A emerxencia sanitaria non fixo senón acelerar unha crise económica que xa se estaba xestando, debido a unha fenda de desigualdade moi afondada dende a crise do 2008 que a pandemia afondou aínda máis1. A solución proposta pola Unión Europea é o paquete de fondos máis ambicioso da súa historia, de 750.000 millóns de euros2. Con todo, aínda que a pandemia afecta sobre todo aos colectivos máis vulnerables, todo apunta a que os esforzos volven estar dirixidos a reflotar ou apontoar ás elites económicas.
En xuño de 2013, Angela Merkel declarou que non se emitirían Eurobonos “mentres viva”3. Emitir débeda europea para apoiar aos estados membros foi sempre un tabú en Europa, principalmente para Alemaña, polo interese de manter forte a banca centroeuropea e protexer o valor das exportacións. Con todo, en maio de 2020, Merkel e Macron anuncian un plan de axudas de 500.000 millóns para a reconstrución de Europa4. A razón deste cambio é sinxela: unha contracción económica5 sen precedentes na historia recente, comparable para os efectos dunha guerra. O paquete de fondos, ao que se lle deu o nome de NextGenerationEU6, xorde coa necesidade, por tanto, de evitar o colapso da Unión Europea.
Estes fondos convertéronse no instrumento estrela tanto en ámbitos gobernamentais como empresariais. A Unión Europea require, para optar a eles, a elaboración dun plan de austeridade e resiliencia. Isto é o que fixo o estado español co seu plan chamado “España Pode: Plan de recuperación, transformación e resiliencia”, que logo se ratificou nunha lei7. Tamén numerosas comunidades autónomas optan a eles, ademais de empresas transnacionais, todas elas con poucas probabilidades de buscar cambios beneficiosos para a poboación: Endesa, Petronor, Iberdrola, Inditex ou o sector da aviación con Iberia ou Vueling son algunhas das que presentaron proxectos. Como exemplo do interese empresarial, unha sesión formativa da IESE Business School publicita os fondos entre as empresas españolas8.
Como explica a organización ODG nunha carta aos/ás deputadxs9, os fondos están a asignarse de maneira moi pouco transparente e apoiando principalmente a grandes empresas, moitas delas con impactos nocivos a nivel social ou para o medio ambiente. Úsanse as entidades financeiras como intermediarias, que tomarán as decisións de quen recibe as axudas, sen criterios sociais ou ecolóxicos e sen ter en conta unha economía xusta. Todo iso acabará (dada a inmensa contía das axudas) desembocando nun elevadísimo endebedamento que teremos que custear a cidadanía e que agrandará aínda máis a fenda entre as clases populares e as grandes fortunas.
Como siempre, en las crisis existe el peligro de que sean utilizadas para ahondar en las políticas neoliberales y austericidas. Debemos ser las personas las que nos levantemos y nos neguemos a pagar por unos fondos que beneficiarán principalmente al capital privado e inciden una vez más en prácticas perjudiciales para el medio ambiente.
1 https://www.eldiario.es/opinion/zona-critica/pandemia-desigualdad_129_6263461.html 2 https://www.publico.es/internacional/ue-aprueba-plan-anticrisis-historico-750000-millones.html 3 https://www.libremercado.com/2012-06-26/merkel-dice-que-no-habra-eurobonos-mientras-viva-1276462350/ 4 https://elpais.com/internacional/2020-05-18/merkel-y-macron-presentaran-una-iniciativa-conjunta-para-la-reconstruccion-de-la-ue.html 5 https://www.markiteconomics.com/Public/Home/PressRelease/72100ed3e7804322aa9ede82aeb8a312 6 https://ec.europa.eu/info/strategy/recovery-plan-europe_es 7 https://www.boe.es/boe/dias/2020/12/31/pdfs/BOE-A-2020-17340.pdf 8 https://alumni.iese.edu/evento/perfil/-/fucontent/el-plan-next-generation-eu-y-las-oportunidades-para-la-empresa-espanola 9 https://odg.cat/es/blog/carta-diputados-ayudas-covid/
Máis Información:
Interésache:
O NEGOCIO DA MANIPULACIÓN NAS REDES
VAGA DE FRÍO, MEDIDOR DE POBREZA
2 Responses
QUE É “NORMALIDADE DEMOCRÁTICA”? - EN ACCIÓN)))
[…] FONDOS COVID: APONTOANDO AO CAPITAL PRIVADO […]
XUÍZO AOS CRIMES DE GUERRA EN PALESTINA - EN ACCIÓN)))
[…] FONDOS COVID: APONTOANDO AO CAPITAL PRIVADO […]