O pasado día 7 de Outubro máis de 300 activistas de diversos colectivos, integrados na plataforma Rebelión Polo Clima e Extinction Rebellion, tomamos a Ponte de Novos Ministerios na cidade de Madrid co obxectivo de esixir políticas reais e efectivas na loita contra o cambio climático, nunha acción do que sería o arranque dunha xornada de desobediencia civil que está tendo lugar en distintas partes do globo.
A plataforma 2020: Rebelión Polo Clima integrámola colectivos de diversa índole e sensibilidade cun nexo común no ecoloxismo, que nos levou a bloquear unha das principais arterias da cidade. Sentadxs, encadeadxs a un barco e amarradxs entre nós berramos diversos lemas como “Nin un grao máis, nin unha especie menos” ou “Non somos violentas”.
Despois dun curto período de tempo a policía rodeounos e, tras un breve intercambio de palabras, procederon a cortar as cadeas e desaloxarnos un/ha a un/ha. No proceso escoitamos frases como “Buscade os puntos de dor”, “Retorcede o pulso” e outras, a pesar de que a acción foi en todo momento non-violenta. A policía, mesmo chegou a identificar aos medios que cubrían a acción.
Mentres o desaloxo continuaba, máis de 400 activistas démonos cita diante do Ministerio para a Transición Ecolóxica, onde ademáis de simbolizar, a través de diversas ‘performances’, a extinción e a desaparición da biodiversidade que nos levará ao colapso climático, levantamos un campamento para esixir ao Goberno que declare a Emerxencia Climática e poña como prioridade na súa axenda a loita contra o cambio climático. Nin un grao máis, nin unha especie menos!
Máis información:
Interésache:
CAMP IN GÁS: UN NOVO PASO CARA Á ESCALADA DE ACCIÓN
ECOAR))) PARTICIPA NO VINDEIRO CAMP IN GAS
2 Responses
COP25: PROTEXER A BIODIVERSIDADE ANTE A CATÁSTROFE CLIMÁTICA - EN ACCIÓN)))
[…] ARRANCA A REBELIÓN POLO CLIMA: TOMAR A PONTE […]
COP25: SALVAR O ACORDO DE PARÍS - EN ACCIÓN)))
[…] ARRANCA A REBELIÓN POLO CLIMA: TOMAR A PONTE […]