ASSANGE: UNHA DETENCIÓN CONTRA O DEREITO Á INFORMACIÓN DE TODXS
with Non hai comentarios

O pasado 11 de Abril de 2019, Julian Assange foi arrestado pola policía británica na embaixada de Ecuador en Londres1, onde era acollido tras a concesión da nacionalidade ecuatoriana (agora denegada) por parte do anterior goberno daquel país. Está acusado de violar a liberdade provisional que lle fora concedida no ano 20122. Ademais, existe unha petición de extradición emitida polas autoridades estadounidenses (país onde incluso podería chegar a ser executado3)4. A ONU confirma que a detención de Assange foi ilegal5. … Ler máis

GLOBALIZACIÓN: A CIDADE AFOGA O CAMPO
with 2 Comentarios

En todo o planeta, mais en especial nos países empobrecidos, a calidade de vida das persoas do rural empeora cada día. O modelo neoliberal impide que xs agricultorxs poidan desenvolver unha economía básica posto que esnaquiza o campo e fai inviábel a subsistencia de minifundios cultivados de forma tradicional e artesanal. Este modelo, que só entende o agro como un recurso que explotar, é unha das causas principais do cambio climático, dificultando a agricultura sustentábel, provocando a despoboación e o … Ler máis

TTIP: O PARLAMENTO REXÉITAO, O CONSELLO IMPONO
with 3 Comentarios

O día 14 de marzo o Parlamento Europeo desbotou —con escasa marxe— reiniciar  as negociacións de libre comercio entre a UE e EEUU, que poderían desembocar nun novo Tratado Transatlántico para o Comercio e o Investimento (Transatlantic Trade and Investment Partnership, polas súas siglas en inglés). Como consecuencia da aprobación da emenda 27, que pedía “non apoiar as directrices para a negociación na súa forma actual”, a maioría do Parlamento rexeitou finalmente aprobar unha resolución que autorizase o inicio das … Ler máis

A MINARÍA COMO PARADIGMA CAPITALISTA
with 1 comentario

O día 25 de xaneiro, en Brumadinho, municipio de Minas Gerais (Brasil), rompeu unha das represas de residuos dunha mina de ferro propiedade da empresa Vale1. Este accidente supuxo a morte de, canto menos, 197 persoas, e 111 máis desaparecidas2, a maioría das cales eran traballadoras da mina. Os lodos derivados da rotura asolagaron o Río Paraopeba, un dos afluentes do São Francisco, co conseguinte impacto ambiental nas especies que nel habitan3. A responsabilidade por esta nova traxedia humana e … Ler máis

#FRIDAYSFORFUTURE, FOLGA ESTUDANTIL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
with Non hai comentarios

O movemento #FridaysForFuture1 vén convocando en todo o planeta manifestacións, protestas e concentracións de estudantes todos os venres dende finais do 2018, que culminarán o 15 de marzo2 cunha folga estudantil mundial para esixir á clase política accións contundentes que revertan o cambio climático Este movemento colleu especial pulo tras o discurso que a estudante e activista sueca Greta Thunberg deu o 12 de decembro de 2018 ante o COP24 (Cumio sobre o Cambio Climático das Nacións Unidas)3. Dende ese … Ler máis

CRÉBASE O TRATADO DE FORZAS NUCLEARES DE ALCANCE INTERMEDIO
with Non hai comentarios

O pasado 1  de febreiro,  o Goberno dos EEUU decidiu romper unilateralmente o Tratado de Forzas Nucleares de Alcance Intermedio (INF polas súas siglas en inglés), asinado en 1987 entre EEUU e a URSS. Un día despois do anuncio de Trump, o presidente da Federación Rusa, Vladimir Putin, anunciou tamén a retirada deste país do devandito tratado. A sinatura deste documento data do 8 de novembro de 1987, cando o presidente dos EUA, Ronald Reagan, e o secretario xeral do … Ler máis

ESTRASBURGO: PAZ, DEMOCRACIA E LIBERDADE PARA O CURDISTÁN
with 1 comentario

O pasado día 16 de febreiro demos por rematada a Longa Marcha que nos levou até a cidade francesa de Estrasburgo, onde pechamos a marcha cunha grande manifestación na cidade gala, baixo o lema “pola paz e a democracia – liberdade para Abdullah Öcalan”. Este ano a Longa Marcha, que sempre se celebra coincidindo co aniversario do encarceramento do líder curdo Abudllah Öcalan, ten especial relevancia porque se cumpren  20 anos do mesmo. Co obxectivo de visibilizar a situación do … Ler máis

LUXEMBURGO: ARRINCA A LONGA MARCHA
with 1 comentario

O día 11 de febreiro deu comezo a Longa Marcha baixo o lema “pola paz e a democracia – liberdade para Abdullah Öcalan” que, xunto medio centenar de activistas, levaranos a percorrer varios territorios ao longo de Europa, tendo como punto de partida a cidade de Luxemburgo. A marcha, que reúne a activistas do movemento de liberación kurdo así como a diversxs activistas de organizacións internacionalistas, ten por obxectivo central sinalar a situación pola que atravesa o pobo curdo na … Ler máis

COP24: É A HORA DA SOCIEDADE CIVIL
with 2 Comentarios

O pasado 15 de Decembro fechou a XXIV Conferencia dos países membros da Convención-marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP24) que volveu desbotar unha nova oportunidade para poder facer fronte de xeito efectivo ao incremento progresivo da temperatura global. A COP24 caracterizouse pola escasa ambición dos estados para poder desenvolver as medidas necesarias que permitan acadar a redución de emisións comprometidas no Acordo de París. Especialmente hai que destacar a forte presión do lobby do carbón, así como … Ler máis

G20 2018: UN CUMIO PARA ESQUECER
with 1 comentario

O pasado 30 de novembro e 1 de decembro tivo lugar en Arxentina o 12º Cumio do G20 que reúne aos/ás líderes das principais economías do mundo e da Unión Europea, ademais de 14 organizacións internacionais. Á súa vez tivo lugar a Semana de Acción contra o G20 e o FMI, que transcorreu entre o 25 de novembro e o 1 de decembro, co obxectivo de denunciar as políticas neoliberais que promoven estes dous organismos. O G20 confórmano 19 países … Ler máis

1 7 8 9 10 11 12 13 15