A UNIÓN EUROPEA EN GUERRA (COMERCIAL)

with Non hai comentarios

O 18 de outubro entraron en vigor novos aranceis estadounidenses a determinados produtos da UE1-en especial de Francia, Reino Unido, Alemaña e España-, como consecuencia dunha demanda que os EEUU fixeron perante a Organización Mundial do Comerciono ano 2004.

Os subsidios ilegais da UE ao fabricante de avións Airbus son, oficialmente, a razón desta demanda. Estes aranceis gravarán cun 10% aos avións europeos e cun 25% a outra serie de produtos non relacionados coa aeronáutica. Porén, as negociacións entre a UE e EEUU sobre outros bens continúan. Por un lado, os Estados Unidos están autorizados a aplicar ata un 100% de aranceis nos avións e produtos relacionados2. Por outro, a Comisaria de Comercio da UE afirma que se aplicarán aranceis á estadounidense Boeing por recibir tamén axudas do Goberno Federal3.

As políticas económicas proteccionistas chocan, en apariencia, coa lóxica neoliberal e ameazan o comercio e o crecemento económico mundial4. Kristalina Georgieva, directora do FMI, ameaza con graves consecuencias para a economía do planeta se hai unha escalada das medidas proteccionistas entre as principais economías do mundo5.

De se consumar esta guerra comercial, a UE resultará especialmente danada, pois ten unha das economías máis abertas e exportadoras do mundo6. Por outro lado, a economía europea apenas se tiña recuperado tras a última gran crise do 2007, cos rescates a bancos e con duras políticas de austeridade7: arcas públicas baixo mínimos, uns niveis de endebedamento moi altos, taxas de paro altas, contratos precarios e salarios baixos, así como baixada de produtividade e envellecemento poboacional, entre outros moitos problemas. Así, os gobernos e os Bancos Centrais da UE apenas teñen recursos para facer fronte a unha nova crise inminente8. Sen esquecer o Brexit, que vai remover o taboleiro económico europeo de se concretar.

Porén, as medidas proteccionistas poden semellar unha solución para a deslocalización da fabricación industrial dos últimos anos nos países occidentais. Mais nunha economía globalizada e transnacional como a actual calquera limitación ao comercio ten graves consecuencias para a cidadanía9. Na actualidade a sociedade confórmase fundamentalmente por persoas traballadoras e empobrecidas que se ven atrapadas no “xogo da globalización” consistente en privatizar os beneficios e socializar as perdas.

Así, a loita dxs empobrecidxs debe ser global, na procura dun modelo económico que non impoña fronteiras entre as persoas namentres as elimina para as empresas e as grandes fortunas. A redistribución da riqueza, a soberanía popular por parte da cidadanía así como a anteposición do medio ambiente, das persoas e dos pobos sobre os beneficios e e a estrutura de poder deben ser eixos fundamentais das sociedades futuras. Hai decenas de fórmulas e teorías económicas que apostan por un mundo máis xusto. Levémolas á práctica.

1https://www.efe.com/efe/espana/efeempresas/entran-en-vigor-los-aranceles-de-eeuu-a-europa-que-anuncia-respondera-con-otros-por-valor-7-500-millones/50000908-4089878

2https://ustr.gov/about-us/policy-offices/press-office/press-releases/2019/october/us-wins-75-billion-award-airbus

3https://europa.eu/rapid/press-release_STATEMENT-19-6132_en.htm

4https://www.wto.org/spanish/news_s/pres19_s/pr840_s.htm

5https://www.youtube.com/watch?list=PLeEzCJHXClX3yLs95Ye0Xq6u9Srtmq3M5&v=KXovYf4rN-c

6http://www.economiacritica.net/?p=12259#more-12259

7https://revistas.ucm.es › index.php › PADE › article › download

8http://www.economiacritica.net/?p=12212#comment-6345

9https://ctxt.es/es/20181031/Politica/22551/Jamie-Merchant-THE-BAFFLER-Estado-de-bienestar-economia-socialdemocracia-nacionalismo.htm

Máis Información:

Bilaterals

Interésache:

ESCOCIA: O DEREITO DE AUTODETERMINACIÓN

O PROCESO DE PAZ COLOMBIANO ESTÁ COMPROMETIDO

LOITA SINDICAL EN BRASIL