OITAVO PASO: SUBVERTER O ACTUAL SISTEMA DE MEDIOS

with Non hai comentarios

O pasado xoves 19 de xaneiro tivo lugar a última palestra que puxo punto final ás Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder. Démonos cita no CSA Playa Gata onde, da man de Alejandro Barranquero, achegámonos a unha análise das posibilidades que temos para subverter o actual sistema de medios.

Nesta palestra que leva por nome “Estratexias para a reforma mediática. É posible subverter o sistema de medios?”, Alejandro, a través dunha conversa fluída co público, foi debullando as potencialidades actuais que poden axudar a reformar o modelo comunicativo actual, como por exemplo a proliferación de medios alternativos ou novas formas de comunicar. Un dos puntos nos que máis incidiu foi na necesidade de confrontar a gran capacidade organizativa do capitalismo cunha organización de calidade, creando redes que fuxan da habitual endogamia da esquerda. Apuntou que o mellor momento para levar a cabo esta tarefa é o aproveitamento dos diferentes momentos de crise.

Algunhas das ferramentas que se sinalaron para levar adiante este cambio son: a auditoría de medios, o uso de ferramentas colaborativas, como por exemplo mapas, a creación de medios cooperativos e a investigación cidadá que facilite a transparencia das actuacións políticas e mediáticas, entre outras.

Con esta palestra damos por pechadas as Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder, que despois de pasar por Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Montpellier e Montreal rematan o seu traxecto con este último paso en Madrid. Neste camiño percorremos o mundo da comunicación e a súa relación co poder, co fin de analizar as posibles alternativas para construír un novo modelo comunicativo que respecte o planeta e xs que nel habitan.

Máis Información:

https://comunicacioncontrapoder.ecoarglobal.org/

Interésache:

QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O PRIMEIRO PASO: PROBLEMÁTICAS E OPORTUNIDADES DO ACTIVISMO DIXITAL

SEGUNDO PASO: LIBERDADE DE PRENSA DENDE A TRANSICIÓN ATÉ HOXE

TERCEIRO PASO: REALIDADES FRAGMENTADAS, PERIGOS DA INFORMACIÓN

CUARTO PASO: A PUBLICIDADE COMO FERRAMENTA DO PODER

QUINTO PASO: A SITUACIÓN DE EMERXENCIA NO ACCESO Á INFORMACIÓN

SEXTO PASO: A EMANCIPACIÓN COMO RESPONSABILIDADE INDIVIDUAL

SÉTIMO PASO: COMO SE MANIPULA A INFORMACIÓN A TRAVÉS DA REDE

UN CAMIÑO PARA REPENSAR A COMUNICACIÓN