
No día de onte, a primeira hora da mañá, dispuxémonos a preparar todos os materiais necesarios (mascarilla, traxe…) e tras ter as xuntanzas dos “fingers” e varias horas de espera para asegurar que todo estaba listo saímos con moitos ánimos camiño a bloquear a mina de Garzweiler e para evitar o normal funcionamento das centrais adxacentes como a de Neurath. Para isto tal e como aconteceu nos días anteriores dividímonos en distintos “fingers” temáticos, nós fomos no “blue finger”, que é o internacional, e do que formabamos parte máis de 600 activistas de diversas partes e de colectivos diferentes, que temos un mesmo obxectivo: frear o Cambio Climático.

Mentres outros “fingers” como o “pink-black” se dirixiron a cortar as vías de subministro de carbón ás centrais, cousa que conseguiron durante varias horas até que foron desaloxadxs, nós partimos co firme obxectivo de bloquear a mina de Garzweiler dende a parte leste de esta, avanzando mentres gritabamos consignas como: “We are unstoppable, another world is possible!” ou a xa mítica “We are nature defending itself!” e con moitas forzas superamos varias liñas da policía. Mesmo chegando a dividirnos en dous grupos uns 60 conseguiron chegar a unha vía do tren e cortala. A maior parte dxs que formabamos parte do “finger azul” seguimos xuntxs até que a policía antidisturbios conseguiu rodearnos cando xa estabamos preto da mina, o que frustrou a posibilidade de bloqueala no día de onte. Isto non conseguiu minguar os nosos ánimos pois seguimos coreando lemas e cantando cancións tan míticas como “Bella Ciao”. Ademais a policía centrou moitas forzas en nós ao ser un grupo grande o que fixo que outros “fingers” puidesen cortar as vías de subministro de carbón.

Tras fallar as negociacións coa policía para poder buscar unha saída que nos permitise seguir coa protesta, finalmente a última hora da tarde comezaron a levarnos aos autobuses para proceder ao noso traslado á comisaria de Mönchengladbach. Este traslado non estivo falto de episodios de violencia por parte da policía e mesmo se lle chegou a impedir que algunhxs activistas levasen a súa mohila. Xa a última hora da tarde xs ata 500 activistas que fomos trasladadxs até a comisaría, fomos liberadxs sen percances de gravidade e puidemos voltar aos campamentos grazas a voluntarixs da localidade e a organización do colectivo Ende Gelände que nos trasladaron en coches e autobuses. Xs últimos 100 activistas que se atopaban no campo onde nos retiveran nun primeiro momento finalmente conseguiron poder volver polo seu pé ao campamento tras negociar coa policía.
Con moito ánimo, a pesar de todo os atrancos que sufrimos onte, retirámonos a descansar e durmir coa firme idea de estar preparadxs e gritando ben alto “System change not climate change! Ende Gelände!”
Máis información:
https://www.ende-gelaende.org/es/(en castelán)
http://www.klimacamp-im-rheinland.de/en/(en inglés)
http://www.disobedience.live/en(en inglés)
https://www.climateactionmap.com(en inglés)
Interésache:
ENDE GELÄNDE: ATERRANDO EN RENANIA
ENDE GELÄNDE 2017: POÑER FIN AO CARBÓN ÁS BEIRAS DO RIN
KLIMACAMP E O ANUNCIADO FINAL DE IMMERATH
6 Responses
O BOSQUE DE HAMBACH, EXEMPLO DE RESISTENCIA CLIMÁTICA - EN ACCIÓN)))
[…] UN DEDO AZUL PARA FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO […]
CONSTRUÍNDO OS ALICERCES PARA LIBERARNOS DO CARBÓN - EN ACCIÓN)))
[…] UN DEDO AZUL PARA FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO […]
‘EUROPE BEYOND COAL’: CONTA ATRÁS PARA O FIN DO CARBÓN - EN ACCIÓN)))
[…] UN DEDO AZUL PARA FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO […]
ENDE GELÄNDE 2018: CUARTO ANO RESISTINDO POLA XUSTIZA CLIMÁTICA - EN ACCIÓN)))
[…] UN DEDO AZUL PARA FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO […]
O FUTURO DE GALIZA SERÁ SEN CARBÓN - EN ACCIÓN)))
[…] UN DEDO AZUL PARA FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO […]
ENDE GELÄNDE: DETEÑAMOS O CARBÓN, PROTEXAMOS O CLIMA! - EN ACCIÓN)))
[…] UN DEDO AZUL PARA FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO […]