A resistencia non violenta, tamén chamada non-violencia activa, fíxose popular a principios do século XX cando Ghandi, baseándose no ideario de Tolstoi e Thoreau1 fixo uso dunha serie de tácticas de desobediencia e non-colaboración que deu como resultado a independencia da India e Paquistán do Imperio Británico2. Esta forma de activismo seguiu sendo habitual durante todo o século XX e sería o xeito preferente de operar do movemento antiglobalización até hoxe.
Para finais do século XX, aceléranse os procesos de globalización. Neste contexto xorden institucións (G8, Foro de Davos, OMC…)3 sen ningún tipo de control democrático que inflúen de xeito determinante en como se configura a economía ou a política, sen ter en conta os dereitos das persoas afectadas nin os efectos no medio ambiente.
Como resposta a este proceso e ás políticas neoliberais xorde o movemento antiglobalización, centrado en denunciar as desigualdades creadas por estas políticas e o desenvolvemento depredador que destrúe o medio ambiente. O punto de inflexión deste movemento foi en 1999, coa chamada Batalla de Seattle4, que conseguiu facer fracasar un cumio da OMC5 a través de accións de bloqueo, sentadas e manifestacións, o que abriu paso ás voces críticas dende o sur (G20) que cuestionaban as políticas comerciais ditadas pola OMC6.
A non-violencia convértese dende entón en parte inseparable das loitas que percorrerán todo o século XXI até hoxe, por exemplo no contracumio contra o G8 en Génova, onde distintos grupos tentaron entrar na zona de exclusión usando escudos de plástico7. Cara a 2010 xorden no norte de África e medio oriente unha serie de revolucións e protestas coñecidas no seu conxunto como primavera árabe8 que a través de mobilizacións pacíficas e bloqueos conseguiron facer cambalear réximes de décadas. Na segunda década do XXI tamén se destacaron o 15M9 ou o movemento Occupy, que cambiaron a forma de entender a política no mundo occidental poñendo o foco en máis democracia e xustiza social.
Estes son só algúns exemplos de movementos que avogaron por tácticas de non-violencia activa. A terceira década do século XXI presentará retos para a mellora dos Dereitos Humanos e a protección do medio ambiente, pero na India non esqueceron estás tácticas e actualmente sosteñen unha mobilización histórica10 contra a axenda neoliberal do presidente Modi.
1 https://oxford.universitypressscholarship.com/view/10.1093/acprof:oso/9780190491451.001.0001/acprof-9780190491451-chapter-9 2 https://www.lavanguardia.com/historiayvida/20191206/472018308412/gandhi-india-independencia-discurso-no-violencia-desobediencia-civil.html 3 https://web.archive.org/web/20170518033322/http://www.nber.org/reporter/winter00/krueger.html 4 https://www.historylink.org/File/2143 5 https://web.archive.org/web/20090804173136/http://www.tradeobservatory.org/headlines.cfm?refID=16997 6 https://www.wto.org/english/tratop_e/dda_e/negotiating_groups_e.pdf 7 https://web.archive.org/web/20060511103543/http://www.dalbasso.org/informe.htm 8 https://www.fundeu.es/recomendacion/primavera-arabe-en-letra-redonda-y-con-minusculas-961/ 9 https://www.publico.es/sociedad/15-m-cambio-vida.html 10 https://www.newsclick.in/Farmers-Movement-Spreads-Over-300-Protest-Sites-Telugu-States
Máis Información:
Manual para Campañas Non-Violentas
Interésache:
MÉXICO XULGA AOS SEUS EXPRESIDENTES
ERDOĞAN E O DELIRIO NEO-OTOMANISTA
One Response
ECUADOR, NOVAMENTE BAIXO O XUGO DO FMI - EN ACCIÓN)))
[…] NON-VIOLENCIA ACTIVA: UN PULSO AO NEOLIBERALISMO […]