O PRIMEIRO PASO: PROBLEMÁTICAS E OPORTUNIDADES DO ACTIVISMO DIXITAL
with 7 Comentarios

O pasado día 17 en Compostela, botaron a andar as Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder. O primeiro paso deste camiño para a análise das problemáticas e alternativas na comunicación actual que percorreremos até o día 8 de Decembro, démolo acompañadxs de José Candón, que a través de súa dilatada experiencia no mundo da comunicación, o activismo e as novas tecnoloxías, nos retratou a súa visión do activismo dixital e as contradicións que representa internet. Ás 9 da tarde démonos cita … Ler máis

QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
with 18 Comentarios

O pasado xoves 2 de novembro tivo lugar na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación na cidade de Pontevedra, a palestra intitulada: “Vítimas, Pecadentas e Feminazis”, na que Lorena Arévalo nos achegou unha análise de como son representadas as mulleres a través dos medios de comunicación e as distintas problemáticas que xorden a partir desta. Neste acto Lorena Arévalo, Doutora en Ciencias da Comunicación e Máster en Cooperación Internacional presentounos a través da súa experiencia profesional, como na comunicación … Ler máis

NACEN AS XORNADAS “COMUNICACIÓN, PODER E CONTRAPODER”!!
with Non hai comentarios

Este sábado 28 de Outubro as xornadas “Comunicación, Poder e Contrapoder” deron o paso definitivo de cara á súa construción grazas ás máis de 70 persoas que, a través das súas as achegas á campaña de microfinanciamento, posibilitaron a consecución do orzamento preciso para facelas realidade. As xornadas “Comunicación, Poder e Contrapoder” analizarán os mecanismos de construción do discurso hexemónico e uniforme actual así como as relacións de poder que se tecen entre os medios de comunicación, o poder político … Ler máis

ECOAR))) LANZA O MICROFINANCIAMENTO DAS XORNADAS “COMUNICACIÓN, PODER E CONTRAPODER”
with Non hai comentarios

Este luns 4 de setembro ECOAR))) lanza a través da Asociación Pepa Loba unha campaña de microfinanciamento que ten como obxectivo financiar as xornadas “Comunicación, Poder e Contrapoder” que están proxectadas para ter lugar a segunda quincena de Novembro. As xornadas “Comunicación, Poder e Contrapoder” analizarán a construción dun discurso hexemónico e uniforme así como as relacións de poder que se tecen entre os medios de comunicación, o poder político e as transnacionais. Ao mesmo tempo, estas xornadas tamén irán … Ler máis

O BOSQUE DE HAMBACH CONTRA RWE
with 1 comentario

Tras descansar da xornada anterior e repoñer forzas, onte, despois de comer, decidimos que non nos podíamos ir sen coñecer a situación do Bosque de Hambach e a loita que un grupo de activistas que buscan frear a deforestación deste bosque milenario por parte da empresa RWE. Este bosque ten máis de 12.000 anos e é o fogar de máis de 140 especies, das cales até 5 son especies protexidas. Por estas razóns, e co obxectivo de frear a deforestación … Ler máis

UN DEDO AZUL PARA FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO
with 6 Comentarios

No día de onte, a primeira hora da mañá, dispuxémonos a preparar todos os materiais necesarios (mascarilla, traxe…) e tras ter as xuntanzas dos “fingers” e varias horas de espera para asegurar que todo estaba listo saímos con moitos ánimos camiño a bloquear a mina de Garzweiler e para evitar o normal funcionamento das centrais adxacentes como a de Neurath. Para isto tal e como aconteceu nos días anteriores dividímonos en distintos “fingers” temáticos, nós fomos no “blue finger”, que … Ler máis

PÓRLLE FREO Á CENTRAL DE NEURATH
with 3 Comentarios

No día de onte voltamos acudir ao plenario no que 300 activistas nos reunimos para actualizar a información sobre as accións e grupos que xa estaban en marcha ou a piques de saír, o cal nos serviu para ter o contexto e organizarnos de forma efectiva para pórlle freo a actividade en Garzweiler e a central de Neurath. Tralo remate da asemblea adicamos o tempo a preparar os materiais necesarios para a acción ante a posibilidade de ter contacto coa … Ler máis

ENDE GELÄNDE: PREPARÁNDONOS PARA FREAR A MINA
with 1 comentario

Nesta nova xornada de Ende Gelände erguémonos cedo para acudir a asemblea da mañá, na que participamos máis de 800 activistas de diversos colectivos onde nos informamos dos distintos aspectos chave das accións, o contexto, os riscos e como organizarnos para levalas a cabo. Para rematar a mañá presentáronse os distintos grupos de traballo que fan posible o bo funcionamento do Klimacamp, e ao final, os grupos de acción contáronnos brevemente sobre eles, entre os que se atopaban: Replace Coal, … Ler máis

KLIMACAMP E O ANUNCIADO FINAL DE IMMERATH
with Non hai comentarios

Onte demos os primeiros pasos por Renania de cara a prepararnos ben para afrontar a acción que terá lugar nos próximos días na rexión mineira do Rin. A primeira hora da mañá tocou inspeccionar o campamento, no Klimacamp están presentes activistas e organizacións de diversa índole e procedencia coas que fomos intercambiando impresións e contacto ao longo da mañá. Este ano participarán nas accións uns/has 2000 activistas en Ende Gelände e aínda se agarda que cheguen máis nos días seguintes. … Ler máis

ENDE GELÄNDE 2017: POÑER FIN AO CARBÓN ÁS BEIRAS DO RIN
with 6 Comentarios

Do 25 ao 29 de agosto estaremos en Renania para desenvolver distintas accións contra os combustibles fósiles que terán lugar na zona mineira do Rin, onde nos reuniremos diversos colectivos e persoas procedentes de diferentes partes de Europa. Os combustibles fósiles supuxeron en 2016 o 70% do consumo total de enerxía no mundo. O carbón segue sendo o maior responsable das emisións de CO2 no mundo (un 44% das emisións totais seguen procedendo deste combustible). E Alemaña, a pesar de … Ler máis

1 10 11 12 13 14 15