISRAELÍ) DO SÉCULO

TURISMO: UN MAL PARA O PLANETA
REBELÉMONOS CONTRA A EXTINCIÓN