A VAGA DE ODIO QUE NON DEIXA DE CRECER

with 1 comentario

España vive nos útlimos anos unha vaga de delitos de odio, cun aumento de máis do 45% deste tipo de delitos desde que se comezaron a contabilizar en 20131 até o último informe publicado polo Ministerior do Interior Español en 20192.

Este non é un caso particular e exclusivo de España. En Europa, segundo a FRA (Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea), só 17 estados3 recollen este tipo de delitos. Ao non desagregalos, impide mellorar na protección das vítimas e  invisibiliza un problema social que só fai que aumentar ano a ano.

Un exemplo da vaga que vivimos está no informe recollido polo Ministerio do Interior Británico, que apunta que no último informe (2019/20) rexistráronse por parte da policía 105.090 crimes de odio en Inglaterra e Gales, un incremento do 8% con respecto ao anterior informe4. Aínda que estes aumentos poden deberse en parte á mellora na recollida de datos, o certo é que moitas veces este tipo de delitos quedan invisibilizados pola falta de denuncia ou, tal e como apunta Lucía Gori, policía italiana membro do Observatorio de Seguridade contra Actos Discriminatorios OScAD, “hai moitas motivacións para non denunciar. En ocasións ocorre que, aínda que a vítima acuda á policía, esta non lle brinda unha resposta axeitada (revictimización) ou non detecta a motivación de odio/discriminación”, o que podería ocultar un problema de dimensións maiores5.

A discriminación non existe só nas rúas e as redes sociais, tamén afecta a diversos colectivos no acceso a servizos básicos ao soportar actitudes discrimatorias por parte de funcionarixs, empregadxs e administracións. Segundo conta SOS Racismo Galicia no seu último informe, para os axentes discriminadores: o 46% das  condutas racistas foron iniciadas por unha entidade pública ou funcionariado, no 34% dos casos tivo que ver cunha entidade privada e nun 17% con persoas particulares6.

A pesar dos avances dados por algúns estados nos últimos anos, o discurso de odio ao que se lle dá altofalante dende os medios de comunicación masiva7 e que permite a formacións políticas incitar ao odio impunemente de forma sistemática ou que mesmo se sanciona por parte dalgúns tribunais8 son un claro retroceso que nos pon en perigo a toda a poboación ao crear un caldo de cultivo que pode devir nunha vaga de violencia sen control. Para frear isto debemos denunciar, visibilizar e educar para poñer fin aos discursos que só buscan o conflito para gañar rédito político e económico, #ApagaoOdio

1 http://www.interior.gob.es/documents/642012/3479677/Informe+sobre+los+delitos+de+odio+en+Espa%C3%B1a+2013.pdf/6f10f526-80f7-47a0-911b-d27c61c6cf40
2 http://www.interior.gob.es/documents/642012/3479677/informe+evolucion+2019/631ce020-f9d0-4feb-901c-c3ee0a777896
3 https://eur-lex.europa.eu/legal-content/ES/TXT/?uri=CELEX%3A52014DC0027
4 https://assets.publishing.service.gov.uk/government/uploads/system/uploads/attachment_data/file/925968/hate-crime-1920-hosb2920.pdf
5 http://www.mujeresenigualdad.com/files/portalcontenidos/1940/documentos/InformeOdioWEB.pdf
6 https://www.sosracismogalicia.org/download/4154/
7 https://spanishrevolution.org/2020/01/29/desmontando-a-eduardo-inda/
8 https://www.eldiario.es/madrid/justicia-avala-cartel-electoral-vox-menores-extranjeros-dice-son-evidente-problema-politico-social_1_8105171.html

Interésache:

One Response

  1. […] A VAGA DE ODIO QUE NON DEIXA DE CRECER Manual para Campañas Non-Violentas ASINA : POR UNHA SAÍDA XUSTA DESTA CRISE Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]