11-N: Folga xeral. Fronte aos voitres, vivenda e dignidade!
with Non hai comentarios

Nunhas horas iniciamos a primeira folga en 14 anos! Non é unha folga calquera. É a primeira gran convocatoria unitaria en catorce anos que sitúa a vivenda no centro da disputa política e social. Nas últimas décadas a vivenda deixou de ser un dereito para converterse nun negocio. O aluguer por enriba dos 1500 euros ao mes ten practicamente copado o mercado, mentres o prezo da vivenda libre acadou no segundo trimestre de 2026 os 2.355 euros por metro cadrado, … Ler máis

“Non”: Publicidade contra o medo ou como Chile botou a Pinochet
with Non hai comentarios

O 5 de outubro de 1988, o ditador Augusto Pinochet someteu a súa continuidade no poder a un plebiscito deseñado para lexitimar o seu réxime. A cidadanía chilena, tras quince anos sen eleccións, respondeu cunha participación histórica e un resultado que abriu a porta á democracia. O réxime militar fixera da Constitución de 1980 o seu marco de institucionalización. A disposición transitoria vixésimo sétima establecía que, ao remate do período presidencial, a Xunta Militar proporía un candidato único para un … Ler máis

O Imperialismo. Factores económicos
with Non hai comentarios

Entre 1870 e 1914, as potencias industriais europeas multiplicaron as súas posesións coloniais nun contexto de crise económica e competencia crecente. Detrás da retórica civilizadora, tres factores materiais explican este proceso: a procura de materias primas baratas, a necesidade de mercados para unha produción que excedía o consumo interno e a presión por colocar capital en economías periféricas con maiores rendementos. A expansión imperialista moderna non foi un fenómeno espontáneo nin exclusivamente político. O economista británico J. A. Hobson publicou … Ler máis

A derrota total do trumpismo, o nacemento dun novo ciclo político
with Non hai comentarios

A falta das verificacións definitivas os resultados das eleccións de medio mandato nos Estados Unidos representan unha derrota esmagadora e sen paliativos para Donald Trump e a súa axenda reaccionaria. A conquista demócrata da Cámara de Representantes e do Senado non é un simple axuste institucional, senón a fotografía dunha resposta popular masiva contra un Goberno claramente marcado pola brutalidade, tanto interna como en política exterior, a corrupción e un talante antidemocrático con tintes filofascistas. Se ben o resultado non … Ler máis

Midterms en EEUU. Trump xógase o Congreso nunhas eleccións que marcarán o futuro global
with Non hai comentarios

A horas do inicio das eleccións de medio mandato do 3 de novembro, a sociedade estadounidense atravesa un momento de máxima tensión. O presidente Donald Trump, que regresou á Casa Branca despois de gañar as eleccións en 2024 coa promesa dunha nova etapa de prosperidade e bonanza para Estados Unidos, enfróntase agora a un escenario no que os seus índices de aprobación se afunden e o seu propio partido comeza a amosar fisuras. O que estaba chamado a ser un … Ler máis

«No hay tanto pan» de Silvia Pérez Cruz. Unha canción para a crise da vivenda
with Non hai comentarios

Hai dez anos, en 2016, publicábase a canción «No hay tanto pan» que Silvia Pérez Cruz compuxo para a película «Cerca de tu casa», unha obra sobre os desafiuzamentos tras a crise financeira de 2008. Hoxe, poucos días despois do desafiuzamento de Maricarmen, nun momento no que a crise da vivenda é cada vez máis insostible, a canción segue a describir unha realidade que se mantén. A mensaxe da canción condensa a indignación ante un sistema que extrae beneficio da … Ler máis

Gañar o relato! Manual para combater o discurso de ultradereita. (VIII). Como combater discursivamente á ultradereita?
with Non hai comentarios

Este texto forma parte dos contidos que terá o primeiro libro de ECOAR))) e que sairá á venda a finais do presente ano 2026. Gañar o relato”! Manual para combater o discurso de ultradereita. A continuación insírense seis bloques de pautas para poder confrontar discursivamente á ultradereita. Os tres primeiros bloques de pautas (as relacionadas cos marcos e a linguas, as relacionadas coa estratexia argumentativa e emocional, así como as advertencias e erros a evitar) pertencen ao eido do desenvolvemento … Ler máis

Gañar o relato! Manual para combater o discurso de ultradereita. (VII). Pode provocarse un cambio do sentido común?
with Non hai comentarios

Este texto forma parte dos contidos que terá o primeiro libro de ECOAR))) e que sairá á venda a finais do presente ano 2026. Gañar o relato”! Manual para combater o discurso de ultradereita. Dende esta perspectiva pódese afirmar entón que o sentido común non é un indicador de intelixencia ou racionalidade, senón un indicador de pertenza. A xente non cre no que cre porque sexa certo, senón porque o seu grupo llo ensina a crer, e porque crer niso … Ler máis

Gañar o relato! Manual para combater o discurso de ultradereita. (VI). Pode provocarse un cambio do sentido común?
with Non hai comentarios

Este texto forma parte dos contidos que terá o primeiro libro de ECOAR))) e que sairá á venda a finais do presente ano 2026. Gañar o relato”! Manual para combater o discurso de ultradereita. O sentido común dunha sociedade non é unha realidade neutral nin allea ás relacións de poder, senón un espazo de disputa onde se define aquilo que se considera normal, aceptable ou inevitable. Os cambios políticos profundos adoitan ir precedidos por transformacións na percepción colectiva, nas que … Ler máis

Gañar o relato! Manual para combater o discurso de ultradereita. (V). Por que as persoas se tiran en masa polo precipicio?
with Non hai comentarios

Este texto forma parte dos contidos que terá o primeiro libro de ECOAR))) e que sairá á venda a finais do presente ano 2026. Gañar o relato”! Manual para combater o discurso de ultradereita. Quizais unha das preguntas que máis adoitamos facernos cando reflexionamos sobre os períodos sociais nos que medra a ultradereita é: “Como pode ser que a sociedade permita e incluso apoie un proceso no que a ultradereita gañe poder se vai ir na súa contra?”; ou o … Ler máis

1 2 3 4