ACORDO ENTRE ENDESA E A GENERALITAT DE CATALUÑA PARA CONDONAR DÉBEDA AOS/ÁS MÁIS VULNERABLES

with 1 comentario

O pasado 29 de marzo a Generalitat de Cataluña e a compañía eléctrica Endesa acadaron un acordo1 —cualificado de “histórico” polas organizacións sociais— que  condonará o 73% da débeda acumulada ás familias máis vulnerables entre 2015 e 20202, e o resto da débeda será asumida pola administración autonómica.

Este acordo só foi posible grazas ao marco xurídico que existe en Cataluña: o convenio entre Endesa e a Generalitat enmárcase dentro da Lei 24/2015 de medidas urxentes para afrontar a emerxencia no ámbito da vivenda e a pobreza enerxética3, esta lei foi impulsada desde a sociedade civil grazas a organizacións como  a propia Alianza contra a Pobreza Enerxética (APE) ou a Plataforma de Afectadxs pola Hipoteca (PAH)4.

Ademais, o acordo inclúe a creación dun Fondo de Atención Solidaria que posibilitará ás persoas afectadas pagar considerablemente menos polas súas facturas, evitando deste xeito a xeración de novas débedas no futuro. Neste fondo contribuirán ao 50% Endesa e as Administracións5. A APE ademais asume que a Generalitat acadará identicos acordos coas outras dous grandes eléctricas: Naturgy e Iberdrola.

No resto do estado español, nestes momentos, tras o inicio da pandemia, o Goberno central prohibiu os cortes de subministracións ás familias máis vulnerables6, o que non evita que a débeda se acumule. Isto combínase co bono social que calquera persoa en situación de vulnerabilidade podería solicitar7.

A APE considera que esta non é unha solución axeitada e por iso iniciaron unha campaña nacional: “A regulación debería facerse a nivel estatal, obrigando ás compañías para facer tarifas sociais que mesmo poida chegar a un desconto do 100% […] e que sexan as empresas quen asuma os descontos. Son compañías que xestionan necesidades básicas e fan un negocio coa enerxía, polo que deberían ser elas quen asuman os custos de quen non poida pagar”8, defende a portavoz María  Campuzano.

Nesta liña, tanto o Ministerio de Transición Ecolóxica como as administracións autonómicas e locais deberían contribuír a reducir o consumo eléctrico tomando medidas como o acondicionamento das vivendas das familias máis vunerables, gañando así dúas partidas, á loita contra o cambio climático e reducindo o consumo eléctrico e de gas das familias máis vulnerables. Dende logo este episodio abre a porta para reducir o poder das eléctricas e a protexer aos/ás máis vulnerables en materia enerxética.

1 https://dogc.gencat.cat/es/document-del-dogc/index.html?documentId=897438
2 https://pobresaenergetica.es/es/2021/03/29/firmado-el-convenio-con-endesa-que-liberara-a-35-000-familias-de-su-deuda/
3 https://www.boe.es/boe/dias/2015/09/09/pdfs/BOE-A-2015-9725.pdf
4 https://www.europarl.europa.eu/doceo/document//E-8-2016-003799_ES.html
5 https://dogc.gencat.cat/es/document-del-dogc/index.html?documentId=897465
6 https://www.rtve.es/noticias/20201222/gobierno-aprobara-este-martes-prohibir-desahucios-cortes-suministros-hasta-fin-del-estado-alarma/2060811.shtml
7 https://www.bonosocial.gob.es/
8 https://pobresaenergetica.es/es/2021/02/12/la-sociedad-civil-exigimos-en-una-reunion-con-el-ministro-de-consumo-alberto-garzon-medidas-para-proteger-a-las-familias-que-sufren-pobreza-energetica/

Interésache:

One Response

  1. […] ACORDO ENTRE ENDESA E A GENERALITAT DE CATALUÑA PARA CONDONAR DÉBEDA AOS/ÁS MÁIS VULNERABLES Manual para Campañas Non-Violentas ASINA : POR UNHA SAÍDA XUSTA DESTA CRISE Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]