MÉXICO XULGA AOS SEUS EXPRESIDENTES
with 1 comentario

O presidente de México, Andrés Manuel López Obrador, anunciou, o 15 de setembro, a súa intención de realizar unha consulta popular sobre o posible axuizamento aos  expresidentes que gobernaron México dende 1988 a 20181. Para iso, enviou unha solicitude formal ao Senado da República. Obrador suxeriu que a consulta teña lugar o 6 de xuño de 2021 ou na data que estableza o artigo 35 da Constitución2. Paralelamente, tivo lugar unha campaña popular nacional de recollida de sinaturas coa mesma … Ler máis

ERDOĞAN E O DELIRIO NEO-OTOMANISTA
with 2 Comentarios

En moitos gobernos autoritarios do mundo, apelar a un pasado glorioso do imaxinario colectivo é unha ferramenta política habitual. Vémolo en Mongolia, co constante recordo da figura de Gengis Kan1, ou nos recordos nostálxicos do pasado imperial británico por parte dxs políticxs conservadorxs dese país2. En poucos lugares, con todo, adquire o aspecto dunha ideoloxía política tan belicista como con Recep Tayyip Erdoğan e o seu Neo-Otomanismo: o soño de resucitar o antigo Imperio Otomán que en tempos estendeuse dende … Ler máis

INDIA: ESTALA A REVOLTA CAMPESIÑA
with 2 Comentarios

Decenas de miles de campesiñxs bloquean as entradas á cidade de Nova Deli dende fai tres semanas en protesta pola nova reforma dos mercados agrícolas impulsada polo primeiro ministro, Narendra Modi1. Ao mesmo tempo, as mobilizacións esténdense por todo o país. Mentres o primeiro ministro defende que a reforma fará máis rico ao sector agrario, os sindicatos sosteñen que as reformas faranxs vulnerables á explotación por parte das grandes corporacións e erosionarán o seu poder de negociación. Os tres apartados … Ler máis

COMEZA A ESPECULACIÓN GLOBAL DA AUGA
with 1 comentario

O pasado martes 8 de decembro empezou a cotizar a auga na Bolsa de Nova York. Os contratos a futuros ligados ao prezo spot (prezo en man) da auga empezaron a ser froito de especulación no mercado de Wall Street1. Deste xeito, pasará a cotizar de forma similar ao ouro e ao petróleo. Polo momento, neste índice bolsista, NQH20, só cotiza a auga de cinco zonas de California2. Aínda que xa hai outros antecedentes de especulación dos dereitos sobre a … Ler máis

CONGO: HIDRÓXENO “VERDE”, SAQUEO NEOCOLONIAL
with Non hai comentarios

O pasado 8 de setembro, o comisionado do goberno alemán para África, Günter Nooke, anunciou no periódico alemán Süddeutsche Zeitung a intención do seu país de abastecerse de hidróxeno “verde” na República Democrática do Congo1. Para isto tería que ser construída unha nova gran presa no Río Congo, a Inga 3. Na construción da mesma hai intereses chinos e europeos2,3. O Congo é un país que sufriu unha dura colonización4, que segue sendo vítima dun grande espolio por parte de … Ler máis

DEREITOS DIXITAIS EN ESPAÑA
with 4 Comentarios

A Lei Orgánica de Protección de Datos e Dereitos Dixitais (LOPD)1, aprobada o pasado 21 de Novembro, adapta á lei española os preceptos do Regulamento Xeral de Protección de Datos do Parlamento Europeo2, tratando temas relativos á privacidade na rede. Grazas ao título X desta lei, España vólvese pioneira no recoñecemento de moitos dos dereitos dixitais, aínda que a maioría son ampliacións de dereitos xa recoñecidos por outras leis ou aplicacións ao mundo dixital de dereitos fundamentais. Con todo, criticouse … Ler máis

O ESTADO CONTRA A “DESINFORMACIÓN”
with 1 comentario

O Consello de Seguridade Nacional, na súa reunión do día 6 de outubro de 2020, aprobou o Procedemento de actuación contra a desinformación, publicado o 5 de novembro no BOE-A-2020-136631. Dado que o Procedemento foi cuestionado dende o primeiro momento, a Presidencia do Goberno fixo pública unha nota de prensa aclaratoria2, aínda que carece de carácter vinculante. Este Procedemento non ten rango de lei, e só é unha actualización doutro xa vixente. Enlaza con dous documentos básicos da Comisión Europea: o … Ler máis

GUATEMALA: OS ORZAMENTOS DA POBREZA
with Non hai comentarios

A aprobación do orzamento do ano 2021 en Guatemala, ás 5:30 da madrugada do Mércores 18 de Novembro, causou unha protesta multitudinaria no país, con máis de 10,000 manifestantes. A protesta, inicialmente pacífica, acabou terminando con incendios no edificio do Parlamento, ademais de 37 detidos e 22 persoas feridas1. Estas mobilizacións suceden tan só cinco anos despois das manifestacións multitudinarias que sacaron do poder ao entón presidente Otto Pérez Molina2, e son unha mostra do que sucede cando se seguen … Ler máis

PERÚ: GOLPE DE ESTADO… E REVOLUCIÓN
with 4 Comentarios

O pasado 10 de novembro dimitiu o Presidente do Estado peruano, Martín Vizcarra, despois de que o Congreso o declarase “incapacitado moral permanente”1. No seu lugar, tomou posesión no cargo Manuel Merino2 de Lama, xerando as maiores protestas dos últimos 20 anos no país3, farto das manobras da clase política4. Despois de só 5 días no cargo, obrigado polas protestas sociais, Merino dimitiu5. Finalmente, asumiu a Xefatura do Estado o político do Partido Morado, Francisco Sagasti6. A primeira ministra será unha … Ler máis

ETIOPÍA: OS NACIONALISMOS ÉTNICOS COMO FERRAMENTA POLÍTICA
with 3 Comentarios

Etiopía atravesa unha complexa situación política con conflitos externos e fortes tensións internas de tipo racial. O ascenso ao poder de Abiy Ahmed Ali1, líder do Partido da Prosperidade, pareceu iniciar un proceso democrático e de paz en todo o país, coa liberación de presxs e a legalización de grupos políticos2. Con todo, dous anos despois, este proceso non pode estar máis lonxe dos seus obxectivos. O país ten máis de 80 etnias e relixións diferentes, con grandes conflitos entre … Ler máis

1 3 4 5 6 7 8 9 15