QUE É A REPRESIÓN E COMO COMBATELA?
with 2 Comentarios

A represión foi dende sempre unha das formas coas que os gobernos, ou calquera grupo que detenta un poder, actuaron contra quen desafían as relacións de poder existentes. Foi definida como o emprego ou a ameaza de coerción por parte dxs poderosxs sobre quen se lle opón a fin de debilitar a resistencia á súa vontade1. En definitiva, represión é toda actividade institucional que tende a cohibir os comportamentos colectivos. A represión non é o único mecanismo destinado ao control … Ler máis

O POBO CHILENO SEPULTA POR FIN A PINOCHET
with 2 Comentarios

O pobo de Chile elixiu este 25 de outubro acabar coa Constitución que rexía o país dende 1980 (aprobada mediante un plebiscito cuestionable1), co 78’27% dos votos afirmativos2. Así mesmo, o 78’99% da cidadanía votou a favor de que a nova Constitución sexa redactada por unha Convención Constitucional3, formada a partes iguais por membros elixidxs popularmente e parlamentarixs en exercicio. A participación foi do 51%4. Con todo, isto apenas é o inicio dun traxecto que, estímase, finalizará en 2022. Así … Ler máis

O MAS VOLVE GAÑAR EN BOLIVIA
with 3 Comentarios

O Movemento ao Socialismo (MAS) gañou, cun 55,1% dos votos, as eleccións xerais que tiveron lugar este 18 de outubro en Bolivia1,2. O presidente será Luís Arce, que foi ministro de economía de Evo Morales durante todo o seu mandato. As eleccións foron maioritariamente pacíficas3 e o resultado das mesmas foi recoñecido internacionalmente4,5. A realización destes comicios foi consecuencia da impugnación das do ano 2019 (ás que se presentaba como presidente Evo Morales)6, por mor da denuncia de fraude por parte … Ler máis

A VIVENDA: UNHA LUXOSA NECESIDADE
with 4 Comentarios

“Toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, […]”1. Así definían as Nacións Unidas, en 1948, o dereito de todo ser humano á vivenda, na Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Porén, esta declaración non era vinculante. Si o foi, en troques, o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais2, asinado e ratificado posteriormente pola meirande parte … Ler máis

ADIADAS XORNADAS: ACTIVISMO DIXITAL: BASES DE DEFENSA E SEGURIDADE
with Non hai comentarios

A causa da situación sanitaria excepcional que conduciu a unha declaración de estado de emerxencia polo COVID-19, os cursos previstos para os días 20 de Marzo e 3 de Abril que ían ter lugar no marco destas xornadas quedan adiados. As novas datas indicaranse cando a situación se normalice, ata ese momento agardamos que todxs esteades ben.

XORNADAS: ACTIVISMO DIXITAL: BASES DE DEFENSA E SEGURIDADE
with Non hai comentarios

A construción do mundo actual non pode entenderse sen internet. As fake news, o tratamento masivo de datos, a ciberespionaxe, a modificación dos procesos electorais ou as situacións de Assange ou Snowden son só algúns exemplos de como se constrúen as relacións de poder na actualidade. Neste contexto xorde a necesidade de coñecer novas formas de acción e actuación que permitan conformar dinámicas de contrapoder, así como ferramentas e mecanismos que axuden a protexer e exercer os dereitos no plano … Ler máis

COP25: UNHA NOVA OPORTUNIDADE PERDIDA
with Non hai comentarios

O pasado 15 de Decembro, tras unha prórroga de 2 días, fechou a XXV Conferencia dos países membros da Convención-Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP25) que resultou ser, unha vez máis, unha oportunidade perdida para atallar o problema climático actual. Acadouse, tras unhas duras negociacións, un acordo de mínimos para salvar o Acordo de París, que non responde ás demandas expostas pola sociedade civil e a comunidade científica. O documento aprobado in extremis co nome de “Chile-Madrid, … Ler máis

COP25: MARCHA POLO CLIMA ARRINCA O CUMIO SOCIAL
with 1 comentario

O pasado día 6 de Decembro arrincaba a Marcha Polo Clima na que milleiros de persoas de todas as partes do mundo, percorremos as rúas de Madrid para esixir xustiza climática, dando así luz verde ao Cumio Social polo Clima, un evento no que están programados máis de 300 actos de diversa indóle polas diversas organizacións que participamos no tamén chamado Cumio dos Pobos. A marcha convocada por Fridays for Future, Alianza por el Clima, Alianza por la Emergencia  Climática, … Ler máis

COP25: SALVAR O ACORDO DE PARÍS
with 2 Comentarios

O pasado 2 de Decembro arrincou o Cumio do Clima (COP25). Co obxectivo de acadar un escenario de mitigación global, xs líderes mundiais reúnense nun cumio esencial para manter por debaixo dos 1,5º C a subida de temperatura do planeta. É a derradeira reunión para salvar o Acordo de París previsto para aplicarse en 2020. O cumio, finalmente ten lugar en Madrid do 2 ao 13 de Decembro, posto que Chile renunciou, debido ás protestas sociais que enfronta o executivo … Ler máis

COP25: PROTEXER A BIODIVERSIDADE ANTE A CATÁSTROFE CLIMÁTICA
with 3 Comentarios

Do 2 ao 13 de Decembro terá lugar no IFEMA en Madrid o Cumio do Clima (COP25) no que se darán cita máis de 25.000 representantes de 200 países co obxectivo de acadar acordos e compromisos entre as nacións para paliar os efectos do cambio climático. ECOAR))) participará xunto a decenas de organizacións diversas no Cumio Social Polo Clima que terá lugar de forma paralela e persegue como horizonte presionar para protexer a biodiversidade e os Dereitos Humanos ante a … Ler máis

1 5 6 7 8 9 10 11 15