TURISMO: UN MAL PARA O PLANETA

with 4 Comentarios

Este 21 de maio, a Organización Mundial do Turismo (OMT) anunciaba que durante o primeiro trimestre do 2019 o turismo mundial creceu un 4% con respecto ao ano 2018, cando se acadaron uns 1.400 millóns de viaxeirxs en todo o mundo1,2. Como na súa propia infografía se indica, os ingresos derivados de produtos químicos, combustibles ou automóbiles son moi importantes, sendo estes sectores grandes causantes de problemas medioambientais.

Malia que 4 de cada 5 turistas viaxan dentro da súa propia rexión, case a totalidade dxs mesmxs usa medios de transporte máis ou menos contaminantes para os seus desprazamentos3,4. Especialmente significativa é a contaminación producida polos avións comerciais5. Por outro lado, os animais tamén sofren as consecuencias do turismo irresponsábel. A venda de recordos de procedencia animal6, a súa utilización en shows ou como entretemento para xs turistas de diversas formas, a invasión masiva do seu hábitat, a construción de infraestruturas en zonas sensibles ou a contaminación do seu entorno con plásticos —con frecuencia en países con deficientes sistemas de xestión de residuos—  ou produtos contaminantes de diversa índole como as cremas solares7, afectan negativamente á flora e fauna de rexións turísticas de todo o mundo. Un exemplo paradigmático de impacto turístico atópase en Tailandia, na illa de Koh Khai. Esta illa ten 40.000 metros cadrados e cada ano é visitada por 1.400.000 persoas, como apunta Thon Thamrongnawasawat, profesor de bioloxía mariña da Universidade de Kasetsart.

A explotación das persoas é outra consecuencia do turismo. Os países enriquecidos son os que máis turistas emiten, e en moitas ocasións o seu destino son países empobrecidos na procura de custos máis reducidos. Segundo afirma o profesor Joan Boades no seu libro “Exportando paraísos: La colonización turística del planeta”, en moitos dos países empobrecidos e no marco das políticas neoliberais imperantes, o turismo ofrécese como unha saída rápida e sinxela para o seu desenvolvemento económico. Mais só aumentan as cifras macroeconómicas (con altas taxas de retorno, de tal xeito que a meirande parte dos beneficios retorna ás empresas dos países enriquecidos), sen repercusións positivas para as xentes que reciben ao turismo. Segundo Boades, para estxs últimxs, o IPC aumenta máis que os ingresos dxs seus/súas habitantes co consecuente descenso da súa capacidade adquisitiva, increméntase o prezo do solo, multiplícanse as desigualdades sociais, pérdese gran parte do acceso á auga e recursos naturais, empeoran drasticamente as condicións laborais, desaparecen sectores produtivos tradicionais e medra o número de mulleres que sofren prostitución en consonancia coas diferenzas económicas existentes entre as residentes e os turistas.

Así mesmo, xs habitantes de certas rexións dos países OCDE tamén ven perigar a súa calidade de vida debido ao aumento do turismo nos últimos anos. Os servizos básicos propios poden verse saturados polo incremento poboacional derivado da turistificación8, e o acceso a unha vivenda estable dificúltase enormemente para as persoas máis desfavorecidas, a raíz da irrupción, nos últimos anos, de compañías transnacionais que ofertan —coa complicidade dxs propietarixs das vivendas e a non intervención nin regulación por parte dos gobernos— prezos moi adquiribles para curtas estancias, pero inasimilábeis para as prolongadas9.

Deste xeito, xorden das clases populares iniciativas que pretenden reverter a súa crítica situación loitando para que as administracións actúen con celeridade10, pois non é infrecuente que estas non o fagan ou fágano demasiado tarde11. Está, pois, en mans das persoas empobrecidas, e sobre todo das máis favorecidas, actuar con responsabilidade ante unha actividade económica que, na súa forma máis liberal, ameaza a existencia de moitos seres vivos do planeta, non sendo o ser humano unha excepción.

1   http://www2.unwto.org/es/press-release/2019-05-21/turismo-internacional-aumentan-las-cifras-y-la-confianza
2 http://cf.cdn.unwto.org/sites/all/files/pdf/unwto_key_figures_barom_may2019_sp.pdf
3 https://www.eldiario.es/economia/turismo-mundial-contamina-veces-calculaba_0_769223175.html
4 https://www.nature.com/articles/s41558-018-0141-x
5 https://www.eea.europa.eu/es/articles/las-emisiones-de-la-aviacion
6 https://www.wwf.es/?47740/Diez-reglas-de-oro-para-evitar-que-los-turistas-sean-cmplices-del-trfico-de-especies
7 https://journals.plos.org/plosone/article?id=10.1371/journal.pone.0065451#s3
8 https://www.revistasavia.com/economia/masificacion/
9 https://www.eldiario.es/zonacritica/turismo-vivienda-Airbnb_6_673392679.html
10 https://www.cerodosbe.com/es/destinos/anti-turismo-red-europa_551774_102.html
11 https://www.eldiario.es/theguardian/Tailandia-indefinidamente-turismo-pelicula-Playa_0_821018220.htmlM


Interésache:

AUGA, PETRÓLEO SEN COR
REBELÉMONOS CONTRA A EXTINCIÓN
GLOBALIZACIÓN: A CIDADE AFOGA O CAMPO

4 Responses

  1. […] TURISMO: UN MAL PARA O PLANETAREBELÉMONOS CONTRA A EXTINCIÓN […]

  2. […] TURISMO: UN MAL PARA O PLANETA […]

  3. […] TURISMO: UN MAL PARA O PLANETAREBELÉMONOS CONTRA A EXTINCIÓN […]

  4. […] TURISMO: UN MAL PARA O PLANETAREBELÉMONOS CONTRA A EXTINCIÓN […]