PALESTINA: O ACORDO (ISRAELÍ) DO SÉCULO
with 1 comentario

O 7 de maio, a axencia de noticias palestina Ma’an publicaba unha filtración dun novo plan de paz para Palestina e Israel elaborado polo goberno dos EUA1. O devandito plan está feito a medida de Israel e non recoñece as fronteiras que tiña o Estado Palestino en 1967 tras a Guerra dos Seis Días. Entre outras propostas, cabe destacar que no texto non se contempla o desmantelamento dos asentamentos xudeus, nin a partición de Xerusalén, nin a existencia de armamento … Ler máis

TURISMO: UN MAL PARA O PLANETA
with 4 Comentarios

Este 21 de maio, a Organización Mundial do Turismo (OMT) anunciaba que durante o primeiro trimestre do 2019 o turismo mundial creceu un 4% con respecto ao ano 2018, cando se acadaron uns 1.400 millóns de viaxeirxs en todo o mundo1,2. Como na súa propia infografía se indica, os ingresos derivados de produtos químicos, combustibles ou automóbiles son moi importantes, sendo estes sectores grandes causantes de problemas medioambientais. Malia que 4 de cada 5 turistas viaxan dentro da súa propia … Ler máis

AUGA, PETRÓLEO SEN COR
with 1 comentario

“A sobreextracción, a drenaxe de zonas húmidas e pantanos, a deforestación, moitos proxectos de irrigación e terras mal drenadas, as filtracións de pesticidas e fertilizantes, a contaminación por verteduras da industria e dos fogares que non foron tratadas axeitadamente ou que non foron tratadas en absoluto, a construción xeneralizada de grandes encoros, a crecente explotación dos acuíferos subterráneos, a canalización das vías navegables, os plans de transferencia de auga entre as bacías e os estragos do cambio climático inducidos polos … Ler máis

REBELÉMONOS CONTRA A EXTINCIÓN
with 3 Comentarios

Nos últimos meses o movemento Extinction Rebellion protagoniza actos de desobediencia civil non-violenta en todo o mundo1,2 , principalmente no Reino Unido, co fin de acadar un cambio radical na xestión das políticas medioambientais do planeta. Procúrase minimizar o risco da extinción humana e o colapso ecolóxico3. Este movemento, xurdido en Londres a finais do ano 2018 e que cada día se espalla por máis estados, organízase en grupos reducidos, de carácter participativo, descentralizado e inclusivo. Extinction Rebellion baséase nunha … Ler máis

ASSANGE: UNHA DETENCIÓN CONTRA O DEREITO Á INFORMACIÓN DE TODXS
with Non hai comentarios

O pasado 11 de Abril de 2019, Julian Assange foi arrestado pola policía británica na embaixada de Ecuador en Londres1, onde era acollido tras a concesión da nacionalidade ecuatoriana (agora denegada) por parte do anterior goberno daquel país. Está acusado de violar a liberdade provisional que lle fora concedida no ano 20122. Ademais, existe unha petición de extradición emitida polas autoridades estadounidenses (país onde incluso podería chegar a ser executado3)4. A ONU confirma que a detención de Assange foi ilegal5. … Ler máis

GLOBALIZACIÓN: A CIDADE AFOGA O CAMPO
with 2 Comentarios

En todo o planeta, mais en especial nos países empobrecidos, a calidade de vida das persoas do rural empeora cada día. O modelo neoliberal impide que xs agricultorxs poidan desenvolver unha economía básica posto que esnaquiza o campo e fai inviábel a subsistencia de minifundios cultivados de forma tradicional e artesanal. Este modelo, que só entende o agro como un recurso que explotar, é unha das causas principais do cambio climático, dificultando a agricultura sustentábel, provocando a despoboación e o … Ler máis

TTIP: O PARLAMENTO REXÉITAO, O CONSELLO IMPONO
with 3 Comentarios

O día 14 de marzo o Parlamento Europeo desbotou —con escasa marxe— reiniciar  as negociacións de libre comercio entre a UE e EEUU, que poderían desembocar nun novo Tratado Transatlántico para o Comercio e o Investimento (Transatlantic Trade and Investment Partnership, polas súas siglas en inglés). Como consecuencia da aprobación da emenda 27, que pedía “non apoiar as directrices para a negociación na súa forma actual”, a maioría do Parlamento rexeitou finalmente aprobar unha resolución que autorizase o inicio das … Ler máis

A MINARÍA COMO PARADIGMA CAPITALISTA
with 1 comentario

O día 25 de xaneiro, en Brumadinho, municipio de Minas Gerais (Brasil), rompeu unha das represas de residuos dunha mina de ferro propiedade da empresa Vale1. Este accidente supuxo a morte de, canto menos, 197 persoas, e 111 máis desaparecidas2, a maioría das cales eran traballadoras da mina. Os lodos derivados da rotura asolagaron o Río Paraopeba, un dos afluentes do São Francisco, co conseguinte impacto ambiental nas especies que nel habitan3. A responsabilidade por esta nova traxedia humana e … Ler máis

#FRIDAYSFORFUTURE, FOLGA ESTUDANTIL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
with Non hai comentarios

O movemento #FridaysForFuture1 vén convocando en todo o planeta manifestacións, protestas e concentracións de estudantes todos os venres dende finais do 2018, que culminarán o 15 de marzo2 cunha folga estudantil mundial para esixir á clase política accións contundentes que revertan o cambio climático Este movemento colleu especial pulo tras o discurso que a estudante e activista sueca Greta Thunberg deu o 12 de decembro de 2018 ante o COP24 (Cumio sobre o Cambio Climático das Nacións Unidas)3. Dende ese … Ler máis

CRÉBASE O TRATADO DE FORZAS NUCLEARES DE ALCANCE INTERMEDIO
with Non hai comentarios

O pasado 1  de febreiro,  o Goberno dos EEUU decidiu romper unilateralmente o Tratado de Forzas Nucleares de Alcance Intermedio (INF polas súas siglas en inglés), asinado en 1987 entre EEUU e a URSS. Un día despois do anuncio de Trump, o presidente da Federación Rusa, Vladimir Putin, anunciou tamén a retirada deste país do devandito tratado. A sinatura deste documento data do 8 de novembro de 1987, cando o presidente dos EUA, Ronald Reagan, e o secretario xeral do … Ler máis

1 5 6 7 8 9