COMBUSTIBLES FÓSILES: UNHA FONTE DE ENERXÍA NON RENDIBLE

with Non hai comentarios

O 5 de abril, o goberno noruegués aprobou a decisión do Fondo de Pensións de Noruega de retirar uns 11.000 millóns de euros dos seus investimentos en empresas de petróleo e gas. Así mesmo, o Fondo está autorizado a investir ata o 2% do seu valor en enerxías renovables. Ademais, establécense restricións para o investimento en empresas do carbón1.

O Fondo de Pensións do Goberno Global de Noruega (Statens Pensjonsfond Utland), chamado comunmente Fondo Petroleiro (Oljefondet), ten como obxectivo garantir unha xestión responsable e a longo prazo dos ingresos de petróleo e gas dese país, que posúe en abundancia. Procúrase que este fondo beneficie ás xeracións actuais e futuras en caso de caída importante dos prezos do petróleo2. Estímase que é o maior fondo soberano do mundo3

Porén, os criterios para este desinvestimento son estritamente económicos. “O obxectivo é facer que os nosos activos totais sexan menos vulnerables a unha caída duradeira dos prezos do petróleo”, afirmou o Ministro de Finanzas Siv Jensen4. Ademais, as organizacións ecoloxistas norueguesas afirman que debería aumentarse máis o investimento en enerxías renovables5.

O consumo desmedido de combustibles fósiles derivado da globalización capitalista e do comercio transnacional está en gran parte, tralo aumento da temperatura do planeta. Unha diminución drástica na súa extracción e utilización é imprescindible para frear o quecemento global6

Así pois, as actuacións do Fondo Petroleiro de Noruega poden, polo seu éxito económico, ser seguidas por outros grandes inversores. O feito de que un organismo tan importante dun país produtor de hidrocarburos cuestione a viabilidade dos mesmos é un paso importante para o planeta. “O que fai falla é establecer condicións de mercado onde os prezos inclúan os custos sociais das emisións contaminantes de maneira que os investimentos en enerxía eficiente e limpa e en opcións que non deixen pegada de carbono sexan rendibles”, afirmou o presidente do Grupo Intergubernamental de Expertxs sobre Cambio Climático7. Porén, estas medidas non cuestionan o sistema depredador actual que crea tantas desigualdades e un consumo excesivo de todo tipo de bens, asoballando vidas e o propio medio ambiente. Se ben parece abrollar unha cidadanía cada vez máis activa e decidida, que incrementa a presión social sobre a estrutura de poder  para garantir, por fin, o futuro do planeta.

1  https://www.regjeringen.no/no/dokumenter/meld.-st.-20-20182019/id2639311/sec
2 https://www.nbim.no/en/the-fund/about-the-fund/
3 https://www.economist.com/finance-and-economics/2017/09/23/norways-sovereign-wealth-fund-passes-the-1trn-mark
4 https://www.regjeringen.no/no/aktuelt/tar-oppstromsselskaper-ut-av-statens-pensjonsfond-utland/id2631707/
5 https://www.regjeringen.no/no/aktuelt/tar-oppstromsselskaper-ut-av-statens-pensjonsfond-utland/id2631707/
6 https://news.un.org/es/story/2018/10/1443222
7 https://news.un.org/es/story/2019/07/145932

Máis Información:

https://www.nbim.no

Interésache:

TURISMO: UN MAL PARA O PLANETA
REBELÉMONOS CONTRA A EXTINCIÓN