Memoria e conciencia política: desmontando sistemas de exterminio
with Non hai comentarios

  O 27 de xaneiro, Día Internacional de Conmemoración do Holocausto, lembra ás vítimas e evidencia os mecanismos planificados da opresión sistemática. O Holocausto non foi un acto fortuíto, senón un proceso organizado e burocratizado, como mostra a documentación histórica sobre a identificación e persecución sistemática de xudeus e outros grupos polos nazis. Este patrón de violencia tamén se pode observar en outros xenocidios e limpeza étnica recentes, como en Ruanda, Srebrenica ou Myanmar. Durante a Segunda Guerra Mundial, a … Ler máis

Occupy This Album: música como protesta contra a desigualdade económica
with Non hai comentarios

Cando a arte se ergue como voz colectiva, a súa resonancia pode transformarse en acción. En 2012, o álbum Occupy This Album: 99 Songs for the 99 Percent cristalizou esa sinerxia entre creación musical e compromiso social. Recompilando temas de artistas como Tom Morello, Patti Smith ou Ani DiFranco, o proxecto non só difundiu a crítica á concentración de riqueza, senón que destinou os seus beneficios a apoiar o movemento Occupy Wall Street. Naceu durante o pulso entre activismos incipientes … Ler máis

Sleep Now in the Fire: O Berro de RATM contra a globalización neoliberal
with Non hai comentarios

Sleep Now in the Fire (2000), da banda estadounidense Rage Against The Machine, é unha denuncia  contra a mercantilización da democracia. A canción, producida por Rick Rubin, gravouse en outubro de 1999 nun contexto de crecente malestar global: semanas antes de que estourase a Batalla de Seattle e o FMI impuxera axustes draconianos a 42 países. O videoclip, dirixido por Michael Moore, rodouse en xaneiro de 2000 na Bolsa de Nova York. Foi unha acción de desobediencia calculada: as tomas mostran … Ler máis

Seattle ’99: O Berro de Desobediencia co que naceu o Movemento Antiglobalización
with Non hai comentarios

A Batalla de Seattle, ocorrida entre o 30 de novembro e o 3 de decembro de 1999 durante a reunión da Organización Mundial do Comercio (OMC), marcou un punto de inflexión na loita contra o capitalismo global. A mobilización reuniu a máis de 50.000 activistas e militantes de sindicatos, movementos ecoloxistas, estudantado ou grupos anarquistas nunha converxencia sen precedentes que paralizou a cidade. O obxectivo era claro: desarticular o mito da inevitabilidade neoliberal mediante accións directas creativas. A orixe radica … Ler máis

This Is What Democracy Looks Like. Documental sobre Seattle ’99 e o Movemento Antiglobalización
with Non hai comentarios

O documental This Is What Democracy Looks Like (2000), dirixido por Jill Friedberg e Rick Rowley, captura a esencia das protestas contra a Organización Mundial do Comercio (OMC) en Seattle durante novembro de 1999. Filmado sobre o terreo con cámaras de activistas, o filme compila testemuños directos dunhas mobilizacións que reuniron a máis de 50.000 persoas de todo tipo de posición e procedencia (dende sindicalistas a ecoloxistas, dende colectivos de primeiras nacións a anarquistas) no que foi o punto de … Ler máis

Conceptos Clave. Violencia, vandalismo, terrorismo e non-violencia
with Non hai comentarios

A estrutura de poder ten buscado asociar historicamente a protesta e a disidencia coa violencia empregando diferentes conceptos como sinónimos entre si, equiparando así a violencia coa disidencia e a non-violencia cos procesos reformistas. Así pois distinguiranse a continuación cinco conceptos clave: Violencia. Enténdese por violencia o uso deliberado de forza física ou psicolóxica contra persoas, grupos ou comunidades coa intención de causar dano. Galtung distinguirá tres niveis: Violencia directa. Actos explícitos que implican accións que causan dano físico ou psicolóxico … Ler máis

Camiñemos xuntxs! Fagamos fronte ao abuso de gobernos e corporacións!
with Non hai comentarios

Non somos espectadorxs! Somos responsables do que pasa na realidade inmediata que nos rodea! Somos a resistencia organizada contra un sistema que devasta comunidades, saquea ecosistemas e baleira de dignidade a vida humana. Cada día debemos camiñar xuntxs guiadxs pola idea de que só a acción continua, organizada e solidaria deterá os abusos da maquinaria depredadora das empresas transnacionais que tan ben protexidas se atopan pola actuación ou a pasividade cómplice dos gobernos estatais e dos organismos internacionais. O capitalismo … Ler máis

XUSTIZA PARA THOMAS  SANKARA
with Non hai comentarios

O 11 de outubro de 2021, iniciábase  o xuízo polo asasinato do presidente Thomas  Sankara e doce membros do seu goberno que pretendia cambiar Burkina faso de raíz. Na primeira xornada a ausencia destacada foi a do principal acusado, Blaise Compaoré que accedeu á presidencia do país co golpe de estado no que se enmarcaron os asasinatos. Exiliado en Costa do Marfil en 2014, desde que foi desaloxado por unha insurreción rexeitou as peticións da xustiza  burkinesa de comparecer ante … Ler máis

INFORME CAMBIO CLIMÁTICO, UN FUTURO NEFASTO
with Non hai comentarios

O último informe de o Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC) elaborado pola ONU é contundente: hai que tomar medidas urxentes para limitar o quecemento global a 1,5º C, pola contra, a Terra verase exposta a numerosos impactos climáticos extremos1. Para logralo, é necesario que as emisións de gases de efecto invernadoiro a escala global redúzanse nun 43% antes de 20302. Aínda que se pon o foco nas medidas orientadas ás transicións no sector enerxético (como reducir … Ler máis

INVASIÓN RUSA EN UCRAÍNA: O XADREZ XEOPOLÍTICO
with 1 comentario

Ás 4 da madrugada do 24 de febreiro1, horas despois de que Putin anunciara a intervención na televisión do seu país, Rusia iniciou a invasión de Ucraína con bombardeos en gran parte do país, incluída a capital2. Tropas rusas entraron ao norte pola fronteira de Bielorrusia, ao leste a través da fronteira con Rusia, e no sur dende Crimea3, a provincia anexionada por Rusia dende 2014. As Forzas Armadas de Rusia neutralizaron a defensa antiaérea de Ucraína e destruíron a … Ler máis

1 2 3 4 15