O imperialismo dende múltiples olladas
with Non hai comentarios

O imperialismo non é un fenómeno unívoco. Desde a súa dimensión económica ata a súa pegada cultural, as teorías que o analizan ofrecen un mapa imprescindible para entender como se perpetúa a dominación global. A tradición económica clásica sitúa o imperialismo como unha necesidade estrutural do capitalismo. Karl Marx sinalou no volume III de O Capital que a tendencia decrecente da taxa de beneficio empuxa ao capital a expandirse alén das fronteiras nacionais: a colonización convértese así nunha válvula de … Ler máis

Piratería e merdificación: ferramentas para a resistencia dixital
with Non hai comentarios

  A merdificación (“enshittification”) das plataformas de contido dixital deixou de ser unha sospeita para converterse nunha realidade tan evidente como insoportable. A reacción da cidadanía dixital é previsible: a piratería volve ser unha ferramenta racional de acceso á cultura e, sobre todo, de preservación do patrimonio dixital. O fenómeno ten cifras. As visitas globais a sitios de piratería pasaron de 130.000 millóns en 2020 a máis de 216.000 millóns en 2024 (MUSO), un incremento do 66 %. En 2025 … Ler máis

Paquistán e Afganistán: a guerra que estalou ás portas do conflito con Irán
with Non hai comentarios

O 27 de febreiro de 2026, o ministro de Defensa paquistaní, “Khawaja Asif”, anunciou o inicio dunha ofensiva militar contra Afganistán baixo a denominación de “guerra aberta”. A operación, bautizada como “Ghazab lil-Haq” (Furia Xusta), comezou apenas un día antes de que Estados Unidos e Israel lanzasen a súa ofensiva conxunta contra Irán. Desde entón, mentres a atención internacional se centra no conflito de Oriente Medio, unha guerra silenciada consolídase na fronteira entre dous veciños que foran aliados estratéxicos durante … Ler máis

Imperialismo: Breve repaso dende o século XIX ata o presente
with Non hai comentarios

A herdanza do imperialismo condiciona o presente. A comprensión da súa evolución é unha ferramenta necesaria para analizar as tensións xeopolíticas e económicas do século XXI. Un percorrido cronolóxico revela como as dinámicas de dominación se adaptaron aos tempos. A Conferencia de Berlín (1884-1885) foi un dos grandes acontecementos da historia contemporánea, marcando a división do globo en esferas de influencia e o reparto do continente africano. Baixo a xustificación do darwinismo social e o paternalismo civilizador, Reino Unido, Francia, … Ler máis

“La cifra negra” dá voz ás vítimas da violencia institucional no Estado español
with Non hai comentarios

O documental La cifra negra de la violencia institucional, dirixido por Ales Payá, gañou o premio do público no 16º Festival de Cine e Dereitos Humanos de Donostia. A obra, producida en 2018 cun orzamento de 5.000 euros, afonda na vulneración dos dereitos humanos por parte de funcionarios públicos encargados da custodia de detidos e penados no Estado Español. A través dunha trintena de casos, o filme examina as condicións nas que se producen torturas e malos tratos, as barreiras … Ler máis

Imperialismo. Definición de conceptos. Diferenzas entre imperio, imperialismo, colonialismo e neocolonialismo
with Non hai comentarios

Comprender en profundidade as dinámicas de poder que operan na actualidade implica coñecer como evolucionaron as formas de dominación dunhas culturas sobre outras. Neste artigo analízanse as orixes, as semellanzas e as diferenzas entre catro termos que permiten definir distintas formas de dominación, xa sexa territorial, política, económica e/ou cultural: imperio, imperialismo, colonialismo e neocolonialismo. Imperio refírese a un «conxunto de Estados ou territorios sometidos a outro», xeralmente mediante a forza militar. Nas antigas civilizacións, os imperios combinaban a expansión … Ler máis

Gañar o relato! Manual para combater o discurso de ultradereita. (VIII). Como combater discursivamente á ultradereita?
with Non hai comentarios

Este texto forma parte dos contidos que terá o primeiro libro de ECOAR))) e que sairá á venda a finais do presente ano 2026. Gañar o relato”! Manual para combater o discurso de ultradereita. A continuación insírense seis bloques de pautas para poder confrontar discursivamente á ultradereita. Os tres primeiros bloques de pautas (as relacionadas cos marcos e a linguas, as relacionadas coa estratexia argumentativa e emocional, así como as advertencias e erros a evitar) pertencen ao eido do desenvolvemento … Ler máis

Gañar o relato! Manual para combater o discurso de ultradereita. (VII). Pode provocarse un cambio do sentido común?
with Non hai comentarios

Este texto forma parte dos contidos que terá o primeiro libro de ECOAR))) e que sairá á venda a finais do presente ano 2026. Gañar o relato”! Manual para combater o discurso de ultradereita. Dende esta perspectiva pódese afirmar entón que o sentido común non é un indicador de intelixencia ou racionalidade, senón un indicador de pertenza. A xente non cre no que cre porque sexa certo, senón porque o seu grupo llo ensina a crer, e porque crer niso … Ler máis

Gañar o relato! Manual para combater o discurso de ultradereita. (VI). Pode provocarse un cambio do sentido común?
with Non hai comentarios

Este texto forma parte dos contidos que terá o primeiro libro de ECOAR))) e que sairá á venda a finais do presente ano 2026. Gañar o relato”! Manual para combater o discurso de ultradereita. O sentido común dunha sociedade non é unha realidade neutral nin allea ás relacións de poder, senón un espazo de disputa onde se define aquilo que se considera normal, aceptable ou inevitable. Os cambios políticos profundos adoitan ir precedidos por transformacións na percepción colectiva, nas que … Ler máis

Gañar o relato! Manual para combater o discurso de ultradereita. (V). Por que as persoas se tiran en masa polo precipicio?
with Non hai comentarios

Este texto forma parte dos contidos que terá o primeiro libro de ECOAR))) e que sairá á venda a finais do presente ano 2026. Gañar o relato”! Manual para combater o discurso de ultradereita. Quizais unha das preguntas que máis adoitamos facernos cando reflexionamos sobre os períodos sociais nos que medra a ultradereita é: “Como pode ser que a sociedade permita e incluso apoie un proceso no que a ultradereita gañe poder se vai ir na súa contra?”; ou o … Ler máis

1 2 3 4