Tras descansar da xornada anterior e repoñer forzas, onte, despois de comer, decidimos que non nos podíamos ir sen coñecer a situación do Bosque de Hambach e a loita que un grupo de activistas que buscan frear a deforestación deste bosque milenario por parte da empresa RWE.
Este bosque ten máis de 12.000 anos e é o fogar de máis de 140 especies, das cales até 5 son especies protexidas. Por estas razóns, e co obxectivo de frear a deforestación levada a cabo pola empresa RWE, no ano 2012 un grupo de activistas e veciñxs da zona, despois do primeiro Klimacamp, decidiron comezar a facer algo permanente para evitar que esta situación continuase e ocuparon de forma permanente o bosque. Dende esta pequena base adicáronse a bloquear as rutas de acceso e a encadearse ás árbores para evitar a súa tala.
Nesta xornada que compartimos coxs activistas do Bosque de Hambach achegáronnos a súa experiencia e contáronnos que na época de tala, que se produce de outubro a febreiro, os niveis de represión por parte da policía e dxs traballadorxs da mina aumenta até o punto de chegar a mollar axs activistas que están encadeadxs en pleno inverno. A pesar dos intentos de negociar coa empresa RWE unha liña vermella que xs traballadores non poderían cruzar, a invasión e tala do bosque seguiu adiante e a empresa mesmo se adicou a chantaxear mediante o contrato a quen lles vendía as terras para que non fosen de ningún xeito contra a citada empresa. Tamén nos contaron que non poden ser desaloxadxs do bosque porque, aínda que pertence a RWE, a lexislación alemá obriga a que os bosques sexan transitables sen importar a propiedade.
Ademais da ocupación, hai un colectivo ecoloxista que se adica a facer campañas de sensibilización pola conservación do bosque e outro grupo ligado ao colectivo “Camp for Future” adicase a ir pola vía xudicial nun proceso que leva bloqueado 2 anos, mentres o bosque redúcese entre un 6 e un 10% cada ano. Tras despedirnos dxs activistas do Bosque de Hambach puxemos rumbo ao campamento xa que hoxe toca saír cedo de volta para casa, dispostxs xa para o próximo Keep it in the Ground! ENDE GELÄNDE!
Máis información:
https://www.ende-gelaende.org/es/(en castelán)
http://www.klimacamp-im-rheinland.de/en/(en inglés)
http://www.disobedience.live/en(en inglés)
https://www.climateactionmap.com(en inglés)
http://hambachforest.blogsport.de/(en castelán)
Interésache:
ENDE GELÄNDE: ATERRANDO EN RENANIA
ENDE GELÄNDE 2017: POÑER FIN AO CARBÓN ÁS BEIRAS DO RIN
KLIMACAMP E O ANUNCIADO FINAL DE IMMERATH
ENDE GELÄNDE: PREPARÁNDONOS PARA FREAR A MINA
PÓRLLE FREO Á CENTRAL DE NEURATH
UN DEDO AZUL PARA FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO
One Response
O BOSQUE DE HAMBACH, EXEMPLO DE RESISTENCIA CLIMÁTICA - EN ACCIÓN)))
[…] O BOSQUE DE HAMBACH CONTRA RWE […]