COP24: É A HORA DA SOCIEDADE CIVIL

with 2 Comentarios

O pasado 15 de Decembro fechou a XXIV Conferencia dos países membros da Convención-marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP24) que volveu desbotar unha nova oportunidade para poder facer fronte de xeito efectivo ao incremento progresivo da temperatura global.

A COP24 caracterizouse pola escasa ambición dos estados para poder desenvolver as medidas necesarias que permitan acadar a redución de emisións comprometidas no Acordo de París. Especialmente hai que destacar a forte presión do lobby do carbón, así como dos enormes esforzos de Estados Unidos, Brasil, Rusia, Arabia Saudita e Qatar para poñer todo tipo de trabas ao posible acordo. Se ben tamén habería que incluír a falta de forza da Unión Europea á hora de facer presión na dirección contraria destes países.

A COP24 de Polonia tivo como marco o demoledor informe presentando polo IPCC (Grupo Intergubernamental de Expertxs sobre el Cambio Climático) no mes de outubro. No devandito informe advertiuse seriamente que, na situación actual, o mundo experimentará graves problemas antes do esperado. O límite dos 2ºC é a fronteira marcada globalmente en vermello como punto de non retorno que en ningún caso se debe traspasar polas catastróficas e irreversibles consecuencias climáticas que se desenvolverían. Porén as  emisións seguen nun constante incremento e implicarán non só chegar ata eses 2ºC, senón que incluso, se segue a liña actual serán superiores aos 3ºC.

O plenario, que nas últimas xornadas xa non contaba coas principais figuras políticas e que tivo que adiarse algo máis dun día, conseguiu soamente chegar a un acordo de mínimos que, incluso segundo a mesma presidencia, non satisfai a ninguén. A falla de ambición ou a ausencia total de pautas de carácter vinculante non fan outra cousa que desperdiciar outro ano máis dos escasos 12 que restan para poder reverter a situación.

Se ben, a COP24 de Polonia, quedará marcada pola súa confrontación cos dereitos humanos. Por unha banda o goberno polaco aprobou ao comezo do ano 2018 unha serie de medidas de aplicación especial durante a COP24 que suspendían o dereito de reunión pois prohibían calquera tipo de xuntanza ou mobilización espontánea. Por outra banda durante o desenvolvemento da conferencia varios países buscaron excluír do Acordo de París aquelas referencias que se atopan no texto e que asumen a importancia de respectar os dereitos humanos cando se desenvolvan as políticas de adaptación e mitigación do cambio climático.

Paralelamente a esta situación, e a pesar da clara vulneración do dereitos de reunión e manifestación por parte do goberno polaco, diversas organizacións da sociedade civil, chegadxs de todo o planeta, protagonizaban ao mediodía do venres 14 de decembro unha manifestación da sociedade civil que ocupou as escaleiras da COP24 demandando xustiza climática.

Máis información:

COP24

INFORME IPCC

Interésache:

ENDE GELÄNDE 2018: CUARTO ANO RESISTINDO POLA XUSTIZA CLIMÁTICA

O FUTURO DE GALIZA SERÁ SEN CARBÓN

 

2 Responses

  1. […] COP24: É A HORA DA SOCIEDADE CIVIL […]

  2. […] COP24: É A HORA DA SOCIEDADE CIVIL […]