PÓRLLE FREO Á CENTRAL DE NEURATH
with 3 Comentarios

No día de onte voltamos acudir ao plenario no que 300 activistas nos reunimos para actualizar a información sobre as accións e grupos que xa estaban en marcha ou a piques de saír, o cal nos serviu para ter o contexto e organizarnos de forma efectiva para pórlle freo a actividade en Garzweiler e a central de Neurath. Tralo remate da asemblea adicamos o tempo a preparar os materiais necesarios para a acción ante a posibilidade de ter contacto coa … Ler máis

ENDE GELÄNDE: PREPARÁNDONOS PARA FREAR A MINA
with 1 comentario

Nesta nova xornada de Ende Gelände erguémonos cedo para acudir a asemblea da mañá, na que participamos máis de 800 activistas de diversos colectivos onde nos informamos dos distintos aspectos chave das accións, o contexto, os riscos e como organizarnos para levalas a cabo. Para rematar a mañá presentáronse os distintos grupos de traballo que fan posible o bo funcionamento do Klimacamp, e ao final, os grupos de acción contáronnos brevemente sobre eles, entre os que se atopaban: Replace Coal, … Ler máis

KLIMACAMP E O ANUNCIADO FINAL DE IMMERATH
with Non hai comentarios

Onte demos os primeiros pasos por Renania de cara a prepararnos ben para afrontar a acción que terá lugar nos próximos días na rexión mineira do Rin. A primeira hora da mañá tocou inspeccionar o campamento, no Klimacamp están presentes activistas e organizacións de diversa índole e procedencia coas que fomos intercambiando impresións e contacto ao longo da mañá. Este ano participarán nas accións uns/has 2000 activistas en Ende Gelände e aínda se agarda que cheguen máis nos días seguintes. … Ler máis

ENDE GELÄNDE: ATERRANDO EN RENANIA
with 5 Comentarios

En escasos días estaremos aterrando en Renania (Alemaña) á beira do Rin, para pórlle freo aos combustibles fósiles. Un ano máis diremos “Ende Gelände, deteñamos o carbón, protexamos o clima!”. Alemaña ten o récord na extracción de lignito en Europa, 7 das 10 centrais máis contaminantes de Europa son plantas de lignito alemás. Porén mentres que Alemaña se presenta internacionalmente como o país exemplar do cambio de modelo enerxético, a conxuntura política local demora o fin da extracción de lignito. … Ler máis

G20: BENEFICIO TRANSNACIONAL FRONTE AO POBO E O PLANETA
with Non hai comentarios

Este sábado 8 de xullo púxoselle punto final ao cumio do G20 que tivo lugar na cidade alemá de Hamburgo, un cumio marcado polo disenso do goberno estadounidense que mantivo posicións enfrontadas co resto de potencias que conforman o grupo, así como polas protestas nas que amosamos un rexeitamento ás directrices fixadas polo foro. Nesta edición do G20 aconteceu algo que rompe coa dinámica habitual das pasadas edicións: un dos principais impulsores do foro rachou co xa acostumado consenso total … Ler máis

G20: O SUMIDOIRO DO CAPITALISMO GLOBAL
with 1 comentario

Onte arrincou o cumio do Grupo dos Vinte (G20), que reúne as principais potencias económicas do mundo, cuxas temáticas centrais a debater son as relacionadas coa crise do capitalismo global. Na cidade de Hamburgo, onde ten lugar o cumio, acudimos organizacións de diversa índole da sociedade civil para expresar o rexeitamento ás políticas neoliberais e trazar outra vía que presente alternativas para resolver as diferentes problemáticas globais. A pesar da situación de sitio que vive a cidade de Hamburgo (20.000 … Ler máis

G20: HAMBURGO ÁS PORTAS DO INFERNO
with 2 Comentarios

Este 5 de Xullo arrincou na cidade de Hamburgo o contracumio do G20, onde milleiros de activistas de diversas organizacións sociais que nos opoñemos ás políticas neoliberais unímonos para facerlles fronte e amosar que hai alternativas. O Grupo dos Vinte, que reúne ás principais potencias económicas do planeta, defende políticas que non respectan os dereitos humanos nin ao planeta. Por isto abrimos espazos ao longo do día no que discutimos sobre as alternativas que poidan dar solución ás distintas problemáticas … Ler máis

QUENTANDO MOTORES PARA O G20
with Non hai comentarios

Xullo 2017, o cumio do G20 en Hamburgo. Que reúne aos 20 líderes máis poderosxs do mundo, un mundo que afronta unha fonda crise cultural, social, económica e ambiental, os medios hexemónicos estarán presentes. Pero deste vez non só as elites estarán alí, a sociedade civil e as organizacións sociais oporán as súas voces ao modelo neoliberal, por iso estivemos participando das reunións para a organización dunha alternativa ao G20, na que se darán un Contra Cumio, unha acampada, mobilizacións … Ler máis

1 2 3