TTIP: O PARLAMENTO REXÉITAO, O CONSELLO IMPONO

with 3 Comentarios

O día 14 de marzo o Parlamento Europeo desbotou —con escasa marxe— reiniciar  as negociacións de libre comercio entre a UE e EEUU, que poderían desembocar nun novo Tratado Transatlántico para o Comercio e o Investimento (Transatlantic Trade and Investment Partnership, polas súas siglas en inglés). Como consecuencia da aprobación da emenda 27, que pedía “non apoiar as directrices para a negociación na súa forma actual”, a maioría do Parlamento rexeitou finalmente aprobar unha resolución que autorizase o inicio das conversacións co goberno estadounidense1.

Porén, a resolución non tiña carácter vinculante. Así, o 22 de marzo, o Consello Europeo (integrado polxs vinte e oito xefxs de Estado ou de Goberno dos Estados membros, o Presidente da Comisión Europea e o presidente do Consello Europeo), anunciou que daba o visto bo a que a Comisión Europea iniciase as negociacións con EEUU2

Estas novas negociacións poden rematar, deste xeito, nun novo tratado comercial semellante ao TTIP, que procura baixar os aranceis, liberalizar novos mercados e harmonizar as lexislacións europea e estadounidense, entre outras medidas. Entre as principais consecuencias negativas do TTIP, resaltan a probable perda de dereitos laborais (en EEUU os dereitos laborais e sindicais practicamente non existen), a diminución da agricultura sustentable —a prol das grandes corporacións agropecuarias—, a diminución dos servizos públicos, ou a non aplicación de leis medioambientais fundamentais3.

De feito, os EEUU xa anunciaron a súa retirada do acordo de París contra o cambio climático4 e un pacto comercial con este país suporía, por parte da UE, o incumprimento das súas propias resolucións5.


Até o de agora, os tratados de libre comercio —e especialmente con EEUU— presentaron resultados desastrosos para o medio ambiente e para os pobos daqueles países que os asinan6. Un exemplo podería ser o TLCAN (NAFTA), que fixo subir a extrema pobreza en México dun 16% a un 28% só nos primeiros 5 anos tras a súa implementación. Se ben, a cada vez maior conciencia medioambiental das persoas en Europa e Estados Unidos, conforma unha sociedade máis activa día a día que ten a forza para presionar ás estruturas de poder europeas para que traballen en prol dos intereses da maioría e non das elites económicas7.

1  https://www.eldiario.es/economia/Parlamento-Europeo-UE-negociaciones-Trump_0_877713001.html
https://es.scribd.com/document/402769683/22-Euco-Final-Conclusions-En#from_embed
3 https://www.noalttip.org/que-es-el-ttip/
https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-40124921
https://www.consilium.europa.eu/es/policies/climate-change/timeline/#
6 https://www.telesurtv.net/bloggers/El-grave-problema-de-los-tratados-de-libre-comercio-20161120-0001.html
7 https://blogs.publico.es/vicenc-navarro/2015/06/15/las-consecuencias-negativas-de-los-anteriores-tratados-de-libre-comercio

Máis Información:

Bilaterals

Non ao TTIP

Interésache:

G20 2018: UN CUMIO PARA ESQUECER

3 Responses

  1. […] TTIP: O PARLAMENTO REXÉITAO, O CONSELLO IMPONO […]

  2. […] TTIP: O PARLAMENTO REXÉITAO, O CONSELLO IMPONO […]

  3. […] TTIP: O PARLAMENTO REXÉITAO, O CONSELLO IMPONO […]