ENDE GELÄNDE: ATERRANDO EN RENANIA

with 5 Comentarios

En escasos días estaremos aterrando en Renania (Alemaña) á beira do Rin, para pórlle freo aos combustibles fósiles. Un ano máis diremos “Ende Gelände, deteñamos o carbón, protexamos o clima!”.

Alemaña ten o récord na extracción de lignito en Europa, 7 das 10 centrais máis contaminantes de Europa son plantas de lignito alemás. Porén mentres que Alemaña se presenta internacionalmente como o país exemplar do cambio de modelo enerxético, a conxuntura política local demora o fin da extracción de lignito. Sen embargo, sabemos claramente que o carbón debe quedar baixo terra para evitar as peores consecuencias do quecemento global.

Ende Gelände 2016

O obxectivo de limitar o aumento da temperatura global a 1,5 graos centígrados, para frear os efectos máis perigosos do cambio climático confronta directamente co modelo capitalista actual e a súa lóxica de crecemento perpetuo e infinito que necesita do consumo de materias primas finitas. Precisamos un modelo enerxético alternativo que non estea en mans de grandes transnacionais, democrático e descentralizado. Un modelo sustentable que asegure a protección do medio ambiente e respecte os dereitos fundamentais das persoas.

No 2017 en Renania nos diversificamos. A gran acción que terá lugar do 24 ao 29 de agosto mostrará a resistencia contra o carbón dende diferentes perspectivas: iniciativas locais, campamentos climáticos, organizacións ambientais, colectivos sociais e activistas de toda Europa, todxs xuntxs traballando para que os combustibles fósiles queden no chan. Diremos ben alto: Ende Gelände paremos o carbón! A crear xustiza climática!

 

Máis información:

https://www.ende-gelaende.org/es/(só castelán)

5 Responses

  1. […] ENDE GELÄNDE: ATERRANDO EN RENANIA […]

  2. […] ENDE GELÄNDE: ATERRANDO EN RENANIA […]

  3. […] ENDE GELÄNDE: ATERRANDO EN RENANIA […]

  4. […] ENDE GELÄNDE: ATERRANDO EN RENANIA […]

  5. […] ENDE GELÄNDE: ATERRANDO EN RENANIA […]