O Movemento ao Socialismo (MAS) gañou, cun 55,1% dos votos, as eleccións xerais que tiveron lugar este 18 de outubro en Bolivia1,2. O presidente será Luís Arce, que foi ministro de economía de Evo Morales durante todo o seu mandato. As eleccións foron maioritariamente pacíficas3 e o resultado das mesmas foi recoñecido internacionalmente4,5.
A realización destes comicios foi consecuencia da impugnación das do ano 2019 (ás que se presentaba como presidente Evo Morales)6, por mor da denuncia de fraude por parte da oposición dereitista, apoiada pola Organización de Estados Americanos (OEA)7. Esta impugnación non foi debidamente xustificada con datos en ningún momento8,9 lle deu lugar a unha presidencia interina a cargo da vicepresidenta segunda do Senado, Jeanine Áñez, cuxo partido obtivera o 4% dos votos fronte ao 47% do MAS10. Áñez, unha católica conservadora, foi respaldada rapidamente por EEUU11 e a UE12. Unha das primeiras medidas que tomou foi a de proporcionar inmunidade xurídica ás Forzas Armadas e policiais, que reprimiron duramente as protestas acaecidas tras o derrocamento de Evo Morales13, 14, 15.
A OEA é unha organización con fortes inxerencias norteamericanas16. Segundo a súa carta fundacional, a OEA busca lograr entre os seus Estados Membros “unha orde de paz e de xustiza, fomentar a súa solidariedade, robustecer a súa colaboración e defender a súa soberanía, a súa integridade territorial e a súa independencia”. Estes principios foron numerosas veces cuestionados17.
Doutra banda, o artigo 168 da Constitución Política Boliviana, aprobada en referendo en xaneiro de 2009, establecía que só se permitía a reelección da Presidencia e Vicepresidencia do Estado unha vez18. En 2016 convocouse no país un referendo revogatorio do devandito artigo, no que gañou o “non”19. Con todo, en 2019 Evo Morales presentábase por terceira vez á presidencia, xa que fora habilitado para iso polo Órgano Electoral Plurinacional, ao aplicar sobre a Constitución boliviana o artigo 23 da Convención Americana sobre Dereitos Humanos20. Isto fixo aumentar a conflitividade social.
Con todo o anterior, é quizá o forte crecemento do país durante o mandato de Morales21, a redución das desigualdades22 ou o novo status social boliviano23, consecuencia das políticas de redistribución de riqueza levadas a cabo polo MAS, o que en última instancia acelerou o acoso e derriba do partido no último ano. O neoliberalismo sempre aplica as mesmas receitas: privatización, endebedamento e recortes sociais. E leva a países como Bolivia, boiantes nos últimos anos, a números vermellos nun só ano, reprimindo á poboación e vendendo a saldo os recursos de todo un territorio24. Aínda así, a presión social foi enorme e deixou en evidencia a todo un sistema económico e mediático. Por todo iso, a poboación boliviana é un exemplo mundial.
1 https://computo.oep.org.bo/ 2 https://www.eldiario.es/politica/el-55-de-votos-da-nuevamente-fuerza-al-mas-en-el-parlamento-de-bolivia_1_6320306.html 3 http://www.nu.org.bo/noticias/naciones-unidas-celebra-una-jornada-electoral-pacifica-participativa/ 4 http://www.oas.org/documents/spa/press/Informe-preliminar-Bolivia-2020.pdf 5 https://eeas.europa.eu/delegations/bolivia/87467/declaraci%C3%B3n-del-alto-representante-en-nombre-de-la-uni%C3%B3n-europea-sobre-las-elecciones_en 6 https://ctxt.es/es/20201001/Politica/33814/bolivia-golpe-de-estado-elecciones-2020-luis-arce-eduardo-giordano.htm 7 https://www.oas.org/es/centro_noticias/comunicado_prensa.asp?sCodigo=C-085/19 8 https://cepr.net/press-release/la-oea-debe-retractarse-de-su-declaracion-respecto-a-las-elecciones-bolivianas-senala-el-codirector-de-cepr/ 9 https://cepr.net/images/stories/reports/bolivia-elections-2019-11-spanish.pdf 10 https://www.oep.org.bo/wp-content/uploads/2019/11/Separata_Resultados_Nacionales_EG_2019.pdf 11 https://www.state.gov/congratulations-to-bolivian-senator-anez-for-assuming-the-role-of-interim-president/ 12,13 https://www.amnesty.org/es/latest/news/2019/11/bolivia-derogar-norma-impunidad-fuerzas-armadas/ 14 https://www.amnesty.org/es/latest/news/2019/10/bolivia-autoridades-deben-respetar-derecho-protesta-pacifica/ 15 https://www.elsaltodiario.com/mapas/bolivia-balas-ejercito-terrorismo-semana-de-la-masacre-de-senkata 16 https://www.publico.es/internacional/america-latina-sacude-tutela-eeuu.html 17 https://www.opendemocracy.net/es/polarizacion-virus-oea/ 18 https://oas.org/dil/esp/constitucion_bolivia.pdf 19 https://www.oep.org.bo/procesos-electorales-y-consultas/referendos/referendo-constitucional-2016/ 20 https://www.oas.org/dil/esp/1969_Convenci%C3%B3n_Americana_sobre_Derechos_Humanos.pdf 21 https://www.dw.com/es/cu%C3%A1les-son-las-claves-del-%C3%A9xito-econ%C3%B3mico-boliviano/a-49541834 22 https://www.ine.gob.bo/index.php/bolivia-entre-los-paises-de-la-region-que-mas-redujo-la-pobreza/ 23 https://www.bo.undp.org/content/bolivia/es/home/presscenter/articles/2019/bolivia-es-clasificado-por-primera-vez-como-pais-de-desarrollo-h.html 24 https://www.elsaltodiario.com/bolivia/bolivia-recupera-el-proceso-de-cambio
Máis Información:
Interésache:
A VIVENDA: UNHA LUXOSA NECESIDADE
ESCOCIA: O DEREITO DE AUTODETERMINACIÓN
3 Responses
O POBO CHILENO SEPULTA POR FIN A PINOCHET - EN ACCIÓN)))
[…] O MAS VOLVE GAÑAR EN BOLIVIA […]
QUE É A REPRESIÓN E COMO COMBATELA? - EN ACCIÓN)))
[…] O MAS VOLVE GAÑAR EN BOLIVIA […]
O FMI E A AUSTERIDADE EN TEMPO DE PANDEMIA - EN ACCIÓN)))
[…] O MAS VOLVE GAÑAR EN BOLIVIA […]