O pasado 15 de Maio cumpríronse 10 anos desde que a cidadanía descontenta coas políticas de austeridade saíu ás rúas para dicir basta1. Daquel movemento non queda grande cousa pero marcou un antes e un despois na vida política e social do estado español. Este movemento desenvolveuse nun contexto xeral de contestación coa Primavera Árabe en África e Oriente Próximo ou o movemento Occupy en Ámerica do Norte.
Aquel ciclo comezou coa desesperación do pobo tunisiano, sumido nun réxime corrupto e autoritario que afogaba ata ao vendedor ambulante máis humilde. A pinga que colmou o vaso foi o suicidio ao bonzo do mercador tunisiano chamado Mohamed Buazizi2, que inmolouse na pequena cidade de Sidi Buzid. O pobo de Tunes botouse á rúa ata que conseguiu derrocar ao réxime do ditador Ben Ali, que duraba xa 23 anos para desgraza do país africano.
Despois, outros países do norte de África e Oriente Próximo sumáronse á revolta: Iemen, Exipto, Bahréin ou Siria entre os máis destacados. Por desgraza, aínda que conseguiuse rematar con algúns réximes como o de Ben Ali en Tunes ou Mubarak en Exipto, a maioría de movementos foron aproveitados por intereses económicos ou políticos estranxeiros para impoñer ditaduras militares ou alzar grupos terroristas, creando o caos e destruíndo a ilusión dunha transición democrática. A isto acabou chamándoselle Inverno Árabe.
Tunes, Exipto ou Iraq son países nos que hoxe viven aínda os ecos daquela Primavera Árabe, a cidadanía volve á botarse ás rúas buscando mellorar as condicións de vida e defender os dereitos humanos3. Todas estas manifestacións volven a ter reclamos en común: democracia, fin da corrupción, xustiza social… Ademais, o Sueste Asiático pasa por un proceso similar que inclúe a territorios como Myanmar, Tailandia ou Hong Kong, que unha vez máis comparten causas e refórzanse entre si.
Agora que se abre un novo ciclo político, económico, social e mesmo cultural e a medida que se termina a pandemia, todo apunta a un descontento xeneralizado en todo o planeta polas medidas de axuste que os estados levan a cabo para facer pagar aos de abaixo a crise capitalista. Un exemplo claro é o actual movemento de resposta ao axuste fiscal en ColombiaAgora que se abre un novo ciclo político, económico, social e mesmo cultural e a medida que se termina a pandemia, todo apunta a un descontento xeneralizado en todo o planeta polas medidas de axuste que os estados levan a cabo para facer pagar aos de abaixo a crise capitalista. Un exemplo claro é o actual movemento de resposta ao axuste fiscal en Colombia. A vitoria do pobo colombiano convida o optimismoe indica que se abre unha década de nova resistenciaAgora que se abre un novo ciclo político, económico, social e mesmo cultural e a medida que se termina a pandemia, todo apunta a un descontento xeneralizado en todo o planeta polas medidas de axuste que os estados levan a cabo para facer pagar aos de abaixo a crise capitalista. Un exemplo claro é o actual movemento de resposta ao axuste fiscal en Colombia. A vitoria do pobo colombiano convida o optimismoe indica que se abre unha década de nova resistencia4. A vitoria do pobo colombiano convida o optimismo e indica que se abre unha década de nova resistencia.
1 https://www.publico.es/actualidad/cronologia-acampada-indignada-puerta-del.html 2 https://www.lavanguardia.com/internacional/20201220/6136061/primavera-latente.html 3 https://nuso.org/articulo/una-nueva-primavera-arabe/ 4 https://elpais.com/elpais/2021/05/02/album/1619918184_626851.html#foto_gal_1
Interésache:
2 Responses
COLOMBIA: UNHA CUSTOSA VITORIA - EN ACCIÓN)))
[…] A 10 ANOS DA PRIMAVERA ÁRABE Manual para Campañas Non-Violentas ASINA : POR UNHA SAÍDA XUSTA DESTA CRISE Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]
O PRESIDENTE SAIED DE TUNISIA ACUSADO DE DAR UN “GOLPE SUAVE” - EN ACCIÓN)))
[…] A 10 ANOS DA PRIMAVERA ÁRABE Manual para Campañas Non-Violentas ASINA: POLA APERTURA DE FRONTEIRAS EN AFGANISTÁN Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]