ENDE GELÄNDE 2018: CUARTO ANO RESISTINDO POLA XUSTIZA CLIMÁTICA

with Non hai comentarios
Por Ende Gelände

Entre os días 25 e 29 de Outubro tivo lugar en Renania (Alemaña), unha acción contra as minas de lignito, un dos responsables principais de emisións contaminantes de CO2. Convocada pola plataforma Ende Gelände, a acción reuniu a miles de activistas por cuarto ano consecutivo para bloquear a actividade mineira en Renania e defender o Bosque de Hambach.

Este bosque de máis de 12.000 anos de antigüidade e cunha alta biodiversidade está ameazado pola actividade mineira da compañía RWE que utiliza o carbón para alimentar as centrais eléctricas carboníferas. Nos últimos meses xs activistas do Bosque de Hambach viron como se recruaba a loita pola defensa do bosque. Finalmente unha sentencia xudicial paralizou cautelarmente a talla do bosque.

Por Ende Gelände

Esta sentenza, que reforzou os ánimos da loita climática, axudou a que Ende Gelände reunise nesta ocasión a máis de 6.500 persoas en Renania, co firme obxectivo de pórlle freo á actividade mineira de RWE. Para isto dividíronse en varios grupos. Un deles bloqueou as vías do tren nas que se transporta o lignito da mina de Hambach até as centrais eléctricas de RWE; outro grupo dividiuse en dous e por unha banda bloquearon a entrada da mina e por outra, ocuparon unha das grandes escavadoras que serven para destruír o entorno da mina.

Por Ende Gelände

Nestas actuacións, que foron pacíficas por parte dxs activistas, interveu a seguridade de RWE golpeando violentamente axs ambientalistas. Xs que se atopaban na escavadora foron desaloxadxs pola policía, utilizando auga a presión e poñendo en perigo a integridade das persoas. A pesar destes esforzos por parte da policía de impedir as accións, e mesmo nos días previos tentando bloquear o transporte dxs activistas até Hambach, Ende Gelände tivo lugar unha vez máis e foi un éxito, conseguindo paralizar a actividade mineira do territorio de Renania.

O Bosque de Hambach vai seguir sendo defendido. Reconstruíronse as casas nas árbores e colocáronse novas barricadas. A loita contra os combustibles fósiles segue. O carbón vai quedar baixo terra. Pola xustiza climática e o cambio de sistema!

 

Máis información:

https://www.ende-gelaende.org/ (Castelán)

https://bosque.hambachforest.org/ (En Castelán)

Interésache:

UN DEDO AZUL PARA FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO

SUSPENSIÓN DA TALLA DO BOSQUE DE HAMBACH

CONSTRUÍNDO OS ALICERCES PARA LIBERARNOS DO CARBÓN

‘EUROPE BEYOND COAL’: CONTA ATRÁS PARA O FIN DO CARBÓN