O NEGOCIO DA MANIPULACIÓN NAS REDES
with 3 Comentarios

En 2018, un escándalo relacionado coa filtración de datos persoais de usuarixs de Facebook á empresa Cambridge Analytica1 puxo en evidencia o perigo que supoñen as empresas dedicadas á minería de datos e o abuso das redes sociais como ferramentas de manipulación política. Tres anos despois, un estudo do Oxford Internet Institutedo2 13 de Xaneiro volve demostrar que o boiante negocio da desinformación e a manipulación chegou para quedar. O informe revela que as empresas que se dedican profesionalmente a crear … Ler máis

VAGA DE FRÍO, MEDIDOR DE POBREZA
with 2 Comentarios

A borrasca Filomena trouxo de xeito inesperado as temperaturas máis baixas que coñeceu a Península Ibérica, con mínimas de menos 30°C nalgúns lugares1 e cidades enteiras sepultas pola neve2. Con iso, tamén evidenciou a situación de pobreza enerxética do 15% da poboación española, uns 6,8 millóns de persoas e 2,6 millóns de fogares, segundo datos da Fundación Funcas e a Cátedra de Enerxía e Pobreza3, mentres o prezo da electricidade se dispara. Nunha situación como esta, moitas familias deben elixir … Ler máis

ATAQUE AO CAPITOLIO: GOLPE OU “PERFORMANCE”?
with 1 comentario

O pasado 6 de Xaneiro, miles de seguidorxs de Donald Trump, tras unha manifestación en apoio ao presidente, marcharon a través da Avenida Pensilvania en Washington D.C. e entraron no edificio do Capitolio1, tentando evitar a formalización da vitoria electoral de Joe Biden. Durante algunhas horas ocuparon, vandalizaron e saquearon partes do edificio2. Estes feitos foron cualificados de traizón, insurrección ou terrorismo polos medios de comunicación estadounidenses. Con todo, un vídeo mostra como a actitude das forzas de seguridade non … Ler máis

VACINAR A COVID-19: UN LUXO DE PAÍSES RICOS?
with Non hai comentarios

India e Suráfrica propuxeron á Organización Mundial do Comercio (OMC) o 2 de Outubro a liberación de patentes de medicamentos e vacinas contra a covid-191. O obxectivo desta medida é o rápido acceso a produtos médicos alcanzables para combater a pandemia en todos os países do mundo, dado que esta require dunha solución global. A idea de universalizar a vacina conta co apoio de 99 dos 164 países da OMC2. Entre os países que bloquean esta medida atópanse algúns dos … Ler máis

ECUADOR, NOVAMENTE BAIXO O XUGO DO FMI
with 2 Comentarios

O 28 de agosto de 2020, o presidente ecuatoriano Lenin Moreno anunciou na súa conta de twitter “un acordo técnico co FMI para acceder a 6500 millóns de dólares para protección social e reactivación”. Tras aprobar unha lei anticorrupción requirida polo organismo, xa chegaron a un acordo para o desembolso dos primeiros 2000 millóns, que o presidente se apresurou a celebrar nas redes. Trátase dun novo préstamo do FMI que se suma ao asinado en marzo de 2019 por 200 … Ler máis

NON-VIOLENCIA ACTIVA: UN PULSO AO NEOLIBERALISMO
with 1 comentario

A resistencia non violenta, tamén chamada non-violencia activa, fíxose popular a principios do século  XX cando Ghandi, baseándose no ideario de Tolstoi e Thoreau1 fixo uso dunha serie de tácticas de desobediencia e non-colaboración que deu como resultado a independencia da India e Paquistán do Imperio Británico2. Esta forma de activismo seguiu sendo habitual durante todo o século XX e sería o xeito preferente de operar do movemento antiglobalización até hoxe. Para finais do século XX, aceléranse os procesos de globalización. … Ler máis

MÉXICO XULGA AOS SEUS EXPRESIDENTES
with 1 comentario

O presidente de México, Andrés Manuel López Obrador, anunciou, o 15 de setembro, a súa intención de realizar unha consulta popular sobre o posible axuizamento aos  expresidentes que gobernaron México dende 1988 a 20181. Para iso, enviou unha solicitude formal ao Senado da República. Obrador suxeriu que a consulta teña lugar o 6 de xuño de 2021 ou na data que estableza o artigo 35 da Constitución2. Paralelamente, tivo lugar unha campaña popular nacional de recollida de sinaturas coa mesma … Ler máis

ERDOĞAN E O DELIRIO NEO-OTOMANISTA
with 2 Comentarios

En moitos gobernos autoritarios do mundo, apelar a un pasado glorioso do imaxinario colectivo é unha ferramenta política habitual. Vémolo en Mongolia, co constante recordo da figura de Gengis Kan1, ou nos recordos nostálxicos do pasado imperial británico por parte dxs políticxs conservadorxs dese país2. En poucos lugares, con todo, adquire o aspecto dunha ideoloxía política tan belicista como con Recep Tayyip Erdoğan e o seu Neo-Otomanismo: o soño de resucitar o antigo Imperio Otomán que en tempos estendeuse dende … Ler máis

INDIA: ESTALA A REVOLTA CAMPESIÑA
with 2 Comentarios

Decenas de miles de campesiñxs bloquean as entradas á cidade de Nova Deli dende fai tres semanas en protesta pola nova reforma dos mercados agrícolas impulsada polo primeiro ministro, Narendra Modi1. Ao mesmo tempo, as mobilizacións esténdense por todo o país. Mentres o primeiro ministro defende que a reforma fará máis rico ao sector agrario, os sindicatos sosteñen que as reformas faranxs vulnerables á explotación por parte das grandes corporacións e erosionarán o seu poder de negociación. Os tres apartados … Ler máis

COMEZA A ESPECULACIÓN GLOBAL DA AUGA
with 1 comentario

O pasado martes 8 de decembro empezou a cotizar a auga na Bolsa de Nova York. Os contratos a futuros ligados ao prezo spot (prezo en man) da auga empezaron a ser froito de especulación no mercado de Wall Street1. Deste xeito, pasará a cotizar de forma similar ao ouro e ao petróleo. Polo momento, neste índice bolsista, NQH20, só cotiza a auga de cinco zonas de California2. Aínda que xa hai outros antecedentes de especulación dos dereitos sobre a … Ler máis

1 2 3 4 5 6 7 8 9