NON-VIOLENCIA ACTIVA: UN PULSO AO NEOLIBERALISMO
A resistencia non violenta, tamén chamada non-violencia activa, fíxose popular a principios do século XX cando Ghandi, baseándose no ideario de Tolstoi e Thoreau1 fixo uso dunha serie de tácticas de desobediencia e non-colaboración que deu como resultado a independencia da India e Paquistán do Imperio Británico2. Esta forma de activismo seguiu sendo habitual durante todo o século XX e sería o xeito preferente de operar do movemento antiglobalización até hoxe. Para finais do século XX, aceléranse os procesos de globalización. … Ler máis