QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

with 18 Comentarios
“Vítimas, pecadentas e feminazis”

O pasado xoves 2 de novembro tivo lugar na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación na cidade de Pontevedra, a palestra intitulada: “Vítimas, Pecadentas e Feminazis”, na que Lorena Arévalo nos achegou unha análise de como son representadas as mulleres a través dos medios de comunicación e as distintas problemáticas que xorden a partir desta.

Neste acto Lorena Arévalo, Doutora en Ciencias da Comunicación e Máster en Cooperación Internacional presentounos a través da súa experiencia profesional, como na comunicación de masas existen varios arquetipos de muller prefabricados polo patriarcado, e como as mulleres que son empurradas a acadar estes marcos “ideais”, son de maneira sistemática agredidas e vexadas polos medios de comunicación. Dende o mal tratamento de novas de violencia de xénero, chegando a criminalizar á vítima, ou recorrendo ao insulto e a ridiculización das mulleres feministas, pasando por xuízos de valor estético, que xamais se farían dun home nos medios de comunicación. Para finalizar houbo un pequeno debate onde reflexionamos sobre as posibles solucións, ou puntos de partida para acadar mudanzas na actual forma de entender a comunicación e como afecta esta ás mulleres.

Esta charla serve como punto de arranque de cara ás próximas Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder que organiza ECOAR))). Foi o quecemento, con vista á serie de palestras que comezarán o día 17 de Novembro e rematarán o día 8 de Decembro, na que distintxs relatores cun enfoque diferenciado, nos ofrecerán a través da súa experiencia unha análise da construción do discurso hexemónico actual, como a través da comunicación se tecen as relacións de poder e como se artella a sociedade para vertebrar alternativas. Sen máis convidámosvos a seguir reflexionando con nós a partir do próximo venres 17. Agardámosvos nos vindeiros actos!

Máis Información:

https://comunicacioncontrapoder.ecoarglobal.org/

18 Responses

  1. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  2. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  3. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  4. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  5. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  6. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  7. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  8. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  9. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  10. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  11. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  12. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  13. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  14. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  15. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  16. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  17. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]

  18. […] QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN […]