Gañar o relato! Manual para combater o discurso de ultradereita. (IV). Que fai que as persoas fiquen bloqueadas ou se deixen levar?
with Non hai comentarios

Este texto forma parte dos contidos que terá o primeiro libro de ECOAR))) e que sairá á venda a finais do presente ano 2026. Gañar o relato”! Manual para combater o discurso de ultradereita. Ningún réxime totalitario se consolida unicamente pola forza. Faino tamén grazas á capacidade das masas para asumir como normal aquilo que, tempo antes, parecía impensable. As sociedades raramente mudan de forma abrupta. Mesmo nos momentos de maior transformación política, os comportamentos colectivos adoitan responder a dinámicas … Ler máis

Gañar o relato! Manual para combater o discurso de ultradereita. (III). Cal é a psicoloxía das persoas de Ultradereita?
with Non hai comentarios

Este texto forma parte dos contidos que terá o primeiro libro de ECOAR))) e que sairá á venda a finais do presente ano 2026. Gañar o relato”! Manual para combater o discurso de ultradereita. A ultradereita é máis ca unha ideoloxía política. Detrás dos seus discursos, símbolos e rituais, existe unha estrutura psicolóxica profunda que conecta as vulnerabilidades individuais coas dinámicas colectivas. Comprender este perfil non é un proceso teórico senón un elemento central para poder facer fronte ao seu … Ler máis

Gañar o relato! Manual para combater o discurso de ultradereita. (III). Cal é a psicoloxía das persoas de Ultradereita?
with Non hai comentarios

Este texto forma parte dos contidos que terá o primeiro libro de ECOAR))) e que sairá á venda a finais do presente ano 2026. Gañar o relato”! Manual para combater o discurso de ultradereita. A ultradereita é máis ca unha ideoloxía política. Detrás dos seus discursos, símbolos e rituais, existe unha estrutura psicolóxica profunda que conecta as vulnerabilidades individuais coas dinámicas colectivas. Comprender este perfil non é un proceso teórico senón un elemento central para poder facer fronte ao seu … Ler máis

Gañar o relato! Manual para combater o discurso de ultradereita. (II). Como entende o mundo a Ultradereita?
with Non hai comentarios

Este texto forma parte dos contidos que terá o primeiro libro de ECOAR))) e que sairá á venda a finais do presente ano 2026. Gañar o relato”! Manual para combater o discurso de ultradereita. Como se viu anteriormente a ultradereita é un conglomerado heteroxéneo en constante cambio formado por movementos de diferente carácter (neofascismo, Alt-right, Nouvelle Droite, Old Right, Q-Anon, neopatriotismo, ecofascismo, aceleracionismo de extrema dereita…) que teñen en común o seu rexeitamento e hostilidade cara á democracia liberal, un … Ler máis

Gañar o relato! Manual para combater o discurso de ultradereita. (I). Que é iso da Ultradereita?
with Non hai comentarios

Este texto forma parte dos contidos que terá o primeiro libro de ECOAR))) e que sairá á venda a finais do presente ano 2026. Gañar o relato”! Manual para combater o discurso de ultradereita. Ultradereita é unha verba cuxa orixe etimolóxica configúrase polo prefixo “ultra” (que procede do latín “ultra-” significa ‘máis aló’, ‘extremo’) e o lexema “dereita” (procedente do latín “-directa” que significa ‘dereita’, ‘recta’). Na Asemblea Nacional Constituínte francesa durante o proceso revolucionario de 1789 os deputados conservadores … Ler máis

Conceptos Clave. A folga.
with Non hai comentarios

A folga é un instrumento de presión da clase traballadora tan antigo como a propia explotación laboral. A interrupción colectiva e temporal da actividade produtiva decidida polxs traballadorxs co fin de reivindicar mellores condicións laborais ou manifestar unha protesta fronte á empresa, é un mecanismo normalizado xa no imaxinario social colectivo. A historia da folga é unha crónica da loita da clase obreira pola súa dignidade, polos seus dereitos e por unha sociedade máis xusta. A primeira folga documentada da … Ler máis

Conceptos clave. Formas de acción non violenta
with Non hai comentarios

A orixe do concepto da non violencia remóntase ao termo “Ahimsa”: verbo derivado do sánscrito onde hims significa “desexo de matar” e o a- é o prefixo de negación. Este concepto, propio das relixións xainista e budista, foi utilizado politicamente por Gandhi na súa filosofía e na súa loita pola independencia. Deste modo, a non violencia pode definirse como o desexo de acabar coa violencia, xa sexa esta física ou estrutural, sen usar máis violencia para iso. Pode referirse a … Ler máis

Conceptos Clave. A barricada.
with Non hai comentarios

As barricadas foron e son un elemento recorrente nos conflitos urbanos. É importante coñecer a súa orixe e o seu desenvolvemento para comprender a súa función histórica e actual. A barricada naceu en París no ano 1588 durante a Xornada das Barricadas, un episodio da oitava guerra de relixión en Francia. Os parisienses empregaron barricas (bocois) cheas de terra e pedras para bloquear as rúas e defendérense das tropas do rei Henrique III. Este sistema construtivo deu nome ao obxecto … Ler máis

O fascismo. Un matón fillo do capitalismo (II). Acepcións do concepto.
with Non hai comentarios

O termo “fascismo” emprégase a miúdo de maneira xeral para describir comportamentos autoritarios, mais o seu significado académico require distinguir tres acepcións fundamentais. En primeiro lugar, refírese ao fenómeno histórico italiano; en segundo lugar, aos réximes autoritarios europeos do período de entreguerras; e, en terceiro lugar, a unha categoría analítica do autoritarismo aplicable a contextos máis amplos. Esta diferenciación é clave para evitar usos imprecisos do concepto. A primeira acepción identifica o fascismo co movemento político encabezado por Benito Mussolini … Ler máis

O fascismo. Un matón fillo do capitalismo (I). Orixe do concepto.
with Non hai comentarios

O termo “fascismo” provén do latín “fasces”, que designaba na antiga Roma un feixe de varas atado ao redor dunha machada. Este símbolo representaba a autoridade e o poder dos maxistrados para castigar a cidadanía, así como a forza que nace da unidade: unha vara rómpese con facilidade, pero un feixe de varas resulta inquebrantábel. O italiano “fascio” (feixe) deu nome aos “Fasci di Combattimento” que Benito Mussolini fundou en Milán o 23 de marzo de 1919, recuperando deliberadamente ese … Ler máis

1 2 3 4