Do 2 ao 13 de Decembro terá lugar no IFEMA en Madrid o Cumio do Clima (COP25) no que se darán cita máis de 25.000 representantes de 200 países co obxectivo de acadar acordos e compromisos entre as nacións para paliar os efectos do cambio climático. ECOAR))) participará xunto a decenas de organizacións diversas no Cumio Social Polo Clima que terá lugar de forma paralela e persegue como horizonte presionar para protexer a biodiversidade e os Dereitos Humanos ante a catástrofe climática.
O pasado día 26 de novembro, a ONU daba por morto o Acordo Climático de París nun informe demoledor presentado polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), no que asegura que incluso aínda que todos os compromisos adoptados polos países no Acordo de París sexan completamente implementados, o obxectivo de limitar o incremento da temperatura mundial a 1,5 graos estará fóra de alcance antes de 2030. O cumio deste ano ten especial relevancia posto que será a última reunión para activar o Acordo de París, primeiro pacto mundial vinculante en defensa do clima do planeta, que terá que estar vixente en xaneiro de 2020.
Tendo todo isto en conta dende a sociedade civil, non podemos perder a ocasión de presionar non só para que se cumpra o acordo, senon para que se ofrezan garantías e se respecten os Dereitos Humanos no proceso. Por todo isto xorde o Cumio Social Polo Clima que terá lugar paralelamente na Universidade Complutense de Madrid do 7 ao 13 de Decembro, tendo como punto de partida mobilizacións en Madrid e Santiago de Chile (cidade orixinal onde ía ter lugar o cumio).
Nesta ocasión demostraremos a través de diversas accións, palestras e mobilizacións que somos “a natureza que se defende!” e loitaremos para acadar xustiza climática!
3 Responses
COP25: SALVAR O ACORDO DE PARÍS - EN ACCIÓN)))
[…] COP25: PROTEXER A BIODIVERSIDADE ANTE A CATÁSTROFE CLIMÁTICA […]
COP25: MARCHA POLO CLIMA ARRINCA O CUMIO SOCIAL - EN ACCIÓN)))
[…] COP25: PROTEXER A BIODIVERSIDADE ANTE A CATÁSTROFE CLIMÁTICA […]
COP25: UNHA NOVA OPORTUNIDADE PERDIDA - EN ACCIÓN)))
[…] COP25: PROTEXER A BIODIVERSIDADE ANTE A CATÁSTROFE CLIMÁTICA […]