G20: UNHA DERROTA PARA RIAD
with Non hai comentarios

O pasado 22 de novembro terminou un Cumio do G20 atípico, realizado de maneira virtual coa presidencia de Arabia Saudita. Unha vez máis reuniu aos/ás líderes das principais potencias económicas do mundo e da Unión Europea, ademais de 14 organizacións internacionais. O cumio rematou sen grandes avances máis aló do compromiso de financiar a vacinación contra a COVID19 dos países empobrecidos1. A pesar da importancia adquirida nos últimos anos por parte do G20 como espazo deliberativo en política e economía … Ler máis

BLACK FRIDAY: O PLANETA COMO MERCADORÍA
with 2 Comentarios

Unha vez máis achégase o Black Friday, esa festa do consumismo importada de Estados Unidos que terá lugar o próximo 27 de novembro e cuxos límites cada vez están máis difuminados, con “ofertas anticipadas” anunciadas masivamente por todos os medios dende varias semanas antes. Como sempre, dende a súa chegada a España en 2010, promoverá un consumo desmedido e innecesario á conta das necesidades creadas ás persoas e do benestar do planeta. Este día xera moita expectación entre as grandes … Ler máis

QUE CAMBIARÁ COA DERROTA DE TRUMP?
with 2 Comentarios

O pasado 3 de novembro tiveron lugar as quincuaxésimo novenas eleccións presidenciais en Estados Unidos. Enfrontábanse, entre outrxs, o candidato Republicano e presidente saínte, Donald Trump, contra o candidato Demócrata, Joe Biden. Gañou este último, cun 51% dos votos, fronte ao 47,1% de Trump1 (datos a 24/11/20). A presidencia de Trump, no poder dende xaneiro de 2017, foi desastrosa no referente a dereitos humanos. Algunhas das súas decisións, ou consecuencias destas, foron: Políticas de separación de nenxs migrantes dxs seus/súas … Ler máis

O FMI E A AUSTERIDADE EN TEMPO DE PANDEMIA
with 4 Comentarios

O Fondo Monetario Internacional, que naceu en 1944 nos acordos de Bretton Woods, foi dende a década dos 70 unha das forzas principais que impuxeron a axenda neoliberal en todo o planeta1, condicionando os seus préstamos a medidas de austeridade. E a actual crise sanitaria non supuxo ningún cambio neste sentido. Unha análise realizada por OXFAM a partir de 91 préstamos realizados polo FMI a países durante a pandemia2 revela que polo menos 76 deles estaban condicionados a conxelacións salariais … Ler máis

QUE É A REPRESIÓN E COMO COMBATELA?
with 2 Comentarios

A represión foi dende sempre unha das formas coas que os gobernos, ou calquera grupo que detenta un poder, actuaron contra quen desafían as relacións de poder existentes. Foi definida como o emprego ou a ameaza de coerción por parte dxs poderosxs sobre quen se lle opón a fin de debilitar a resistencia á súa vontade1. En definitiva, represión é toda actividade institucional que tende a cohibir os comportamentos colectivos. A represión non é o único mecanismo destinado ao control … Ler máis

O POBO CHILENO SEPULTA POR FIN A PINOCHET
with 2 Comentarios

O pobo de Chile elixiu este 25 de outubro acabar coa Constitución que rexía o país dende 1980 (aprobada mediante un plebiscito cuestionable1), co 78’27% dos votos afirmativos2. Así mesmo, o 78’99% da cidadanía votou a favor de que a nova Constitución sexa redactada por unha Convención Constitucional3, formada a partes iguais por membros elixidxs popularmente e parlamentarixs en exercicio. A participación foi do 51%4. Con todo, isto apenas é o inicio dun traxecto que, estímase, finalizará en 2022. Así … Ler máis

O MAS VOLVE GAÑAR EN BOLIVIA
with 3 Comentarios

O Movemento ao Socialismo (MAS) gañou, cun 55,1% dos votos, as eleccións xerais que tiveron lugar este 18 de outubro en Bolivia1,2. O presidente será Luís Arce, que foi ministro de economía de Evo Morales durante todo o seu mandato. As eleccións foron maioritariamente pacíficas3 e o resultado das mesmas foi recoñecido internacionalmente4,5. A realización destes comicios foi consecuencia da impugnación das do ano 2019 (ás que se presentaba como presidente Evo Morales)6, por mor da denuncia de fraude por parte … Ler máis

A VIVENDA: UNHA LUXOSA NECESIDADE
with 4 Comentarios

“Toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, […]”1. Así definían as Nacións Unidas, en 1948, o dereito de todo ser humano á vivenda, na Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Porén, esta declaración non era vinculante. Si o foi, en troques, o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais2, asinado e ratificado posteriormente pola meirande parte … Ler máis

ADIADAS XORNADAS: ACTIVISMO DIXITAL: BASES DE DEFENSA E SEGURIDADE
with Non hai comentarios

A causa da situación sanitaria excepcional que conduciu a unha declaración de estado de emerxencia polo COVID-19, os cursos previstos para os días 20 de Marzo e 3 de Abril que ían ter lugar no marco destas xornadas quedan adiados. As novas datas indicaranse cando a situación se normalice, ata ese momento agardamos que todxs esteades ben.

XORNADAS: ACTIVISMO DIXITAL: BASES DE DEFENSA E SEGURIDADE
with Non hai comentarios

A construción do mundo actual non pode entenderse sen internet. As fake news, o tratamento masivo de datos, a ciberespionaxe, a modificación dos procesos electorais ou as situacións de Assange ou Snowden son só algúns exemplos de como se constrúen as relacións de poder na actualidade. Neste contexto xorde a necesidade de coñecer novas formas de acción e actuación que permitan conformar dinámicas de contrapoder, así como ferramentas e mecanismos que axuden a protexer e exercer os dereitos no plano … Ler máis

1 4 5 6 7 8 9 10 15