COP25: SALVAR O ACORDO DE PARÍS
with 2 Comentarios

O pasado 2 de Decembro arrincou o Cumio do Clima (COP25). Co obxectivo de acadar un escenario de mitigación global, xs líderes mundiais reúnense nun cumio esencial para manter por debaixo dos 1,5º C a subida de temperatura do planeta. É a derradeira reunión para salvar o Acordo de París previsto para aplicarse en 2020. O cumio, finalmente ten lugar en Madrid do 2 ao 13 de Decembro, posto que Chile renunciou, debido ás protestas sociais que enfronta o executivo … Ler máis

COP25: PROTEXER A BIODIVERSIDADE ANTE A CATÁSTROFE CLIMÁTICA
with 3 Comentarios

Do 2 ao 13 de Decembro terá lugar no IFEMA en Madrid o Cumio do Clima (COP25) no que se darán cita máis de 25.000 representantes de 200 países co obxectivo de acadar acordos e compromisos entre as nacións para paliar os efectos do cambio climático. ECOAR))) participará xunto a decenas de organizacións diversas no Cumio Social Polo Clima que terá lugar de forma paralela e persegue como horizonte presionar para protexer a biodiversidade e os Dereitos Humanos ante a … Ler máis

A UNIÓN EUROPEA EN GUERRA (COMERCIAL)
with Non hai comentarios

O 18 de outubro entraron en vigor novos aranceis estadounidenses a determinados produtos da UE1-en especial de Francia, Reino Unido, Alemaña e España-, como consecuencia dunha demanda que os EEUU fixeron perante a Organización Mundial do Comerciono ano 2004. Os subsidios ilegais da UE ao fabricante de avións Airbus son, oficialmente, a razón desta demanda. Estes aranceis gravarán cun 10% aos avións europeos e cun 25% a outra serie de produtos non relacionados coa aeronáutica. Porén, as negociacións entre a … Ler máis

EMERXENCIA CLIMÁTICA: O MUNDO MOBILÍZASE
with 1 comentario

Durante a semana do 20 ao 27 de setembro, xente de todas as partes do mundo mobilizouse para esixir aos poderes dos distintos Estados accións decisivas contra a crise climática que ameaza a vida do planeta. A Folga Global Climática é unha mobilización impulsada orixinariamente por Fridays For Future e que cada unha das comunidades desenvolverá a través de diferentes organizacións e estruturas (2020 Rebelión polo Clima, Extinction Rebellion…)1,2. As demandas clave das mobilizacións son 33: Que xs políticxs digan … Ler máis

ARRANCA A REBELIÓN POLO CLIMA: TOMAR A PONTE
with 2 Comentarios

O pasado día 7 de Outubro máis de 300 activistas de diversos colectivos, integrados na plataforma Rebelión Polo Clima e Extinction Rebellion, tomamos a Ponte de Novos Ministerios na cidade de Madrid co obxectivo de esixir políticas reais e efectivas na loita contra o cambio climático, nunha acción do que sería o arranque dunha xornada de desobediencia civil que está tendo lugar en distintas partes do globo. A plataforma 2020: Rebelión Polo Clima integrámola colectivos de diversa índole e sensibilidade … Ler máis

ESCOCIA: O DEREITO DE AUTODETERMINACIÓN
with 4 Comentarios

O dereito de autodeterminación establece que cada pobo ten dereito a elixir libremente a súa condición política e a prover o seu desenvolvemento económico, social e cultural. Este é un dereito do que gozan todos os pobos do mundo1. O dereito de autodeterminación forma parte da ius cogens do dereito internacional, pois considérase que é unha normativa que está por riba de calquera lexislación estatal e, polo tanto, ningún Estado pode negala nin incumprila.   Así pois, no caso escocés, a … Ler máis

O PROCESO DE PAZ COLOMBIANO ESTÁ COMPROMETIDO
with 4 Comentarios

O acordo de paz entre o Goberno Colombiano e as FARC-EP (Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Exército do Pobo), asinado o 24/11/2016, está, en parte, crebado. O ex-xefe das FARC-EP negociador do proceso de paz, Iván Márquez, anunciou o retorno ás armas dunha parte da guerrilla1. A pesar disto Timochenko e o groso dxs ex-guerrilleirxs das FARC-EP se manteñen fieis ao acordo de paz.   O proceso de paz, culminado coa sinatura do Acordo Final para a Terminación do Conflito e a … Ler máis

COMBUSTIBLES FÓSILES: UNHA FONTE DE ENERXÍA NON RENDIBLE
with Non hai comentarios

O 5 de abril, o goberno noruegués aprobou a decisión do Fondo de Pensións de Noruega de retirar uns 11.000 millóns de euros dos seus investimentos en empresas de petróleo e gas. Así mesmo, o Fondo está autorizado a investir ata o 2% do seu valor en enerxías renovables. Ademais, establécense restricións para o investimento en empresas do carbón1. O Fondo de Pensións do Goberno Global de Noruega (Statens Pensjonsfond Utland), chamado comunmente Fondo Petroleiro (Oljefondet), ten como obxectivo garantir … Ler máis

CAMP IN GÁS: UN NOVO PASO CARA Á ESCALADA DE ACCIÓN
with 2 Comentarios

Este sábado 20 de xullo rematamos con éxito unha nova acción de desobediencia civil xunto a activistas chegadxs de diversos puntos de Europa que estamos fondamente convencidxs da necesidade de facer fronte a todos aqueles proxectos de enerxías fósiles sexa como sexa, e de camiñar cara á realización dunha transición enerxética rápida e xusta.  O marco, desta volta, eran os terreos que a empresa Australis Oil & Gas ten en Bajouca (Portugal) para facer unha explotación de gas. A loita … Ler máis

ECOAR))) PARTICIPA NO VINDEIRO CAMP IN GAS
with 1 comentario

Camp in Gas é unha acampada que terá lugar en Bajouca (Leiria, Portugal), dos días 17 a 21 de xullo de 2019, na cal participará ECOAR))). O obxectivo é facer unha acción masiva no terreo onde está previsto o inicio de próximas prospeccións na procura de gas. Con esta acción diremos NON á prospección e exploración de gas e berraremos cunha soa voz por un planeta libre de extracción de combustibles fósiles. A ciencia dinos que o clima non pode … Ler máis

1 5 6 7 8 9 10 11 15