LUCES DO NORTE PARA FIXAR CO2?

with 1 comentario

Northern Lights é un proxecto de captura e almacenamento de carbono (CCS) financiado polo goberno noruegués que  está a perforar pozos de proba no Mar do Norte co fin de atopar un  emprazamento axeitado para almacenar o CO2. O proxecto está liderado por Shell e Total, ademais de  Equinor,  que tamén se uniu a elas. O que se pretende é que cando o CO2 chegue a unha terminal en terra poida canalizarse até os pozos submarinos, segundo  publica en Energypost Lee Beck1, asesora de Global CCS Institute e membro do Atlantic Council Global Energy Center.

Con todo, algunhas voces como a Hans Joosten2 suxeriron que antes de tentar enterrar dióxido de carbono con tecnoloxía deberiamos pensar en asolagar as turbeiras. As turbeiras son un tipo único de humidal que cobre 3% da superficie  terrestre e almacena 30% do carbono secuestrado no chan -o dobre que todos os bosques do mundo-. Por mor dese servizo ecosistémico, as  turbeiras son consideradas os sumidoiros de carbono máis efectivos da Terra3.

En outubro pasado eliminouse un obstáculo importante que expuña o Protocolo de Londres, o de prohibir o transporte transfronteirizo e a exportación de CO2 para o almacenamento xeolóxico en alta mar. Finalmente, Northern Lights foi designado como un Proxecto de Interese Común (PCI) pola Unión Europea (UE), o que o fixo  apto para permisos expeditos e fondos da UE, destacando a importancia do proxecto no contexto da  descarbonización europea4. Isto podería converterse nun novo negocio, xa que esta práctica consome enormes cantidades de enerxía eléctrica, e mentres Noruega segue exportando enormes cantidades de petróleo, disfrázase de país con 0 emisións promovendo proxectos nos que ademais se involucran titáns dos hidrocarburos como Total ou Shell, sen quedar claro que pasará con estes almacéns submarinos de CO2 cando non teñan máis capacidade.

Debemos seguir observando atentamente eses proxectos e axudar na promoción e defensa de iniciativas que restauren  fixadores  naturais de CO2 como as turbeiras, como é o caso do proxecto Wetlands5.

1 https://energypost.eu/norways-northern-lights-project-creating-the-ccs-business-model/
2 https://www.dw.com/es/atrapar-el-co2-as%C3%AD-combate-noruega-el-cambio-clim%C3%A1tico/av-55684688
3 https://www.unep.org/es/noticias-y-reportajes/comunicado-de-prensa/alemania-apoyara-la-proteccion-de-las-turberas-un-aliado
4 https://elperiodicodelaenergia.com/noruega-quiere-liderar-el-negocio-de-enterrar-el-co2-ya-esta-perforando-pozos-en-el-mar-del-norte-como-almacenamiento/
5 https://www.wetlands.org/

One Response

  1. […] LUCES DO NORTE PARA FIXAR CO2? Manual para Campañas Non-Violentas ASINA : SALVEMOS O ÁRTICO! Acción, Destacados, Todos os Artigos […]