O cumio da OTAN en Ancara: presións cara o rearmamento nun sistema en crise
with Non hai comentarios

A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) celebrará en pouco menos dun mes, os días 7 e 8 de xullo de 2026 un cumio de líderes na capital turca, Ancara. Este encontro prodúcese nun contexto de desacordos internos sobre Ucraína e de presións sen precedentes para incrementar o gasto militar por riba do histórico 2% do PIB. Pola súa banda, diversos colectivos sociais preparan contracumios para denunciar a escalada belicista e a subordinación aos intereses imperialistas de expansionismo militar … Ler máis

“Tank Man”, o home que freou os tanques en Tiananmen
with Non hai comentarios

Tal día coma hoxe, mais en xuño de 1989, un día despois da forte represión militar das protestas da Praza de Tiananmen, un home anónimo colocouse diante dunha columna de tanques na avenida Chang’an, en Pequín. A escena foi fotografada por varios fotoxornalistas internacionais e converteuse nunha das imaxes máis recoñecibles do século XX. A fotografía do “Tank Man” pasou a simbolizar a acción directa non violenta e a resistencia civil fronte á forza militar. As protestas comezaran semanas antes … Ler máis

Tralo tomate: a viaxe pola desigualdade estrutural capitalista n‘A Ilha das Flores”
with Non hai comentarios

O nacemento, desenvolvemento e espallamento das grandes corporacións, que levan no seu ADN o desprezo polos dereitos humanos e polo medio ambiente, constitúe o motor que move o consumo actual. A curtametraxe ensaio/documental ‘Ilha das Flores’ (1989), dirixida polo cineasta brasileiro Jorge Furtado, materializa esta crítica a través do percorrido dun simple tomate ata un vertedoiro en Porto Alegre. En 13 minutos, a obra converte a cadea de produción, distribución e consumo nunha metáfora descarnada do capitalismo e das desigualdades … Ler máis

Somos o Río que se Revolve. Resumo da nosa participación nas Revoltas da Terra
with Non hai comentarios

Os días 17, 18 e 19 de abril, activistas de ECOAR))) participamos na segunda xerminación das Revoltas da Terra, en Bages, Barcelona. Unha mobilización de milleiros de persoas de distintos colectivos, un encontro da loita ecoloxista, pro-palestina e pola defensa do territorio. Unha mobilización masiva para confrontar a empresa ICL (Israel Chemicals Limited), que está a provocar un ecocidio en Cataluña e a colaborar co xenocidio en Gaza. O sábado 17, a mobilización conseguiu que centos de activistas sabotearan un … Ler máis

O himno que converteu a unión do pobo nun berro mundial de resistencia
with Non hai comentarios

  A canción chilena que xurdiu antes do golpe de estado de Pinochet en 1973 e se espallou desde a Batalla de Seattle ata a Primavera Árabe En xuño de 1973, en Chile, a situación política era insostíbel. Marchas, cacerolazos e paros anticipaban un desenlace dramático. Nese contexto, o compositor Sergio Ortega reuniuse coa banda Quilapayún para cumprir un encargo do Comité Central do Partido Comunista: crear cancións que apoiaran o goberno da Unidade Popular de Salvador Allende. Entre un … Ler máis

G8 de Xénova 2001: un fito que se converteu nun punto de inflexión da protesta antiglobalización
with Non hai comentarios

Entre o 19 e o 22 de xullo de 2001, a cidade italiana de Xénova converteuse no epicentro da loita antiglobalización. A reunión de líderes do G8 (Grupo dos Oito) provocou unha resposta cidadá sen precedentes, convocada polo Genoa Social Forum, unha plataforma que chegou a agrupar unhas 800 organizacións de diversa índole . As estimacións falan de entre 200.000 e 300.000 persoas chegadas de toda Europa para participar no contracumio, nun movemento que se atopaba entón no seu momento … Ler máis

The Corporation: o documental que diagnosticou ás corporacións de psicopatía
with Non hai comentarios

  The Corporation (2003) é un documental canadense dirixido por Mark Achbar e Jennifer Abbott, con guión de Joel Bakan, que analiza a natureza xurídica e ética das grandes corporacións. A obra formúlase arredor dunha hipótese provocadora: se as empresas son consideradas persoas xurídicas, que tipo de personalidade manifestan? A partir dos criterios do DSM-IV e das achegas do especialista Robert D. Hare, sostense que o comportamento estrutural da corporación moderna encaixa con trazos propios da psicopatía. O filme xorde … Ler máis

Golpe, reforma, rebelión e revolución: claves para interpretar cambios políticos
with Non hai comentarios

Coñecer a diferenza entre estes catro conceptos permite analizar os procesos sociais con rigor e precisión. No discurso político e mediático é habitual atopar termos como revolución, rebelión, reforma e golpe de Estado utilizados de maneira imprecisa ou intercambiable. Comprender o significado exacto de cada un deles permite ás persoas formar un criterio propio e interpretar os acontecementos históricos e actuais máis aló das etiquetas ideolóxicas. A revolución é un cambio profundo e radical nas estruturas políticas, sociais e económicas … Ler máis

Soberanía tecnolóxica: ferramentas libres fronte ao dominio corporativo
with 1 comentario

A dependencia persoal ou institucional das ferramentas tecnolóxicas de corporacións como Google e Microsoft constitúe unha ameaza estrutural que transcende a privacidade individual. Estas empresas operan mediante modelos extractivos que mercantilizan datos persoais, restrinxen a interoperabilidade e crean dependencia mediante o confinamento propietario ou “vendor lock-in”, que fai prácticamente imposible mudar a outro provedor de servizos. Cando se utiliza software privativo, cédese o control sobre información sensible. As actualizacións impostas modifican funcionalidades sen consentimento, os algoritmos manipulan condutas e as brechas … Ler máis

1 2