O ESTADO CONTRA A “DESINFORMACIÓN”

with 1 comentario

O Consello de Seguridade Nacional, na súa reunión do día 6 de outubro de 2020, aprobou o Procedemento de actuación contra a desinformación, publicado o 5 de novembro no BOE-A-2020-136631. Dado que o Procedemento foi cuestionado dende o primeiro momento, a Presidencia do Goberno fixo pública unha nota de prensa aclaratoria2, aínda que carece de carácter vinculante.

Este Procedemento non ten rango de lei, e só é unha actualización doutro xa vixente. Enlaza con dous documentos básicos da Comisión Europea: o Plan de Acción contra a Desinformación3 (decembro de 2018), e o Plan de Acción para a Democracia (que terminou o seu período de consultas en 2020)4,5. O primeiro foi o punto de partida da actuación europea neste campo e centrábase en inxerencias electorais, en liña coa preocupación que suscitou a desinformación rusa nas eleccións estadounidenses de 20166. O segundo é máis amplo, ocupándose tamén de asuntos como o pluralismo dos medios e a liberdade de prensa, así como reflectindo a infodemia resultante do SARS-CoV-2. A Unión Europea solicitou aos estados membros que adopten a súa propia estratexia nacional para lograr unha mellor coordinación neste campo, e cada país decidiu como actuar.

Aínda queBruxelas apoiou este texto tal como se redactou no BOE7, outros países da UE, como Alemaña (que dá pautas, recomendadas pola ONU, á cidadanía para recoñecer as desinformacións8)9 ou Francia (que constituíu organismos de verificación independentes)10, afrontaron o problema de forma máis democrática.

Así, as críticas ao Procedemento español xorden de diversas asociacións de prensa e colectivos por varias razóns:

  • Aínda que a nota aclaratoria de Moncloa fala de “evitar a inxerencia estranxeira”, isto non está reflectido no BOE. Pero tampouco fai mención á creación de noticias falsas dentro do Estado Español11.
  • Sobre a desinformación: será perseguida polas “autoridades públicas competentes”, dependentes do Goberno, mediante procedementos non definidos no texto do BOE.
  • Non se concreta de que xeito se actuará contra as desinformacións e contra xs responsables das mesmas. A desinformación non é ilegal12.
  • Tampouco está claro que a desinformación, máis aló de casos concretos, sexa un problema de seguridade nacional. Nos devanditos casos, xa existen mecanismos de actuación por parte dos Servizos de Intelixencia13.
  • O control da información por parte de organismos gobernamentais pode atentar contra o artigo 20 da Constitución Española14.
  • Non se cuestiona a integridade xornalística dos grandes medios.

O control da información sempre foi unha ferramenta poderosa. E actualmente, co auxe das RRSS (cuxa importancia, por certo, o Procedemento obvia), o é aínda máis. Con todo, existen numerosas iniciativas internacionais, tanto públicas15,16 como privadas17, que buscan proporcionar as ferramentas necesarias á poboación para que poida distinguir por si soa o  verídico do falso18. Con todo, os intentos por facer unha sociedade cada vez menos crítica co poder establecido19,20 deben facernos estar atentxs ante todo retroceso de liberdades21. Hai formas de cuestionar o poder22. Porque ser críticx sempre estará no fondo de todo ser humano! Está na nosa man, máis que nunca, buscar a información máis verídica! Só para un segundo… e pensa23.

1 https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2020-13663
2 https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2020-13663
3 https://ec.europa.eu/commission/sites/beta-political/files/eu-communication-disinformation-euco-05122018_en.pdf
4 https://ec.europa.eu/commission/sites/beta-political/files/eu-communication-disinformation-euco-05122018_en.pdf
5 https://ec.europa.eu/commission/sites/beta-political/files/eu-communication-disinformation-euco-05122018_en.pdf
6 https://ec.europa.eu/commission/sites/beta-political/files/eu-communication-disinformation-euco-05122018_en.pdf
7 https://ec.europa.eu/commission/sites/beta-political/files/eu-communication-disinformation-euco-05122018_en.pdf
8 https://ec.europa.eu/commission/sites/beta-political/files/eu-communication-disinformation-euco-05122018_en.pdf
9 https://ec.europa.eu/commission/sites/beta-political/files/eu-communication-disinformation-euco-05122018_en.pdf
10 https://ec.europa.eu/commission/sites/beta-political/files/eu-communication-disinformation-euco-05122018_en.pdf
11 https://www.rsf-es.org/espana-rsf-advierte-de-que-el-plan-contra-la-desinformacion-del-gobierno-es-una-amenaza-potencial-contra-la-libertad-de-prensa/
12 http://libertadinformacion.cc/desinformando-sobre-la-desinformacion-por-joan-barata/
13 https://www.youtube.com/watch?v=8TrEByYwaec&feature=youtu.be
14 https://www.laconstitucion.es/articulo-20-de-la-constitucion-espanola.html
15 https://www.laconstitucion.es/articulo-20-de-la-constitucion-espanola.html
16 https://www.laconstitucion.es/articulo-20-de-la-constitucion-espanola.html
17 https://www.laconstitucion.es/articulo-20-de-la-constitucion-espanola.html
18 https://www.laconstitucion.es/articulo-20-de-la-constitucion-espanola.html
19 https://www.laconstitucion.es/articulo-20-de-la-constitucion-espanola.html
20 https://www.laconstitucion.es/articulo-20-de-la-constitucion-espanola.html
21 https://www.laconstitucion.es/articulo-20-de-la-constitucion-espanola.html
22 https://www.laconstitucion.es/articulo-20-de-la-constitucion-espanola.html
23 https://www.laconstitucion.es/articulo-20-de-la-constitucion-espanola.html

Máis Información:

https://www.laconstitucion.es/

https://ec.europa.eu/

Interésache:

GUATEMALA: OS ORZAMENTOS DA POBREZA

PERÚ: GOLPE DE ESTADO… E REVOLUCIÓN

ETIOPÍA: OS NACIONALISMOS ÉTNICOS COMO FERRAMENTA POLÍTICA

G20: UNHA DERROTA PARA RIAD

One Response

  1. […] GUATEMALA: OS ORZAMENTOS DA POBREZA […]