VAGA DE FRÍO, MEDIDOR DE POBREZA

with 2 Comentarios

A borrasca Filomena trouxo de xeito inesperado as temperaturas máis baixas que coñeceu a Península Ibérica, con mínimas de menos 30°C nalgúns lugares1 e cidades enteiras sepultas pola neve2. Con iso, tamén evidenciou a situación de pobreza enerxética do 15% da poboación española, uns 6,8 millóns de persoas e 2,6 millóns de fogares, segundo datos da Fundación Funcas e a Cátedra de Enerxía e Pobreza3, mentres o prezo da electricidade se dispara. Nunha situación como esta, moitas familias deben elixir entre quentarse ou comer.

O prezo máximo da electricidade, o segundo máis alto da historia, acadouse o pasado venres 8 con 94,99 euros/MWh4, o cal colocou a España como un dos países europeos coa enerxía máis cara. As causas disto son diversas, como o aumento da demanda pola vaga de frío ou a escasa produción de renovables por falta de sol e vento, pero economistas como Jorge Fabra Utray, do blogue Economistas Fronte á Crise, teñen outra opinión: “O prezo da luz non se disparou pola vaga de frío. Disparouse pola regulación do mercado da electricidade establecida mediante a Lei 54/1997 do Sector Eléctrico5, en referencia á lei de liberalización eléctrica aprobada polo presidente Aznar.

A reacción dxs políticxs foi diversa. Alberto Garzón, ministro de consumo, solicitou unha investigación ao CNMC sobre posibles irregularidades no mercado6, mentres a vicepresidenta económica Nadia Calviño restaba importancia a “subidas puntuais do prezo da luz” a pesar das reformas do sector eléctrico7, e a vicepresidenta de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, falaba de “alarmismo” e dun aumento de “só uns poucos euros”8. As portas xiratorias9 entre a política e as empresas enerxéticas propiciaron un “sistema de fixación de prezos feito a medida dos intereses dun oligopolio eléctrico”10.

Investir a tendencia actual é o noso deber para dar solución a este grave problema, combater a hipocrisía institucional, que foi parte activa nunha liberalización do sector que só beneficia ás grandes empresas enerxéticas, loitar pola nacionalización da enerxía e pola democratización dos recursos enerxéticos. Proxectos como o de Barcelona Energía11 abren o camiño a outras alternativas e mostran a posibilidade de construír un modelo máis xusto e democrático.

1 https://twitter.com/pnaltpirineu/status/1346737568830922752
2 https://www.bbc.com/news/world-europe-55612955
3 https://www.comillas.edu/es/noticias-cep/20491-se-publica-un-numero-especial-de-papeles-de-energia-preparado-en-colaboracion-con-la-catedra-de-energia-y-pobreza
4 https://elperiodicodelaenergia.com/8-de-enero-de-2021-el-precio-de-la-electricidad-mas-caro-de-la-historia-el-pool-se-fija-en-los-9499-e-mwh-y-alcanza-un-maximo-de-11489-e-mwh/
5 https://economistasfrentealacrisis.com/los-precios-de-la-electricidad-se-disparan/
6 https://twitter.com/agarzon/status/1347528231893807107
7 https://www.europapress.es/economia/energia-00341/noticia-calvino-avisa-reforma-sector-electrico-no-impide-subidas-puntuales-luz-actual-20210111095615.html
8 https://elpais.com/economia/2021-01-09/el-gobierno-pide-que-no-se-haga-alarmismo-con-el-precio-de-la-luz-porque-el-recibo-solo-subira-unos-cuantos-euros.html
9 https://www.yoibextigo.lamarea.com/wp-content/uploads/2018/09/YOIBEXTIGOPUERTASGIRATORIAS.pdf
10 https://twitter.com/PODEMOS/status/1348284461998362627
11 https://energia.barcelona/es/barcelona-energia-la-electrica-publica-metropolitana

Máis Información:

https://economistasfrentealacrisis.com/

https://www.yoibextigo.lamarea.com/

Interésache:

ATAQUE AO CAPITOLIO: GOLPE OU “PERFORMANCE”?

VACINAR A COVID-19: UN LUXO DE PAÍSES RICOS?

ECUADOR, NOVAMENTE BAIXO O XUGO DO FMI

NON-VIOLENCIA ACTIVA: UN PULSO AO NEOLIBERALISMO

2 Responses

  1. […] VAGA DE FRÍO, MEDIDOR DE POBREZA […]

  2. […] VAGA DE FRÍO, MEDIDOR DE POBREZA […]