SUBIDA DOS PREZOS DOS ALIMENTOS: RECEITA PARA A FAME
with 1 comentario

O pasado 12 de Julio, a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) presentou un informe chamado “O estado da seguridade alimentaria e a nutrición no mundo 2021”1. Segundo este, ao longo do pasado ano —primeiro ano da pandemia— a fame disparouse superando o crecemento da poboación. O 9,9% das persoas sufriron desnutrición o ano pasado fronte ao 8,4% do 2019, incrementándose en 161 millóns a cifra de persoas que sufriron fame respecto ao ano anterior. … Ler máis

O XENOCIDIO CULTURAL INDÍXENA EN CANADÁ
with 1 comentario

O aterrador descubrimento en maio de 2021 de 215 nenxs enterradxs nos terreos da Kamloops Indian Residential School1, unha escola residencial cuxo fin era a aculturación de nenxs indíxenas, puxo de manifesto os abusos cometidos nestas institucións. Eran nenxs enterradxs en tumbas sen marcar e sen coñecemento das súas familias. O 25 de Xuño apareceron outras 751 tumbas infantís na Marieval Indian Residential School2 e outras moitas máis en institucións similares até chegar ás 41003 que se coñecen na actualidade, … Ler máis

A VAGA DE ODIO QUE NON DEIXA DE CRECER
with 1 comentario

España vive nos útlimos anos unha vaga de delitos de odio, cun aumento de máis do 45% deste tipo de delitos desde que se comezaron a contabilizar en 20131 até o último informe publicado polo Ministerior do Interior Español en 20192. Este non é un caso particular e exclusivo de España. En Europa, segundo a FRA (Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea), só 17 estados3 recollen este tipo de delitos. Ao non desagregalos, impide mellorar na protección das vítimas … Ler máis

ACORDO ENTRE ENDESA E A GENERALITAT DE CATALUÑA PARA CONDONAR DÉBEDA AOS/ÁS MÁIS VULNERABLES
with 1 comentario

O pasado 29 de marzo a Generalitat de Cataluña e a compañía eléctrica Endesa acadaron un acordo1 —cualificado de “histórico” polas organizacións sociais— que  condonará o 73% da débeda acumulada ás familias máis vulnerables entre 2015 e 20202, e o resto da débeda será asumida pola administración autonómica. Este acordo só foi posible grazas ao marco xurídico que existe en Cataluña: o convenio entre Endesa e a Generalitat enmárcase dentro da Lei 24/2015 de medidas urxentes para afrontar a emerxencia … Ler máis

UNHA PRIMEIRA LEI CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
with 1 comentario

O Congreso de España aprobou o 8 de abril por maioría o proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética1 pendente xa só do seu último tramite no Senado e cuxos obxectivos inclúen acabar coa venda de coches contaminantes en 2040, recortar emisións e alcanzar a neutralidade en emisións de gases de efecto invernadoiro do país en 2050. Trátase  da primeira lei da historia de España específicamente orientada para paliar os efectos do cambio climático. Chegará a tempo e … Ler máis

EXTREMADURA: BOOM ELÉCTRICO
with 1 comentario

Actualmente Estremadura é un dos territorios que vive a explosión das chamadas enerxías limpas. Entre as minas de  litio e os paneis fotovoltaicos, os seus habitantes ven pouco retorno desta colonización eléctrica. A produción de enerxía eléctrica respecto ao total estatal en 2019 supuxo o 8,07 %. Os 21.030  GWh xerados en Estremadura sitúana nun destacado sexto lugar, só superada por Cataluña, Andalucía, Galicia, Castela–A Mancha e Castela e León. O balance da enerxía xerada na rexión estremeña lanza un … Ler máis

AUMENTA A REPRESIÓN DA XUNTA BIRMANA
with 1 comentario

A día 8 de abril de 2021, 2857 persoas foron arrestadas ou sentenciadas e 614 persoas foron asasinadas pola xunta das forzas militares golpistas en  Birmania, segundo datos da Asociación de Asistencia a Presos Políticos1, no que supón un aumento da intensidade da represión e da violencia desde os primeiros días do golpe militar e a instauración da xunta castrense de  Min  Aung  Hlaing. Só no Día das Forzas Armadas, 114 civís perderon a vida nunha brutal represión que xa … Ler máis

NOVO RECORTE NAS PENSIÓNS EN ESPAÑA
with Non hai comentarios

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións xunto coa mesa de diálogo social, formada por Comisións Obreiras, UXT e as patronais CEOE e Cepyme, pactaron unha reforma das pensións1 que obrigará a traballar dous anos máis, dos 64,5 anos da idade de xubilación actual aos 66,5 e que entrará en vigor en 2024. Para iso, planean penalizar a xubilación anticipada: recortes de até o 21% na prexubilación ordinaria e bonificacións a quen decida alongar o seu período. A razón … Ler máis

AFGANISTÁN: OUTRA DERROTA PARA A OTAN E EE.UU.
with 1 comentario

Estados Unidos xunto aos seus aliados da OTAN escenificou en Bagram a súa retirada definitiva de Afganistán. O pasado 1 de maio, as forzas estadounidenses iniciaron o seu proceso de retirada de Afganistán, tras vinte anos combatendo na que é até o de agora a guerra máis longa da historia dos EE.UU.1 A decisión de abandonar Afganistán foi pactada no histórico acordo entre os talibáns e EE.UU., que se asinou o 29 de febreiro de 2019 en Doha, co obxectivo … Ler máis

SAREB ENTRA NA DÉBEDA PÚBLICA
with Non hai comentarios

Dende o pasado 23 de Marzo, a Unión Europea  obriga ao Estado español a contabilizar a débeda do  Sareb, o banco malo español, na débeda pública española1. Iso supón que se sumarán 35.000 millóns de euros á contabilidade da débeda pública de España, polo que pasa do 117% ao 120% do PIB.  Sareb foi creada co obxectivo de comprar todos os activos tóxicos e problemáticos que tiña a banca para “limpar” os seus balances. O entón ministro de Economía, Luís … Ler máis

1 2 3 4 5 6 15