ECUADOR, NOVAMENTE BAIXO O XUGO DO FMI

with 2 Comentarios

O 28 de agosto de 2020, o presidente ecuatoriano Lenin Moreno anunciou na súa conta de twitter “un acordo técnico co FMI para acceder a 6500 millóns de dólares para protección social e reactivación. Tras aprobar unha lei anticorrupción requirida polo organismo, xa chegaron a un acordo para o desembolso dos primeiros 2000 millóns, que o presidente se apresurou a celebrar nas redes. Trátase dun novo préstamo do FMI que se suma ao asinado en marzo de 2019 por 200 millóns de dólares, e que empobrecerá aínda máis a economía de Ecuador.

Lonxe queda a época na que Ecuador formou en 2008 unha Comisión de Auditoría Cidadá (CAIC) en tempos do presidente Rafael Correa para elaborar un informe no que se recollían argumentos para declarar a débeda do país como ilexítima e  odiosa. Este informe foi usado como soporte para suspender os pagos da débeda. Grazas a esta suspensión, xs acredorxs estranxeirxs víronse obrigadxs a reducir o prezo da débeda ecuatoriana ao 20%, o que o país aproveitou para recomprar a súa propia débeda en segredo, supoñéndolle unha quita do 80%. Isto supuxo un aumento do gasto social entre 2009 e 2011 no país  latinoaméricano.

Con Lenin Moreno na presidencia e en pleno contexto da Pandemia, o país parece marchar novamente cara á mesma situación de endebedamento da que tivo que fuxir no pasado. O novo acordo inclúe esixencias tales como:

  • “[…] reducir o gasto relacionado coa crise o próximo ano e implementar un paquete de reforma fiscal que inclúe unha moderación do gasto corrente e de capital”.
  • “[…] unha reforma tributaria intelixente e integral, e unha mellor gobernanza do gasto público […] as reformas inclúen o fortalecemento das bases institucionais do Banco Central e a mellora da supervisión do sector financeiro”.

É dicir, o acordo suporá novamente as habituais medidas neoliberais: máis recortes (e por tanto menos investimento en saúde e educación), despedimentos no sector público, reformas tributarias regresivas (como aumentos do IVE e reducións a impostos de sociedades) ademais dunha autonomía do Banco Central fronte ao Estado, ao mesmo tempo que se aumenta a dependencia cos grupos financeiros de poder.

Pese á linguaxe edulcorada utilizada no comunicado de prensa, o Instituto de Investigacións Económicas (IIE) da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade Central do Ecuador advirte que a carta de intención complicará aínda máis a situación económica e social do país, nun contexto de gran necesidade, como mostran as proxeccións da CEPAL, para 2020: o índice de desigualdade aumentará este ano en 6 puntos porcentuais cun coeficiente de Gini próximo a 0,53 e o índice de pobreza pasará do 25,7% ao 32,7% entre 2019 e 2020. O novo acordo podería levar a Ecuador á maior crise da súa historia.

Debemos agardar que o pobo ecuatoriano reaccione como noutras épocas e faga fronte á extorsión e o xugo do FMI e dxs seus/súas gobernantes. Non esquezamos que é capaz diso, como demostra a mobilización masiva en setembro de 2019 que obrigou ao Presidente Lenin Moreno a cancelar o aumento dos prezos dos combustibles que decidira aplicar en consulta co FMI. Se Ecuador suspendese o pago en 2021, outros países poderían seguir o seu exemplo.

1 https://www.imf.org/es/News/Articles/2020/08/28/pr20290-ecuador-imf-and-ecuadorian-authorities-reach-staff-level-agreement-on-new-eff
2 https://twitter.com/Lenin/status/1341209808112934912
3 http://www.cadtm.org/IMG/pdf/Informe_Deuda_Externa.pdf
4 http://www.cadtm.org/La-deuda-ilegitima-de-Ecuador
5 http://news.bbc.co.uk/2/hi/7780984.stm
6 https://www.youtube.com/watch?v=4tbkGu8boyo&t=40m28s
7 https://www.imf.org/es/News/Articles/2020/08/28/pr20290-ecuador-imf-and-ecuadorian-authorities-reach-staff-level-agreement-on-new-eff
8 https://dolarizacion.ec/2020/09/01/instituto-de-investigaciones-economicas-uce-un-nuevo-acuerdo-con-el-fmi-solo-ahogara-mas-la-compleja-situacion-de-ecuador/
9 https://repositorio.cepal.org/bitstream/handle/11362/45602/1/S2000313_es.pdf
10 https://www.newtral.es/revueltas-ecuador-subida-precio-gasolina-empuja-gobierno/20191008/

Máis Información:

http://www.cadtm.org/

https://www.imf.org/es/

Interésache:

NON-VIOLENCIA ACTIVA: UN PULSO AO NEOLIBERALISMO

MÉXICO XULGA AOS SEUS EXPRESIDENTES

ERDOĞAN E O DELIRIO NEO-OTOMANISTA

INDIA: ESTALA A REVOLTA CAMPESIÑA

2 Responses

  1. […] ECUADOR, NOVAMENTE BAIXO O XUGO DO FMI […]

  2. […] ECUADOR, NOVAMENTE BAIXO O XUGO DO FMI […]