COMEZA A ESPECULACIÓN GLOBAL DA AUGA

with 1 comentario

O pasado martes 8 de decembro empezou a cotizar a auga na Bolsa de Nova York. Os contratos a futuros ligados ao prezo spot (prezo en man) da auga empezaron a ser froito de especulación no mercado de Wall Street1. Deste xeito, pasará a cotizar de forma similar ao ouro e ao petróleo.

Polo momento, neste índice bolsista, NQH20, só cotiza a auga de cinco zonas de California2. Aínda que xa hai outros antecedentes de especulación dos dereitos sobre a auga3, o feito de que agora cotice en Wall Street pode ter perigosas implicacións globais4. No período 2010-2011, o millo encareceuse máis dun 88%5 e en 2012 o director xeral da FAO xa advertía sobre especular cos prezos dos alimentos6.

En 2010, a ONU recoñeceu explicitamente o dereito humano á auga e ao saneamento7. Aínda que algúns/has expertxs suxiren que dar un valor económico á auga sería positivo para que non sexa malgastada8 (aínda que en ningún caso avogan pola súa cotización en bolsa), outros estudos recomendan outro tipo de fórmulas9.

A auga é un ben imprescindible para a vida, que escasea en cada vez máis lugares, pola sobreexplotación, a superpoboación ou o seu uso irracional10. O sistema capitalista é o maior culpable desta situación e pretende facer crer á poboación que a maneira de loitar contra a carencia de auga é mediante as mesmas receitas que causan o problema: a especulación dos bens máis prezados do noso planeta, en prexuízo de muchxs e beneficio de poucxs. As clases empobrecidas deben tomar consciencia deste problema mortal e enfrontarse aos poderes especulativos alá onde queiran privalas do seu dereito a este ben imprescindible.

1 https://markets.businessinsider.com/news/stocks/water-futures-to-trade-on-wall-street-first-time-ever-2020-12-1029870836?op=1
2 https://www.cmegroup.com/trading/equity-index/us-index/nasdaq-veles-california-water-futures.html
3 https://www.ciperchile.cl/2009/07/09/se-muere-el-rio-copiapo-i-consumo-humano-agricola-y-minero-estan-en-riesgo/
4 https://cadenaser.com/programa/2020/12/11/punto_de_fuga/1607723378_570924.html
5 https://blogs.elconfidencial.com/economia/informacion-privilegiada/2011-05-17/peligrosa-especulacion-en-las-materias-primas_613391/
6 http://www.fao.org/news/story/es/item/151054/icode/
7 https://www.un.org/spanish/waterforlifedecade/human_right_to_water.shtml
8 https://www.fundacionaquae.org/acciones-evitar-desertificacion/
9 https://www.mcgill.ca/newsroom/channels/news/reducing-water-scarcity-possible-2050-238526
10 https://www.wri.org/blog/2019/08/17-countries-home-one-quarter-world-population-face-extremely-high-water-stress

Máis Información:

Vertigo Político

NASDAQ

Interésache:

CONGO: HIDRÓXENO “VERDE”, SAQUEO NEOCOLONIAL

DEREITOS DIXITAIS EN ESPAÑA

GUATEMALA: OS ORZAMENTOS DA POBREZA

PERÚ: GOLPE DE ESTADO… E REVOLUCIÓN

One Response

  1. […] COMEZA A ESPECULACIÓN GLOBAL DA AUGA […]