MADRID: ESPAZOS SOCIAIS EN PERIGO
with Non hai comentarios

José Luis Martínez-Almeida, desde o comezo da súa alcaldía en xuño de 2019, non deixou de plantar batalla contra todo o que se asociara á esquerda, xa sexan os movementos sociais, o feminismo, o 15- M, os Centros Sociais Autoxestionados ( CSAs) ou as organizacións dedicadas á memoria histórica. Todo iso podería deberse a unha militancia  ideolóxica de ultradereita ou, como moitos suxiren, ben podería deberse á necesidade de contentar a  Vox, o seu socio maioritario no goberno1. No relativo … Ler máis

O RISCO DE LOITAR POLO ABORTO EN ANDORRA
with 1 comentario

A situación de Andorra con respecto aos dereitos de xénero é unha gran descoñecida, a pesar da proximidade xeográfica. Unha das razóns é a propia vontade do goberno  andorrano de proxectar unha imaxe de modernidade, tendo en conta que o 54.5% do PIB do país1(en 2015) baséase no sector Servizos. Con todo, esta imaxe dista moito da realidade. Nun país onde toda lei debe ser aprobada por algún dos  copríncipes que teñen en calidade de xefes de Estado, e onde … Ler máis

A CARAVANA ZAPATISTA ESTIVO EN VIGO
with 1 comentario

O pasado martes 22 de xuño desembarcou no porto de Vigo o primeiro grupo da delegación zapatista da “Xira pola vida”1, unha viaxe do Exército Zapatista de Liberación Nacional a través dos cinco continentes, coa idea de “realizar encontros, diálogos, intercambios de ideas, experiencias, análises e colaboracións entre quen nos atopamos empeñados na loita pola Vida”2. O primeiro grupo en vir, o Escuadrón 421, está integrado por 7 persoas, aínda que a delegación completa estará composta por 160 persoas, a maioría … Ler máis

LUCES DO NORTE PARA FIXAR CO2?
with 1 comentario

Northern Lights é un proxecto de captura e almacenamento de carbono (CCS) financiado polo goberno noruegués que está a perforar pozos de proba no Mar do Norte co fin de atopar un emprazamento axeitado para almacenar o CO2.

ESPAÑA, CÓMPLICE DA GUERRA EN IEMEN
with Non hai comentarios

A ministra de asuntos exteriores, Arancha González Laya, realizou unha xira por Emiratos Árabes Unidos (EAU), Arabia Saudita e Quatar co obxectivo de “relanzar as relacións políticas e económicas coa rexión”1. Aínda que o motivo concreto da súa viaxe era a sinatura de acordos económicos de venda de armas con Emiratos Árabes Unidos (EAU) e Arabia Saudita, nunha época na que estes países usan o devandito armamento para perpetrar os seus crimes de guerra en Iemen2. Un dos países visitados … Ler máis

GALIZA: NON SON MUÍÑOS, SON TRANSNACIONAIS
with 1 comentario

Actualmente en Galicia existe un boom de peticións para instalar grandes parques Eólicos. Son máis de 301 que suman máis de 2500 MW, representando máis da metade da potencia instalada en Galiza no 20202. Isto supón un impacto na sociedade galega e o medio ambiente que non tivo lugar a réplica ou debate dende as institucións, o que significou o xurdimento de numerosos movementos e iniciativas que agrupan a colectivos sociais, ecoloxistas e veciñais que se opoñen á instalación destes … Ler máis

XUÍZO AOS CRIMES DE GUERRA EN PALESTINA
with 2 Comentarios

A Corte Penal Internacional (CPI) deu o primeiro paso para iniciar unha investigación por crimes de guerra en Palestina1, tras confirmar que Palestina é un Estado parte do tribunal. Anteriormente, en vistas orais celebradas en febreiro de 2020, países aliados de Israel como Alemaña, Australia, Hungría ou a República Checa tentaron que Palestina non fose considerada parte da CPI, pero xs xuíces/xuízas ditaminaron que “independentemente da condición de Palestina en virtude do dereito internacional xeneral, a súa adhesión ao Estatuto … Ler máis

QUE É “NORMALIDADE DEMOCRÁTICA”?
with 1 comentario

Pablo Iglesias comentou que “non hai unha situación de plena normalidade política e democrática en España”1en relación á situación de Junqueras e Puigdemont, un encarcerado e o outro exiliado en Bélxica. Esta declaración non sentou demasiado ben na súa coalición, coa vicepresidenta terceira Nadia Calviño replicando indignada que “España é unha democracia plena”2 e o ministro Ábalos declarando que toda normalidade implica “elementos de anormalidade”3. De súpeto un bo número de políticxs de diferente signo vense empurradxs a posicionarse sobre … Ler máis

FRONTEX: CORRUPCIÓN OPACIDADE E VIOLACIÓN DE DEREITOS HUMANOS
with Non hai comentarios

A Axencia Europea de Fronteiras, Frontex, podería levar a cabo miles de devolucións “en quente” de migrantes, unha práctica pola que se lles expulsa no momento mesmo en que tentan cruzar a fronteira sen serlles aplicada a lexislación de estranxeiría do país. Un vídeo de Outubro de 2020 do diario Der Spiegel1 mostra unha devolución no medio do mar Exeo dun bote con refuxiadxs. Fabrice Leggeri, director de Frontex, negou que un voo da axencia coincidise con esa devolución2 pero, segundo … Ler máis

FONDOS COVID: APONTOANDO AO CAPITAL PRIVADO
with 2 Comentarios

A emerxencia sanitaria non fixo senón acelerar unha crise económica que xa se estaba xestando, debido a unha fenda de desigualdade moi afondada dende a crise do 2008 que a pandemia afondou aínda máis1. A solución proposta pola Unión Europea é o paquete de fondos máis ambicioso da súa historia, de 750.000 millóns de euros2. Con todo, aínda que a pandemia afecta sobre todo aos colectivos máis vulnerables, todo apunta a que os esforzos volven estar dirixidos a reflotar ou … Ler máis

1 2 3 4 5 6 7 9