O pasado mes de abril o presidente tunisiano Kais Saied foi acusado por varios partidos da oposición de dar un “golpe suave”1 despois de afirmar que as forzas armadas e a policía estaban baixo as súas ordes, algo que vai contra a orde legal pois en Tunisia o xefe das forzas de seguridade internas é o Primeiro Ministro, cargo que ocupa actualmente Hichem Mechichi.
De acordo con algúns/has observadorxs, Saied está a usar interpretacións constitucionais para aumentar o seu poder e avanzar cara un sistema presidencialista en lugar do actual sistema dual executivo do país africano.2
A polémica máis recente xurdiu cando a finais de abril o Presidente declarou: “Son o comandante supremo das forzas de seguridade armadas, non só do exército, como di a lei das forzas de seguridade internas emitida en 1982”3. Isto puxo en cólera tanto ao Primeiro Ministro como ao líder do partido Enhanda Movement, un dos principais partidos de Tunisia que deu o seu apoio a Saied4 na segunda volta das últimas eleccións.
O país atravesa unha crise política que tivo o seu punto álxido cando o Primeiro Ministro cambiou o goberno ao completo, feito que non contou coa aprobación do Presidente Saied, a pesar de que o novo Ministro do Interior é próximo a este5. O aumento do paro, os recortes ou a corrupción foron algunhas das causas que aderezaron a crise política que desembocou en protestas por todo Tunisia dende o inicio do novo ano6.
Saied perdeu parte da popularidade que o converteu en presidente con actos como achegarse ao actual presidente de Exipto7 Abdel Fattah Al-Sisi que chegou ao poder mediante un golpe militar. Todo isto uniu ao pobo tunisiano que parece estar listo para protexer a súa democracia e loitar pola xustiza social.
1 https://www.middleeasteye.net/news/tunisia-kais-saied-soft-coup 2 https://www.middleeastmonitor.com/20210422-tunisias-president-accused-of-leading-soft-coup-against-state/ 3 https://www.middleeastmonitor.com/20210422-tunisias-president-accused-of-leading-soft-coup-against-state/ 4 https://www.europapress.es/internacional/noticia-partido-islamista-ennahda-respalda-independiente-saied-cara-segunda-vuelta-presidenciales-tunez-20190919223429.html 5 https://www.europapress.es/internacional/noticia-primer-ministro-tunez-sustituye-doce-ministros-20210116210704.html 6 https://www.elconfidencial.com/mundo/2021-03-01/atrapados-en-la-transicion-las-protestas-en-tunez-y-el-peligro-de-la-represion_2968239/ 7 https://english.sawtbeirut.com/world/conflict-between-three-presidencies-in-tunisia-potential-chaos-and-an-unlikely-coup/
Interésache:
2 Responses
AFGANISTÁN: E AGORA QUÉ? - EN ACCIÓN)))
[…] O PRESIDENTE SAIED DE TUNISIA ACUSADO DE DAR UN “GOLPE SUAVE” Manual para Campañas Non-Violentas ASINA: POLA APERTURA DE FRONTEIRAS EN AFGANISTÁN Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]
MARROCOS DE XENDARME A CHANTAXISTA - EN ACCIÓN)))
[…] O PRESIDENTE SAIED DE TUNISIA ACUSADO DE DAR UN “GOLPE SUAVE” Manual para Campañas Non-Violentas ASINA: POLA APERTURA DE FRONTEIRAS EN AFGANISTÁN Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]