O PROCESO DE PAZ COLOMBIANO ESTÁ COMPROMETIDO

with 1 comentario

O acordo de paz entre o Goberno Colombiano e as FARC-EP (Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Exército do Pobo), asinado o 24/11/2016, está, en parte, crebado. O ex-xefe das FARC-EP negociador do proceso de paz, Iván Márquez, anunciou o retorno ás armas dunha parte da guerrilla1. A pesar disto Timochenko e o groso dxs ex-guerrilleirxs das FARC-EP se manteñen fieis ao acordo de paz.  

O proceso de paz, culminado coa sinatura do Acordo Final para a Terminación do Conflito e a Construción dunha Paz Estable e Duradeira2, procura a fin do conflito armado que acontecía en Colombia, dende principios dos anos 1960, entre as FARC-EP (e diversas guerrillas de esquerdas), grupos paramilitares de extrema dereita e o Estado Colombiano, entre outros3. A implicación da CIA -a través de apoio militar ao exército e aos grupos paramilitares- no conflito é unha probable4 causa do aumento no número de asasinatos políticos de 14 a 20 diarios dende o ano 20005.

As FARC-EP defínense como un movemento revolucionario de carácter político-militar que xurdiu como resposta ás agresións e á expropiación de terras por parte da clase burguesa e latifundista, cuxas vítimas eran, en moitos casos, indíxenas e afrodescendentes empobrecidxs6. Pola súa parte, o goberno colombiano e o estadounidense, entre outros, definen ás FARC como grupo terrorista7. Dende o ano 2017, a UE eliminou esta designación para o movemento8.

Estas son algunhas das cifras do devandito conflito armado segundo o Centro Nacional de Memoria Histórica de Colombia9:

  • Entre 1970 e 2010, 27.023 secuestros (2.541 por parte dos grupos paramilitares e 24.482 por parte das guerrillas).
  • Entre 1981 e 2012, 23.161 asasinatos selectivos (a maioría levados a cabo por grupos paramilitares).
  • Entre 1985 e 2012, 11.751 vítimas de masacres (a maioría levadas a cabo por grupos paramilitares).
  • Entre 1985 e 2012, 25.007 desaparicións forzadas (realizadas polo Estado e/ou grupos paramilitares).
  • Dependendo da fonte, estímanse (anos 1985-2012 ou 1996-2012) entre 4.744.046 e 5.712.506 desprazadxs.
  • Entre os anos 1958 e 2012, a morte de 218.094 persoas. O 81% foron civís.

Tras a sinatura dos acordos de paz, as violacións de dereitos humanos continuaron en amplas zonas do país. As principais vítimas son as mulleres, os pobos indíxenas e xs líderes opositorxs e sindicais. Dende 2016 foron asasinadxs 702 líderes sociais e persoas defensoras de dereitos humanos e 135 exguerrilleirxs das FARC–EP en proceso de reincorporación10. O goberno, namentres, garda silencio e amósase incapaz de frear estes abusos, segundo se denuncia en varios informes de Amnistía Internacional11. A resposta popular pode ser inminente. 

1  https://www.youtube.com/watch?v=bomPG8jMl
2  http://www.altocomisionadoparalapaz.gov.co/procesos-y-conversaciones/Documentos%20compartidos/24-11-2016NuevoAcuerdoFinal.pdf
3  http://www.centrodememoriahistorica.gov.co/descargas/informes2013/bastaYa/resumen-ejecutivo-basta-ya.pdf
4  https://elpais.com/internacional/2013/12/22/actualidad/1387712415_161628.html
5  Matt Kennard, La Extorsión. Un Reportero Canalla contra la Élite Estadounidense, p. 87.
6  https://www.farc-ep.co/nosotros.html
7 https://www.state.gov/foreign-terrorist-organizations/
8  https://www.bbc.com/mundo/noticias-america-latina-41991473
9  http://www.centrodememoriahistorica.gov.co/descargas/informes2013/bastaYa/resumen-ejecutivo-basta-ya.pdf
10  https://somosdefensores.org/wp-content/uploads/2019/04/informe-somos-defensores-2019-espanol-web.pdf
11  https://www.es.amnesty.org/buscador/?tx_solr%5Bq%5D=colombia&tx_solr%5Bfilter%5D%5B0%5D=tipo_stringS%3ANoticia&tx_solr%5Bfilter%5D%5B1%5D=paisesHierarchy%3A%2F50%2F39%2F49%2F

Máis Información:

http://www.altocomisionadoparalapaz.gov.co/

Interésache:

LOITA SINDICAL EN BRASIL

PALESTINA: O ACORDO (ISRAELÍ) DO SÉCULO

One Response

  1. […] O PROCESO DE PAZ COLOMBIANO ESTÁ COMPROMETIDO […]