O XENOCIDIO CULTURAL INDÍXENA EN CANADÁ

with 1 comentario

O aterrador descubrimento en maio de 2021 de 215 nenxs enterradxs nos terreos da Kamloops Indian Residential School1, unha escola residencial cuxo fin era a aculturación de nenxs indíxenas, puxo de manifesto os abusos cometidos nestas institucións. Eran nenxs enterradxs en tumbas sen marcar e sen coñecemento das súas familias. O 25 de Xuño apareceron outras 751 tumbas infantís na Marieval Indian Residential School2 e outras moitas máis en institucións similares até chegar ás 41003 que se coñecen na actualidade, o que desatou unha onda de indignación polo papel do goberno de Canadá no que supón un atroz xenocidio cultural.

Segundo informe da Comisión pola Verdade e a Reconciliación de Canadá4, desde 1863 até 1998 máis de 150.000 menores indíxenas foron separadxs das súas familias e levadxs a internados estatais, administrados polo goberno canadense e operados principalmente pola Igrexa católica. O obxectivo era a asimilación cultural da poboación indíxena, prohibindo os seus idiomas nativos e forzándolles a cambiar de relixión. Xs estudantes a miúdo vivían en edificios mal construídos, con pouca calefacción e insalubres. Estímase no informe que uns/unhas 6000 nenxs morreron durante o seu internamento.

En moitos casos aos/ás indíxenas tratábaselles coma se non fosen humanxs. Como exemplo disto, o historiador da alimentación Ian Mosby descubriu que entre 1942 e 1952 xs científicxs en nutrición máis prominentes de Canadá levaron a cabo investigacións nutricionais5 con 1.300 indíxenas, incluídxs 1.000 nenxs, en comunidades do norte de Manitoba e en seis escolas residenciais en Canadá. Experimentos tales como reducir o leite durante dous anos para evitar o crecemento ou non dar vitaminas ou minerais necesarios para sobrevivir, nunha poboación indíxena que xa antes disto sufría de desnutrición.

O descubrimento das tumbas anónimas de menores indíxenas levaron recentemente a unha onda de indignación en Canadá que se traduciu en numerosas mobilizacións e disturbios: o 1 de Abril, data da conmemoración do día de Canadá, durante unha manifestación, a estatua da raíña Vitoria de Inglaterra foi embarduñada de vermello e derrubada do seu pedestal fronte ao parlamento de Winnipeg6. O mesmo día, en Monriville produciuse o incendio dunha igrexa católica, cando a semana anterior xa se produciron outros catro incendios en templos católicos de comunidades indíxenas do oeste de Canadá, e sete en total en datas relativamente recentes.

Aínda que o primeiro ministro canadense Justin Trudeau recoñeceu publicamente e pediu perdón polo xenocidio7, iso non evita que as consecuencias das políticas coloniais síganse sentindo non soamente entre a poboación indíxena canadense, senón en todos os lugares do mundo onde existiu o colonialismo. En Latinoamérica, entre a poboación non branca de Estados Unidos e en numerosas outras partes do mundo séntese unha onda de indignación e de procura de reparación do que supón unha inxustiza histórica dxs vencedorxs contra xs vencidxs. Só mediante a mobilización e a solidariedade internacional estas loitas chegarán a bo porto, para poder evitar así a súa repetición no futuro.

1 https://elpais.com/internacional/2021-05-29/conmocion-en-canada-tras-el-hallazgo-de-los-restos-de-215-ninos-en-un-antiguo-internado-para-menores-indigenas.html
2 https://www.ctvnews.ca/canada/cowessess-first-nation-says-751-unmarked-graves-found-near-former-sask-residential-school-1.5483858
3 https://www.nbcnews.com/news/world/canada-pressured-find-all-unmarked-indigenous-graves-after-children-s-n1269456
4 https://ehprnh2mwo3.exactdn.com/wp-content/uploads/2021/01/Executive_Summary_English_Web.pdf
5 https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-57694677
6 https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-57702227
7 https://www.globaltimes.cn/page/202106/1227102.shtml

Interésache:

One Response

  1. […] O XENOCIDIO CULTURAL INDÍXENA EN CANADÁ Manual para Campañas Non-Violentas ASINA : POR UNHA SAÍDA XUSTA DESTA CRISE Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]