ENDE GELÄNDE 2017: POÑER FIN AO CARBÓN ÁS BEIRAS DO RIN

with 6 Comentarios
Ende Gelände 2015

Do 25 ao 29 de agosto estaremos en Renania para desenvolver distintas accións contra os combustibles fósiles que terán lugar na zona mineira do Rin, onde nos reuniremos diversos colectivos e persoas procedentes de diferentes partes de Europa.

Os combustibles fósiles supuxeron en 2016 o 70% do consumo total de enerxía no mundo. O carbón segue sendo o maior responsable das emisións de CO2 no mundo (un 44% das emisións totais seguen procedendo deste combustible). E Alemaña, a pesar de que internacionalmente se presenta como un país que aposta por un cambio no modelo enerxético,  ocupa o 7º posto na produción mundial de carbón e o 4º en consumo.

Ende Gelände 2016

Ademais, Alemaña acollerá no  outono de 2017 a Conferencia de Nacións Unidas para o Cambio Climático (COP 23). A cidade xermana de Bonn, baixo a presidencia de Fidxi, será o escenario onde se desenvolvan as negociacións internacionais que buscarán facer realidade os compromisos acadados no Tratado de París. Un deses acordos consiste en limitar as emisións de CO2 por parte dos gobernos co fin de evitar que as temperaturas alcancen un incremento de 2 graos centígrados, posto que o escenario que se presenta a partir de aí sería irreversible e tería consecuencias imprevisibles de extrema virulencia. Isto choca directamente co actual modelo no que os gobernos seguen financiando enerxías contaminantes como a nuclear (que, por exemplo, representa o 75% da enerxía que produce Francia) ou financiado prácticas mineiras nocivas para as persoas e o medio ambiente, como o fracking (que, no caso de Reino Unido supón a concesión de licenzas a máis de 20 empresas).

Ende Gelände 2016

Para limitar o aumento da temperatura global e evitar catástrofes como a desaparición de territorios como as Fidxi, é necesario cambiar o modelo enerxético actual. As enerxías verdes ou as dinámicas de consumo sustentable, algunhas das liñas que deben abrirse paso a través do respecto ao medio ambiente e aos dereitos fundamentais das persoas.

Por estas razóns, este vindeiro agosto de 2017 darémonos cita nas minas a ceo aberto de Renania miles de activistas de máis de 80 organizacións de toda Europa que, a través de distintas accións, nos pronunciaremos contra a produción de combustibles fósiles, poñendo o foco nunha acción colectiva de desobediencia civil que bloqueará a segunda mina máis contaminante de Europa dende onde diremos ben alto: Basta de Carbón! Protexamos o Clima!

6 Responses

  1. […] ENDE GELÄNDE 2017: POÑER FIN AO CARBÓN ÁS BEIRAS DO RIN […]

  2. […] ENDE GELÄNDE 2017: POÑER FIN AO CARBÓN ÁS BEIRAS DO RIN […]

  3. […] ENDE GELÄNDE 2017: POÑER FIN AO CARBÓN ÁS BEIRAS DO RIN […]

  4. […] ENDE GELÄNDE 2017: POÑER FIN AO CARBÓN ÁS BEIRAS DO RIN […]

  5. […] último, estes días está a ter lugar un ano máis Ende Gelände, que xa coñeceredes pola nosa participación en edicións pasadas. Faremos seguimento. Permanecede […]

  6. […] último, estos días está teniendo lugar un año más Ende Gelände, que ya conoceréis por nuestra participación en ediciones pasadas. Haremos seguimiento. […]